"Indus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 58.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña no ano 1924 co subtítulo de “Revista de los intereses económicos de La Coruña, con suplementos de información”. A Secretaría de La Cámara de Comercio de La Coruña fíxose cargo da redacción e da administración, coa cooperación da Asociación Patronal e da Asociación de Navieros e Consignatarios. En 1943, esta publicación comezou unha nova etapa na que se deu a coñecer como Orientación Económica e Financiera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación da estrutura ecónomica dunha área concreta, onde o sector industrial representaba previamente unha gran porcentaxe na produción e na distribución da poboación ocupada. Este cambio pode enmarcarse dentro dun proceso de desenvolvemento ou, polo contrario, pode ser consecuencia dunha grave crise. No primeiro caso, débese ao traslado das instalacións industriais cara a outras localizacións con condicións máis favorables para o desenvolvemento das actividades (solo máis barato, mellores comunicacións cos mercados e cos provedores de materias primas ou marco fiscal e lexislativo máis propicio), pero os centros de decisión mantéñense na área de orixe, que experimenta unha terciarización da súa economía. No segundo caso, a desindustrialización pode ser resultado dunha perda de competitividade que finalmente derive na inviabilidade das actividades industriais instaladas nesa área, de xeito que se xeran un conxunto de problemas sociais e económicos que poden levar ao declive dos centros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter a desindustrialización.

    2. Producirse unha desindustrialización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa industrial fundada en Madrid en 1847 polos irmáns Muntadas i Campeny para a explotación de fábricas de fiado, tecido, estampaxe e apresto de algodón. Xurdida ao abeiro do arancel proteccionista, foi a primeira sociedade limitada algodoeira de España. En 1851 inaugurouse unha gran fábrica en Barcelona que se converteu no maior centro téxtil de España. En 1909 participou na Exposición Regional Gallega de Santiago de Compostela. A finais dos anos sesenta, despois dunha serie de exercicios negativos, a fábrica foi liquidada e os terreos vendéronse, e máis tarde convertéronse en parque municipal (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo confederal que reunía os sindicatos de industria pesqueira de Cariño, Espasante, O Barqueiro e Cedeira afectos á CNT. Foi constituído a comezos do ano 1936, conforme ao mandato do pleno da Federación Regional de Industria Pesquera de outubro de 1935, enfocado cara ao agrupamento dos sindicatos mariñeiros de cada bisbarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida entre 1914 e 1915 e baseada na efémera Federación de Marineros del Morrazo. Con forte presenza en Marín e Cangas, tentou integrar as sociedades de mariñeiros, maquinistas e patróns de cabotaxe de toda Galicia. Alentada por militantes socialistas, como o marinense Xosé Hervés e o canteiro residente en Cangas Lorenzo Corbacho, tentou intervir no control das artes depredadoras e na erradicación da dinamita nas faenas pesqueiras. Desapareceu en 1922, logo de ter desenvolvido unha intensa conflitividade mariñeira nas rías de Vigo e Pontevedra a finais da segunda década do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en febreiro de 1933 ao abeiro da estruturación industrialista adoptada no congreso da CNT de 1931. Contou con sindicatos de industria ou sociedades de oficio na Coruña, Lugo, Sada, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Tui, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Betanzos, Ourense e Moaña. Desfíxose coa represión provocada trala revolución de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída a comezos do verán de 1931 por militantes da CNT galaica. A Federación Regional Marítima (1925) e a Federación Regional Pesquera (1930), constituídas en Vigo baixo a influencia do sindicalista compostelán Xosé Villaverde, foron os antecedentes da súa conformación. Foi a primeira federación de industria que, dun xeito estruturado e organizado, funcionou no mundo sindical galego. Serviu de base á Federación Nacional de Industria Pesquera, creada no outono de 1931, que tivo a sede do seu primeiro comité na Coruña e da que foi o seu secretario o patrón de pesca coruñés Manuel Montes. Na Segunda República, as súas seccións estendéronse por Galicia, de maneira que, en 1936, máis de 40 portos e arredor de 16.000 homes e mulleres estaban representados nela, sobresaíndo os sindicatos da Coruña, Vigo-Bouzas, Marín, Moaña, Cangas, Cariño e Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1895. Subtitulouse “Revista semanal consagrada al estudo y defensa de la agricultura, la industria y el comercio en Galicia”. Dirixiuna Adolfo Lahorra. Tirou do prelo cando menos 12 números. Incluíu información de carácter técnico e económico sobre agricultura, gandería, comercio e industria en Galicia. Atendeu tamén a congresos do sector e inseriu notas bibliográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña dende abril de 1926. Cesou a súa edición en xuño de 1936 (nº 123). Subtitulouse “Revista mensual ilustrada”. Fundada por Ernesto Cádiz Vargas, ao longo dos anos sucedéronse como directores, Ramón del Cueto, Leopoldo Hernández e Joaquín Martín. Interesada na modernización e no progreso económico de Galicia, incluíu información específica relacionada coa agricultura, a industria, o comercio e a actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foro político e económico que reúne as sete principais potencias económicas do mundo (Alemaña, Canadá, EE UU, Francia, Reino Unido, Italia e Xapón). Reunidos anualmente desde 1975, incorporouse un representante da Comunidade Europea en 1979, e Rusia en 1997, dando lugar a unha nova denominación de G-8.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Indostán constituída pola chaira indoganxética dende o delta do Ganxes ata Punjab.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Hindustān ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Hindustān.

    3. Lingua franca de India setentrional antes da súa partición (1947). Ten dúas variantes principais, con alfabetos diferentes e influencias lingüísticas diversas: o hindi e o urdu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química británica fundada en Londres en 1926 ao fusionarse a United Alkali Company (monopolio inglés da sosa) coa British Dyestuffs Corporation e a Nobel Industries. Pasou a ser rapidamente unha das primeiras empresas químicas do mundo. En 1958 asociouse á Fiber Industries de EE UU e a partir de 1970 participou en prospeccións petrolíferas no mar do Norte. No estado español a súa filial ICI España SA encabeza un amplo grupo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación Indio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano membranoso que protexe os esporanxios de moitos fentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destreza á hora de facer algo.

      1. Conxunto de actividades relacionadas cos procesos técnicos que levan á transformación das materias de orixe natural ou semielaboradas en produtos acabados co fin de satisfacer as necesidades doutras actividades ou directamente as da poboación. Fundaméntase na utilización de enerxía e maquinaria nos procesos produtivos. O desenvolvemento da industria ou industrialización asóciase á denominada Primeira Revolución Industrial, a partir da que se empezou a producir máis cantidade de produtos manufacturados e a utilizar un maior número de efectivos laborais. Desde entón, converteuse nunha actividade esencial para o desenvolvemento dos territorios, de feito que a súa pegada apréciase tanto nas traxectorias económicas coma nas paisaxes que xera. Os factores de localización industrial son variados e dependendo do período de análise ou do sector industrial do que se trate poden sinalarse grandes diferencias. Nuns casos, como naqueles sectores en que se produce un incremento no valor engadido do produto...

      2. Conxunto de industrias.

      3. industria conserveira

        Sector da industria dedicada á fabricación de conservas e preparados de produtos agrarios e pesqueiros. A conservación dos alimentos como medio para previr tempos de escaseza foi unha das preocupacións da humanidade. A experiencia demostrou, ao longo da historia, que existían moi poucos sistemas fiables. Soamente o afumado, as técnicas de salgadura e salmoiras, o escabeche e o aceite podían xerar medios que mantivesen os alimentos en bo estado. Estes métodos utilízanse desde a Prehistoria. Nicolas Appert, a finais do s XVIII, foi o primeiro elaborador de latas de conserva. Utilizou o baño maría para conservar por esterilización os alimentos cociñados e gardados en botes de cristal que logo tapaba con cortiza encerada. Este feito considérase a orixe da industria conserveira. Bryan Donkin utilizou botes de folla de lata en lugar de cristal. O leite non se podía enlatar, dada a fraxilidade da súa conservación pero, en 1856, Gail Borden conseguiu evaporar o leite nunha caldeira de baleiro....

      4. industria da automoción

        Sector da industria que se dedica á fabricación de automóbiles, así como equipos e compoñentes para a automoción. A produción mundial de vehículos creceu en 2002 ao redor do 4,7%, aínda que o seu comportamento varía segundo os países. Destaca, por exemplo, o crecemento de China cun 39%, que despraza a España ao sétimo posto na clasificación mundial. Europa é o principal produtor de automóbiles do mundo, a súa produción en 2001 mantívose, mentres que en América descendeu a produción nun 9% e en Asia un 1%. En 2002 a produción de turismos en España mantívose nuns niveis estables, case 3 millóns de unidades fabricadas, cun crecemento do 0,19% con respecto ao exercicio anterior, onde sufrira unha caída do 6%. A economía española depende en maior grao ca a maioría dos países europeos da industria da automoción. Isto débese a que o tecido industrial é un piar económico fundamental; España é o terceiro produtor de automóbiles en Europa e o sétimo do mundo. Dos factores claves para este éxito destacan...

      5. industria da madeira

        Sector da industria dedicada á cadea de actividades da madeira,que abarca a actividade forestal, a industria de primeira transformación que orixina produtos semielaborados (serradoiros, empresas de taboleiros, chapa e preparación industrial da madeira), a industria de segunda transformación que proporciona produtos finais (empresas de envases e embalaxes, carpintería e mobiliario) e a actividade de comercialización. O sector da madeira e do moble, a escala nacional, conta cun gran peso dentro da industria do país polo seu número de empresas, unhas 37.000, e polo emprego que xera, uns 217.000 traballadores, dos que máis do 60% corresponden ao sector do moble e o resto a outras industrias transformadoras. O sector presenta unha gran multiplicidade en canto ao número de actividades e de empresas que o compoñen, das que destaca PEMES (o 94% das industrias teñen menos de vinte empregados e destas o 65% teñen dous ou menos de dous). Os produtos forestais teñen como principais exportadores a Canadá,...

      6. industria do granito e da lousa

        Sector da industria dedicado á extracción, manipulación e transformación dun material como a rocha natural. O granito, xunto coa lousa e o mármore, configuran o denominado grupo das rochas naturais e ornamentais que, como manufactura, son un material ligado ao sector da construción e á evolución cíclica deste sector que tradicionalmente é inestable, polo que esta dependencia repercute directamente na evolución do sector. Dentro do mesmo, faise necesario distinguir o segmento do granito do da lousa, que teñen problemas comúns pero tamén presentan singularidades. O mercado mundial do granito está moi concentrado. Este material en bruto ten como principais importadores a Xapón, Italia, EE UU, Alemaña e China (Hong Kong), acadando entre ambos aproximadamente un 70% das importacións totais. España acada unha cota de aproximadamente o 2,5% mundial como importador e do 7% como subministrador desta materia prima. Basicamente, os anteriores países absorben o 71% das importacións de granito elaborado,...

      7. industria dos conxelados

        Sector da industria dedicada á conservación mediante frío. A conxelación utilizouse comercialmente por primeira vez en 1842, pero a conservación de alimentos conxelados a grande escala non naceu ata finais do s XIX coa aparición dos refrixeradores mecánicos. Esta técnica aplícase aos alimentos máis variados, incluídos os produtos de panadería, as sopas e os pratos precocidos. Debido ao elevado custo da técnica, os alimentos conxela dos son máis caros ca as conservas, pero as súas calidades organolépticas son moi superiores. Os conxelados continúan incrementando a súa presenza entre as preferencias do consumidor, que atopan nestes produtos a resposta á demanda de alimentos rápidos de preparar; así, o maior crecemento prodúcese nos pratos preparados, segmento onde se concentran os investimentos tanto polas compañías especializadas en conxelados como polas procedentes doutros sectores. O mercado nacional de alimentos conxelados incrementou case un 4% as súas vendas no exercicio de 2002. Este...

      8. industria enerxética

        Sector da industria dedicada á extracción e transformación das distintas fontes enerxéticas e á súa comercialización como enerxía útil. O coñecemento polo home das técnicas para o uso das diferentes fontes enerxéticas foi o motor indispensable no desenvolvemento da humanidade e o que lle permitiu pasar de vivir nunha sociedade de subsistencia a unha de benestar. Non obstante , a enerxía é un ben cada día máis caro e escaso, na súa utilización nun desenvolvemento equilibrado coa natureza. Existe unha clara relación entre desenvolvemento e consumo enerxético. As reservas probadas de combustibles fósiles, xunto coas achegas en xeración de electricidade da enerxía hidráulica e nuclear de fisión e coa paulatina incorporación das enerxías renovables, garanten durante os primeiros decenios o abastecemento enerxético da humanidade. Non obstante , a evolución do crecemento da poboación e o necesario desenvolvemento dos países de menor consumo de enerxía, onde se concentran o 75% da poboación mundial,...

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en Vigo a partir de 1934. Subtitulouse “Órgano de la Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia” e incluíu información sobre a situación da industria conserveira española, lexislación industrial, datos económicos e financeiros referidos ao sector e noticias sobre o sector pesqueiro e conserveiro a escala mundial. A súa segunda época iniciouse en xaneiro de 1993. Editada por ANFACO e dirixida por Andrés Barros Dacosta, seguiu unha liña moi semellante á súa primeira época, cun incremento de datos técnicos e entrevistas a representantes do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO