"Nosa Señora" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno santuario situado na Capela, no concello homónimo. Construída durante o s XIII en estilo románico, sufriu varias reformas no s XIX, especialmente na fachada. Presenta planta rectangular de nave única e cuberta a dúas augas, con ábsida e sancristía. Os muros son de cachotaría, reforzados con pezas de cantaría nas esquinas. Destaca a torre campanario anexada ao pórtico, de planta rectangular, aberta ao exterior por catro arcos de medio punto e cuberta cunha cúpula de media laranxa. O día 5 de agosto celébrase unha romaría arredor do santuario.
-
PRAIAS
Praia situada na illa do Faro, nas Illas Cíes, que se estende ao longo de 140 m pola parte L da illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Monforte de Lemos, fundada en 1591 polo cardeal Rodrigo Fernández de Castro. O proxecto inicial foi obra do xesuíta Andrés Ruiz xunto con Veremundo Resta, pero desde 1593 dirixiu a súa construción Juan de Tolosa que modificou os planos iniciais. Este formouse con Juan de Herrera no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, o que explica a similitude entre ambas as dúas obras. Desde 1602 ata 1622, data de remate do complexo arquitectónico, dirixiu as obras Simón de Monasterio, autor das torres e do claustro. Trátase dunha construción monumental que se artella arredor da igrexa que ocupa o eixe central, e aos seus lados sitúanse as dúas ás edificadas, cada unha co seu patio. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, á que se abren catro capelas intercomunicadas por cada lado, que simulan naves laterais. As pilastras teñen o fuste estriado e sosteñen unha cornixa voada da que sae a bóveda de canón con casetóns que cobre a nave. No cruceiro a cúpula...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vigo (Cambre). Ten unha planta formada pola unión de dous corpos rectangulares, anexionados polo lado maior e desprazados. No lado máis pequeno sitúase unha torre de baixo e dous pisos, mentres que o resto do edificio só ten unha planta. Os muros están recebados, a excepción dos ocos, que están encintados en cantaría. Na fachada destaca un escudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Advocación mariana, coñecida tamén como a Virxe da Esperanza ou da Expectación do Parto. Ten a súa orixe no O exclamativo inicial das antífonas cantadas no día da festa da Virxe da Expectación. A súa festividade celébrase o 18 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Ourense que construíu en 1522 Francisco Méndez. En 1584 engadíuselle unha portada de medio punto e presenta algúns vans góticos. Aos lados da porta ten dúas fiestras na parte inferior e outras dúas na superior, e enriba está situada nunha furna a virxe dos Remedios. Ten espadana, rematada cunha cruz, dun só arco con campá. O 8 de setembro celébrase unha romaría na honra da virxe. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Pastoriza (Arteixo). O templo ten restos da edificación orixinal datada no s XIII pero predomina o estilo barroco do s XVII. Ten planta cunha soa nave con dúas capelas laterais. As obras da nave iniciáronas os mestres Domingos Pérez de Noicela e Francisco de Lista cara a 1686 e a escultura da fachada executouna Brais do Pereiro. A partir de 1690 dirixiu as obras o mestre Domingos de Maceiras, que se encargou da parte da cabeceira. A fachada estrutúrase en tres corpos independentes que rematan en campanario. No interior do templo destaca o retablo barroco e a imaxe da Virxe do s XIII. A lenda conta que para evitar que a imaxe fose roubada durante as incursións dos piratas do s XVI, foi escondida baixo unha pedra preto do santuario. Con todo, en 1599 F. Drake raptouna e decapitouna e desde entón a cabeza gárdase nun relicario no templo. No outono celébrase unha romaría coa peregrinación á pedra onde se refuxiou a imaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Ribadavia. Está situada no lugar onde houbo unha ermida dedicada a Santa María de Valaparíso, pero desde o s XVII coñécese co nome da Virxe do Portal. A súa construción pasou por diferentes épocas e estilos arquitectónicos que van desde o s XVII ao s XIX. Presenta unha soa nave cuberta con bóveda de canón de casetóns e cúpula sobre bóvedas con faixóns. No interior destaca o retablo barroco de 1737 que acubilla no corpo central a imaxe da Virxe. A fachada é neoclásica, cunha espadana de dous corpos que fai a función de campanario e remata nunha pequena estatua. Nas súas proximidades celébrase a romaría da Nosa Señora do Portal o 8 de setembro.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Bresmaus (Sarreaus). É unha construción rural que conta cun amplo alpendre sostido por columnas con capiteis, algúns dos que poden ser de época prerrománica, como varios sartegos antropomorfos que se atopan no contorno. Ten unha gran devoción na comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Advocación mariana orixinaria do s XIV ou polo menos popularizada nesta época con motivo das calamidades públicas, sobre todo as pestes, que asolaron Europa. Parece que a súa orixe foi francesa. A súa festividade celébrase o segundo domingo de outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capela situada en Santo Ourente de Entíns (Outes). Datada en 1668, segundo consta nunha inscrición da porta da sancristía, pertenceu ao antigo convento de Santa María a Real ou de Santa Tasia, do que só se conservan unhas ruínas. Ten nave de planta rectangular con muros de cachotaría. Sitúase dentro dun recinto amurallado e nas súas proximidades consérvanse os restos dunha torre do s XVI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado en Rianxo. Fundado en 1671 por Alonso Fernández Gastón sobre o antigo santuario de Nosa Señora da Cruz (1561), ten unha soa nave con tribuna superior de madeira e capela maior cuberta con bóveda de nervios e arco triunfal de medio punto. A fachada é barroca e nela destacan os adornos do lintel e o friso da porta, rematada con frontón triangular que acolle unha fornela coa imaxe da Virxe de Guadalupe. No muro consérvanse dous escudos coas armas dos Bastón e Ponte. A súa orixe atópase nunha imaxe da Virxe traída de Extremadura, obra do escultor rianxeiro frei Xosé de Santiago (1773), que se levou á ermida de San Xosé da Floresta. Tras a Guerra da Independencia, a ermida quedou en ruínas pero a imaxe da Virxe conservouse e trasladouse á capela na que se venera. No lugar celébrase a romaría da Virxe de Guadalupe en setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Rairiz de Veiga. A capela realizouse en 1721 e reformouse con posterioridade. No interior destaca o retablo maior, obra de Xerónimo Domínguez (s XVIII), coa imaxe de san Sebastián. O 24 de setembro ten lugar unha romaría en honor da Virxe e na que se celebra o encontro entre mouros e cristiáns.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Tiobre (Betanzos). Construída en estilo renacentista (1568-1601), ten unha soa nave con cruceiro e ábsida. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de terceletes. No cruceiro están as capelas de San Caetano e Santo Antón, cubertas cunha bóveda de cruzaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida situada no monte da Guía en Vigo. A construción do s XVI tiña planta rectangular con cuberta de madeira a dúas augas. Antonio Palacios proxectou a súa remodelación e ideou un templo da Paz de planta circular con deambulatorio con nove capelas e cuberto cunha cúpula, pero non se levou a cabo. En 1951 Manuel Gómez Román comezou a construción da nova ermida con planta basilical e cunha ábsida poligonal. No exterior destacan os lenzos de parede caleados e a torre lateral de planta cadrada. Desde a base do monte ata o cumio hai unha viacrucis de pedra. O 5 de agosto, festividade de Nosa Señora das Neves, celébrase unha romaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría celebrada en Vilamaior do Val (Verín), en honor á Virxe dos Remedios. Celébrase o segundo domingo de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra en Espiñeiros (Allariz). Segundo a lenda a Virxe pediulle a un pastor que edificase unha capela, ao redor da que xurdiu a aldea de Vilar de Flores. Celébrase no mes de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra no monte homónimo en Lobeira. De orixe románica tardía, a capela é de planta e ábsida rectangular con arco triunfal de medio punto. No lado norte engadíuselle unha capela do s XVIII. Na fachada principal destaca a fornela coa imaxe da Virxe coroada por dous anxos O domingo de Pentecoste celébrase o Viso grande e o 8 de setembro o Viso pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado en Prado (Covelo). Emprazouse nunha antiga ermida de pedra erixida na honra de Nosa Señora da Xestosa ou do Faro, limitando xa con Ourense. Á beira da capela hai un manancial coñecido como a fonte da Santa, e un sarcófago antropoide labrado en rocha viva que, segundo a lenda, pertenceu a unha ermitá chamada santa Fara, noutro tempo abadesa do mosteiro feminino de Melón.