"Oria" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 423.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se opón ao señorial. Fai alusión aos movementos sociais contrarios aos privilexios señoriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento social contrario aos privilexios e abusos dos señores. O réxime señorial, instalado en Europa a partir do Baixo Imperio Romano e especialmente durante a Idade Media, é un dos eixes fundamentais dos conflitos sociais que sacudiron o período baixomedieval. Varios factores combináronse para provocar a crise dos señoríos feudais: o fortalecemento das monarquías centralizadoras, co conseguinte debilitamento das responsabilidades políticas dos señores, o auxe das cidades, as novas actividades mercantís, unido todo iso a un momento de crise xeneralizada a nivel político (Guerra dos Cen Anos), espiritual (Cisma de Occidente) e socioeconómica (peste, fames, desequilibrio entre poboación e recursos). Isto trouxo como consecuencia un aumento da presión señorial que provocou a resposta xeneralizada dos sectores máis oprimidos da poboación, tanto rurais como urbanos. As revoltas antiseñoriais sucedéronse por toda Europa. En Flandres, as revoltas provocaron, entre 1301 e 1302, un sanguento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bolboretas da familia dos piéridos. En Europa ten como representante a especie A. crataegi que se caracteriza por ter ás brancas con nerviación escura e que na fase larval se alimenta especialmente das follas do estripeiro; en Galicia está presente especialmente no sueste e na área de montaña oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra grega, que significa ‘ausencia de camiño’, empregada polos filósofos gregos da Antigüidade para designar aqueles problemas que presentan unha dificultade lóxica insuperable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación do gametófito directamente do tecido vexetativo do esporófito, sen formación previa de esporas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial de Pamplona (Navarra) fundada en 1929 polo xurista Manuel de Aranzadi e Irujo (Lizarra 1882 - Pamplona 1942). Publica desde 1930 os repertorios de xurisprudencia e lexislación española: Repertorio cronológico de Legislación, Repertorio de Jurisprudencia, Índice progresivo de legislación e Índice progresivo de jurisprudencia, actualizados periodicamente. Nesa mesma liña, Estanislao de Aranzadi, fillo do fundador, publicou a primeira edición do Dicionario de legislación (1951).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa vencellada ao sector da comunicación en Galicia. Foi creada en maio de 1998. Entre os seus traballos máis significativos sitúase a dobraxe á lingua galega de filmes como Fisterra (1998), Cando volvas ao meu lado (1999) e Os anos borrados (1999). Para televisión traballa na posprodución, mesturas e dobraxe de películas como O paciente inglés, Patton e Catro vodas e un funeral. Tamén traballa no mundo da publicidade, dedicándose á dobraxe e preparación de anuncios en galego relacionados con empresas bancarias, alimentarias e xornalísticas, entre outras. Achega para a súa realización equipos de edición de audio dixitalizados en formatos surround (Dolby SR, Dolby digital, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
María Victoria Fernández-España e Fernández-Latorre.
-
-
Relativo ou pertencente ás armas dos escudos ou brasóns.
-
Recompilación ou índice de escudos de armas ou brasóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na filosofía de Leibniz, sistema dedutivo co que quería derivar, inventar e expresar conceptos complexos mediante símbolos alxebraicos e regras de combinación.
-
-
Oficio de asesor.
-
Estipendio que percibe o asesor.
-
Oficina dedicada ao asesoramento nun campo especializado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada no ano 1990 por estudiantes de segundo e terceiro ciclo da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de organizar foros de debate histórico e historiográfico, investigacións e publicacións que amplíen o coñecemento da Historia de Galicia. Se ben nun primeiro momento se destinou a estudiantes e profesionais da Historia, pronto se abriu á participación de todo aquel interesado nas actividades que a asociación desenvolve. Organiza a Semana Galega de Historia así como congresos de Xoves Historiadores e outras actividades.
-
-
Cargo de auditor.
-
Despacho do auditor.
-
Exame da situación económica dunha sociedade feita por auditores, co fin de dar a coñecer o estado patrimonial ou financeiro, e polo que se pode detectar se unha empresa está en situación de suspensión de pagos ou quebra, ou se hai algunha irregularidade, fraude ou delito económico nos libros de comercio.
-
Disciplina que ten como obxectivo analizar as condicións dunha instalación informática para realizar un ditame sobre diversos aspectos desta.
-
-
-
Calidade de autor ou creador dunha cousa.
-
Presencia como autor nun delito.
-
-
-
Pertencente ou relativo ás Ilhas dos Açores.
-
Natural ou habitante das Ilhas dos Açores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preceptoría de Gramática outorgada polo Rei Filipe II o 14 de setembro de 1591. Nun principio o concello de Baiona defendeu que a preceptoría debía unirse ao convento franciscano da vila, cun soldo de 20.000 marabedís, pero finalmente decidiu confiar o ensino a profesores da súa designación. No ano 1595 a cátedra apareceu vinculada ao convento franciscano. A duración da preceptoría na vila foi curta, pero o ensino quedou garantido, xa que o convento de San Francisco contaba cunha escola e unha cátedra de artes. No s XVIII constatábase no convento a existencia dunha escola de Gramática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría propugnada polo doutor norteamericano Simon Baruch (1840-1921); segundo esta, a auga ten un efecto sedante cando a súa temperatura coincide coa da pel, e un efecto estimulante cando é máis alta ou máis baixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría cuántica xeral da supercondutividade establecida por J. Bardeen, L. N. Cooper e J. R. Schrieffer no ano 1957, polo que lles foi concedido o Premio Nobel no ano 1972. Segundo esta teoría, todo o efecto da supercondutividade resulta dunha pequena forza de atracción entre unha parella de electróns con enerxías case iguais (parellas de Cooper). Os electróns libres repélense mutuamente, pero a repulsión está reducida considerablamente por mor do apantallamento dos outros electróns.
-
PERSOEIRO
Escritora sueca que asinaba baixo o pseudónimo Ernst Ahlgren. Autora de novelas realistas como O diñeiro (1885) e A señora Mariana (1887), escribiu tamén un Diario e algunhas novelas curtas onde destacaba a narración de costumes, tituladas Fran Skåne (Páxinas de Escania, 1884) e Folkliv (Vida popular, 1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción boa.
-
Relación pola que un individuo e a súa familia, con todos os bens, se acollen á protección dun poderoso (gran propietario, personaxe influínte, etc), a cambio da prestación dun servizo ou do pagamento dun censo periódico.
-