"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de García Álvarez de Toledo y Pimentel-Osorio e de Victoria Colonna. Príncipe de Montalbano, segundo duque de Ferrandina, quinto marqués de Villafranca del Bierzo, condestable de Castela e marqués de Villafranca dende 1578. Almirante das Galeras de Nápoles no 1595 e posteriormente de Castela. Foi Embaixador Extraordinario de Filipe III na Corte de Enrique IV de Francia (1608). Como Gobernador do Milanesado (1616) derrotou a Carlos Manuel de Savoia en Apertola obrigándoo a asinar a Paz de Pavía no ano 1617.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde Lemos e, segundo Vasco da Ponte, “o maior señor do Reino de Galicia”. Procedente da baixa nobreza, foi Alcalde de Compostela durante o período irmandiño. Destacou nas cortes de Xoán II de Castela e Enrique IV e foi un dos principais dirixentes, xunto a Alonso de Lanzós e Diego de Lemos, da sublevación irmandiña, actuando sobre todo nas terras de Compostela onde resistiu os contraataques de señores coma Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga). O Cancionero General de Hernando del Castillo contén unha composición da súa autoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso agostiño. É da súa autoría a Oración panegírica que pronunciou con motivo das festas compostelás adicadas polo Convento da Nosa Señora de Bonaval a celebrar a canonización do Papa Pío V. Esta oración publicouse no libro Fiestas compostelanas (1715).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería, veciño de Tui. Autor da reedificación da fachada do Hospital de pobres e peregrinos de Tui (actual Museo Diocesano) en 1712. Anos máis tarde contrata co cabido tudense a reconstrución de diversas casas no monte Aloia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao amor.

    2. Que move a amar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se refire ao camiñar, que ten a facultade de camiñar.

      1. Dise do tratamento médico ou cirúrxico ou da enfermidade que non obrigan ao enfermo a gardar cama.

      2. Establecemento sanitario onde se dispensa asistencia médica e farmacéutica aos enfermos que non precisan de hospitalización. Forma parte da organización sanitaria dun país, dentro do nivel da asistencia primaria. No ámbito do ambulatorio, os médicos de cabeceira ou os especialistas diagnostican, tratan e controlan a evolución de enfermidades que non necesitan atención hospitalaria, fan os exames preparatorios para unha intervención cirúrxica e o seguimento dos pacientes que xa teñen a alta hospitalaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación amorosa pouco seria ou estable, de carácter pasaxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impide a ovulación.

    2. Substancia que impide a ovulación, utilizada por motivos terapéuticos ou para evitar a fecundación ante unha eventual presenza de espermatozoides nos órganos xenitais femininos. O anovulatorio máis coñecido, a chamada pílula, basea a súa acción na administración continuada de proxesterona para inhibir a secreción de gonadotropinas e, xa que logo, da ovulación. En xeral, a proxesterona leva asociada unha pequena cantidade de estróxeno para manter o equilibrio hormonal do organismo feminino. Adminístrase en forma de comprimidos por vía oral, tomados diariamente durante vintecinco días do ciclo menstrual. Algunhas investigacións intentan desenvolver diferentes produtos hormonais con efectos de varias semanas ou meses tras unha única inxección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colonia británica formada nos territorios da Antártida situados entre o paralelo 60° latitude S e os meridianos 20° e 80° lonxitude O. Os territorios que abrangue son a parte continental -coa península Antártica-, as illas Órcadas do Sur e as illas Shetlands do Sur. A súa superficie é de 388.500 km2. Ata o 3 de marzo de 1962 formou parte das dependencias das Malvinas. Arxentina e Chile reivindican para si unha parte deste territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de dobramentos anticlinais e sinclinais, máis ou menos paralelos, que adoptan unha disposición de estrutura anticlinal complexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as inflamacións.

    2. Fármaco utilizado para combater a inflamación. Os antiinflamatorios divídense en específicos e non específicos. Entre os primeiros están os sales de ouro e a penicilamina, indicados na artrite rematoide. Entre os segundos existen dous grandes grupos, os corticoides e os antiinflamatorios non esteroidais, que se subclasifican en derivados salicílicos e non salicílicos. Poden utilizarse por vía xeral ou tópica. Tamén o frío pode actuar como antiinflamatorio posto que produce unha vasoconstrición periférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten poder de anular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á apelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa ou implica aprobación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político guatemalteco. Coronel (1955) e subsecretario de Defensa (1957-1958), foi Presidente da República entre 1970 e 1974. Destacou pola dura represión contra a guerrilla. Foi ascendido a xeneral en 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para arar.

    2. Relativo ou pertencente á acción de arar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico e ionosférico situado na costa norte de Porto Rico, a uns 13 km da cidade de Arecibo. Foi inaugurado no 1963. O principal instrumento de observación consiste nun gran radiotelescopio radar de 305 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO