"Istra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 72.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo da Administración galega, con sede en Santiago de Compostela. Creouse por Decreto da Xunta 163/1982, do 1 de decembro, como órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, por Lei 4/1987, do 27 de maio (modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo), constituíuse en organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á consellería de Presidencia e Administración Pública, con personalidade xurídica propia e con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins, que, segundo o disposto na súa lei de creación, son: colaborar na realización das probas selectivas para o acceso á función pública e a promoción interna na Administración autonómica ou naqueloutras que llo encomenden por convenio, coa excepción das do persoal docente e sanitario; organizar e impartir cursos, seminarios ou calquera outra actividade de formación, selectivos ou de perfeccionamento, do persoal mencionado; realizar as probas e impartir os cursos selectivos descentralizados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña fotográfica federal organizada polo departamento de Agricultura do goberno dos EE UU e dirixida por Roy Stryker. O seu obxectivo era obter imaxes das consecuencias da Gran Depresión económica que vivía o país, particularmente os granxeiros do sueste, para realizar informes e axudar economicamente aos que máis o precisaban. Na campaña traballaron os fotógrafos B. Shahn, W. Evans e D. Lange, entre outros. Os seus arquivos recolleunos a Library of Congress en Whasington.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo federal da administración estadounidense encargado de fixar os parámetros técnicos dos alimentos e dos fármacos, de autorizar os compoñentes químicos, como aditivos ou principios activos farmacolóxicos, e de velar polo cumprimento da lexislación vixente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Istria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Santiago de Compostela polo Instituto da Lingua Galega a partir de 1984 e dirixida por Xosé González. Tratouse dunha publicación escrita integramente en galego e con carácter bimestral que estivo dirixida a promover a normalización lingüística en Galicia, especialmente no ámbito das administracións. No seu consello de redacción colaboraron Xesús Costas Abreu, Xermán García Cancela e Inés Ruibal Cendón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encíclica promulgada polo Papa Xoán XXIII o 15 de maio de 1961, en que se resumiu e actualizou a doutrina social da Igrexa, e que propugnaba unha colaboración máis estreita entre os países desenvolvidos e subdesenvolvidos.
-
-
Persoa que tiña un cargo público, na Antigüidade clásica. Nas cidades gregas estes cargos eran propios dos cidadáns libres e a súa distribución efectuábase por elección ou sorteo. En Roma, nun principio, as maxistraturas limitábanse aos patricios, pero posteriormente pasaron a ocupalas tamén cidadáns plebeos, e distinguíase entre maxistrados maiores (cónsules, ditadores, pretores e magistri euqitum), que tiñan dereito ás fasces; e maxistrados menores (edis curuis, cuestores e tribunos militares).
-
-
Persoa que desempeña un cargo público importante.
-
Funcionario que se encarga de administrar xustiza e aplicar a lei.
-
Funcionario da administración de xustiza do Estado español, que forma parte do poder xudicial, exercendo as súas funcións nun órgano xurisdicional colexiado, e que pode desempeñar o seu cargo na Audiencia Nacional, nos Tribunais Superiores de Xustiza, nas Audiencias Provinciais, ou nos xulgados de primeira instancia ou instrución, do contencioso administrativo, do social, de menores ou de vixilancia penitenciaria.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mestres ou ao maxisterio.
-
Que está feito con mestría ou que a demostra.
-
Aplícase ao ton ou á linguaxe que presenta aire de suficiencia.
-
Aplícase á liña que no plano dunha fortificación antiga facía a función principal no trazado.
-
Aplícase ao preparado prescrito por un médico e que se elabora para un caso particular.
-
Cóengo de oficio das catedrais e colexiatas encargado da predicación. O cargo estendeuse a partir do s XV e o Concordato de 1851 fíxoo obrigatorio en España.
-
-
-
Oficio ou dignidade de maxistrado.
-
Período de tempo que dura o cargo de maxistrado.
-
Conxunto dos maxistrados da administración de xustiza.
-
Xulgado do Estado español que se ocupa en única ou primeira instancia das causas relativas a materias de traballo e seguridade social. Co tempo pasou a denominarse xulgado do social.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ministrable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten posibilidades de ser ministro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Peloponeso (Grecia), situada ao NO de Esparta, nun outeiro rochoso de Taiget. Miguel VIII Paléologo conquistoulla aos croatas latinos en 1262 e converteuna en residencia do gobernador do Peloponeso. Atraeu os habitantes de Esparta, que se instalaron e residiron nela e foi sede do despotado de Mistra. En 1460 ocupárona os turcos e caeu en decadencia. Foi un extraordinario centro cultural, que floreceu nos derradeiros momentos do Imperio Bizantino. As ruínas da cidade permanecen emprazadas en tres zonas a distintos niveis, coa fortaleza no cumio, os pazos, as casas nobiliarias e algunhas igrexas no centro, e as casas do pobo e diversos mosteiros na parte máis baixa. Destacan os edificios relixiosos, como a catedral de San Demetrio, onde posiblemente foi coroado o derradeiro rei e emperador dos romanos Constantino XI Paleólogo, a Evangelistria, o Brontoquion, o Peribleptos e a Pantanassa, en que sobresaen tanto a arquitectura como a decoración mural, con figuras que abandonan...
-
TERRITORIOS
Territorio do Imperio Bizantino establecido en 1348 como centro da política dos gregos. Doado polo Emperador Xoán VI Cantacuceno de Bizancio a seu fillo Manuel Cantacuceno, foi conquistado por Mehmet II en 1460.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ento frío e seco entre poñente e tramontana que circula das altas presións continentais do Macizo Central de Francia ás baixas presións do Mediterráneo.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. En 1851 comezou a escribir poemas, publicados no recompilatorio Lei Provençalas, e en 1854, xunto a outros poetas, estableceu as bases do felibrismo en Fontsegunho. A guerra de 1879 marcou un cambio político, desde o que Mistral tranquilizou o nacionalismo francés, converténdose no poeta da tradición católica e menosprezando o progreso social. De 1852 a 1859 traballou no poema épico rural Mirèio (1859), a súa obra máis destacada. Tamén publicou La Coumtesso (1866), Calendau (1867), Lis Isclo d’or (1875), que recolle unha produción lírica abundante, Nerto (1884), a traxedia La Rèino Jano (1890) e o Pouèmo dóu Rose (1897). Traballou na recompilación de material para Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), instrumento para o coñecemento do occitano. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1905), compartido con José Echegaray. Na literatura galega, as influencias de Mistral e da literatura occitana...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lucila Godoy Alcayaga.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. De nome Modesto Llosas i Rosell, foi o arquetipo de galán. Traballou con actrices de renome como María Félix, Sara Montiel, Sofía Loren ou Jacqueline Andere, sempre amosando o seu perfil de sedutor. Da súa filmografía destacan El emigrado (1946), Deseada (1951), Carmen la de Ronda (1959) e Diamantes, oro y amor (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo de EE UU que se encarga de coordinar, dirixir e impulsar os programas civís de investigación aeroespacial e responsable da administración dos fondos que lle son destinados. A NASA foi legalmente creada en 1958, co impulso da American Rocket Society e da National Academy of Sciences, e ten a súa sede en Washington. As investigacións céntranse no voo espacial tripulado (lanzadeira espacial, estacións espaciais), na ciencia espacial (física e astronomía, exploración planetaria e lunar, foguetes lanzadores), nas aplicacións espaciais (meteoroloxía, física do Sol e dos océanos, telecomunicacións), na tecnoloxía aeronaútica, espacial e nuclear, e outras. Como traballos notables destacan o programa Apolo e os programas EOS e da Estación Espacial Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Pontevedra a partir de 1 de agosto de 1891. Cesou en 1892 (nº 10). Apareceu co subtítulo “Revista de los Ayuntamientos, Juntas locales de todos los ramos y Maestros de instrución primaria”. Editada nos obradoiros tipográficos de Luís Carragal Puga, en Pontevedra, o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Publicada os días 10 e 15 de cada mes, incluíu información sobre as disposicións lexislativas de interese para os mestres así como artigos relacionados cos concellos ou coa escola pública. En 1892 pasou a denominarse El Noticiero.
-
PERSOEIRO
Violinista ucraíno, pai de Igor Davidovič Oistrakh. Considerado un dos violinistas máis virtuosos de todos os tempos, desenvolveu unha técnica en que predominaba a temperanza formal e a riqueza tonal. Debutou como solista en 1925 e traballou con orquestras en Rusia, Europa e EE UU. Destacan a súa interpretación do Triplo Concerto de Beethoven xunto a S. Richter e M. Rostropovič, e as coleccións Decca (1963) e Praga (1966).
VER O DETALLE DO TERMO