"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Relación primitiva entre os impulsos sexuais e os impulsos de autoconservación que proporcionan a fonte orgánica e o obxecto aos primeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos retóricos clásicos, dentro do teatro grego e latino, ao recoñecemento dun feito ou persoa por parte das personaxes, o que lle dá á obra un xiro decisivo e conduce o argumento ao desenlace (por exemplo, o recoñecemento de Orestes por Electra). A anagnórise pasou a outros xéneros e foi chamada tamén agnición e recoñecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela xuvenil de María Victoria Moreno publicada no 1988. A través das súas páxinas e duns diálogos vivos e ocorrentes, a autora conta a experiencia de Nicolau Arís, un rapaz que un día decide marchar a Madrid en auto-stop, fuxindo dos seus problemas persoais, para encontrarse cuns amigos relacionados co mundo das drogas. A viaxe faina cunha muller, Xulia Andrade, que o recolle ao pé da estrada; na súa compaña coñécese a si mesmo mergullando no seu interior, aprende a gozar da vida e a valorar as cousas e as persoas e descobre o que é o amor, a amizade e a morte. Foi editado por Galaxia na colección Árbore (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Exame esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, unha teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador de imaxe que, a través dunha exploración sucesiva e ordenada dos puntos constituíntes da imaxe, transforma a intensidade luminosa de cada un deles nun sinal de amplitude proporcional, chamado sinal de vídeo.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, sexa este composto un concepto, unha proposición, un razoamento ou un feito, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, e dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudio que se propón. Ao longo da historia da filosofía este concepto tivo diferentes acepcións. Aristóteles empregou a expresión “arte analítica” para referirse ao proceso de redución aos principios últimos. Descartes entendeu a análise como o proceso de redución das proposicións complexas e escuras ás máis sinxelas. Kant interpretou a lóxica xeral como unha análise que descompón os elementos formais do entendemento e da razón e a lóxica transcendental como a descomposición ou análise do coñecemento a priori nos seus elementos puros, achegados pola mesma estrutura do entendemento.

    5. Estudio dun problema dende o punto de vista da información, descompoñéndoo en unidades máis pequenas, estudiando a estrutura, illando os tratamentos básicos da información e deseñando os algarismos que os realizan. Adóitase dividir en dúas fases consecutivas: funcional e orgánica. A fase da análise funcional é aquela na que se estudia a estrutura lóxica das informacións e dos procesos, sen importar o xeito de resolver o problema cun sistema informático concreto. A fase da análise orgánica consiste no deseño da estrutura de datos nas diferentes memorias dun ordenador e tamén dos algarismos xerais de tratamento, especialmente a niveis de cadea de tarefas.

    6. Operación de comprobación realizada polo sistema operativo Windows para comprobar que o disco duro e os periféricos conectados a un ordenador funcionan correctamente.

    7. Na tradición gramática escolar, a análise gramatical redúcese esencialmente a dúas operacións: a identificación dos membros dunha frase e da función sintáctica que exercen, e a asignación de cada palabra a unha clase determinada, de entre unhas cantas preestablecidas. Na lingüística moderna, especialmente no estruturalismo dos anos trinta e cincuenta do século XX, o termo designa practicamente calquera operación da lingüística descritiva.

    8. Análise de selección de almacéns cando se ten en existencia produtos de diferente natureza. Baséase na importancia relativa do capital inmobilizado en cada unha das clases de artigos que se atopan almacenados.

    9. Análise dun gas ou un líquido por medición das lonxitudes de onda de absorción electromagnética máxima, que son únicas para cada elemento.

    10. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais. Nesta análise os termos de magnitude significativa poden identificarse baixo determinadas condicións específicas; sen embargo, os termos de magnitudes insignificantes poden rexeitarse.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego aparecida en 1987 en Vigo, e subtitulada como “Revista galega de información económica”. Tiña periodicidade cuatrimestral e estaba dirixida por Alfonso Rivas Fraga. Foi editada por Unipro Editorial, e incluía fundamentalmente información económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do ovario ou do froito que ten unha terminación estreita en relación co ancho máximo. Aplícase principalmente a algunhas silículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía da visión binocular caracterizada por unha diferenza nas dimensións que, dun mesmo obxecto, perciben cada un dos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licor doce orixinario de Bordeos, obtido por maceración e destilación de esencia de anís, alcohol, auga, azucre e herbas aromáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe troiano. Dos seus amores con Afrodita naceu Eneas quen o salvou do incendio de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que inhibe a secreción.

    2. Axente que bloquea os receptores H 2 da histamina e que provoca unha inhibición da secreción gástrica. Os antisecretores gástricos (cimetidina, ranitidina, famotidina) utilízanse no tratamento das úlceras duodenais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antisemitismo.

    2. Persoa partidaria do antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao antisemitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animadversión aos xudeus como grupo étnico. A historia do antisemitismo é complexa e está chea de paradoxos. As primeiras manifestacións antisemitas partían do principio relixioso do antixudaísmo, que atribuía aos xudeus a culpabilidade criminal da morte de Cristo; esta actitude correspondíase cun momento do discurso racista en que o xudeu era considerado como deicida e infiel. A segunda manifestación antisemita resulta de engadir consideracións económicas ao antisemitismo relixioso, momento no que xurdiu a imaxe do xudeu usureiro e rico, do capital negro internacional xudeu, etc, que alimentou o antisemitismo moderno. O termo apareceu por primeira vez en 1880 en publicacións alemanas para designar un movemento diferente de anteriores persecucións contra os xudeus e tiña como base o factor racial e non o relixioso. A finais do s XVIII, A. von Schlözer e J. G. Eichhorn foron os primeiros en falar de nacións semíticas. Fronte a estas, F. Bopp falou a principios do s XIX de linguas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se opón ao señorial. Fai alusión aos movementos sociais contrarios aos privilexios señoriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social contrario aos privilexios e abusos dos señores. O réxime señorial, instalado en Europa a partir do Baixo Imperio Romano e especialmente durante a Idade Media, é un dos eixes fundamentais dos conflitos sociais que sacudiron o período baixomedieval. Varios factores combináronse para provocar a crise dos señoríos feudais: o fortalecemento das monarquías centralizadoras, co conseguinte debilitamento das responsabilidades políticas dos señores, o auxe das cidades, as novas actividades mercantís, unido todo iso a un momento de crise xeneralizada a nivel político (Guerra dos Cen Anos), espiritual (Cisma de Occidente) e socioeconómica (peste, fames, desequilibrio entre poboación e recursos). Isto trouxo como consecuencia un aumento da presión señorial que provocou a resposta xeneralizada dos sectores máis oprimidos da poboación, tanto rurais como urbanos. As revoltas antiseñoriais sucedéronse por toda Europa. En Flandres, as revoltas provocaron, entre 1301 e 1302, un sanguento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica terapéutica que ten por obxecto combater e previr as infeccións, especialmente aquelas producidas como consecuencia de feridas, por destrución ou inhibición dos microorganismos que as producen. Pódese practicar a antisepsia mediante diversos tipos de axentes: desinfectantes, antisépticos, radiacións de onda curta, calor, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antisepsia.

    2. Que actúa contra as infeccións ou que as evita.

    3. Substancia química que inhibe a proliferación de microorganismos e impide a súa acción patóxena. As substancias con acción antiséptica son moi numerosas e a súa acción sobre os microorganismos débese aos seguintes factores: acción destrutora da membrana dos microorganismos, así como do equilibrio coloidal na que se atopan as proteínas citoplásmicas, e tamén das proteínas enzimáticas, etc.

    4. conservante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno teratolóxico que consiste no alongamento extraordinario do eixe dunha flor e na regresión dos órganos que a compoñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en comprimir, a través dunha incisión practicada no lugar apropiado da parede torácica, un pulmón tuberculoso para colapsar o seu ápice. É unha práctica actualmente obsoleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Protuberancia dun órgano, xeralmente dun óso; neste caso, a súa función é xeralmente a de facilitar a articulación con outro óso ou a de ofrecer puntos de inserción aos músculos veciños.

      1. Protuberancia piramidal do escudiño das escamas seminíferas das piñas, situada en posición máis ou menos central.

      2. Engrosamento do esporanxióforo de certos fungos.

    2. Ramificación dun batolito ou dun lacolito.

    VER O DETALLE DO TERMO