"Rīga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 128.

  • PERSOEIRO

    Físico e filósofo francés. Estableceu unha teoría atomista baseada na idea dos corpúsculos redondeados e traballou nunha teoría corpuscular da luz e da atracción das masas. En Dubitationes in dialogos Galilaei pro terrae inmobilitate (Dúbidas nos diálogos de Galileo sobre a inmobilidade da Terra, 1632) considerou a Terra inmóbil, en desacordo con Galileo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Chinchón. Foi cardeal e arcebispo de Sevilla e Toledo. De tendencia liberal, presidiu a rexencia nos últimos tempos das cortes de Cádiz. Estivo recluído en Toledo (1814-1820) por orde de Fernando VII. Foi presidente da xunta provisional de comezos do Trienio Liberal (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Brigaecium ou aos seus habitantes.

    2. Individuo do pobo brigacino.

    3. Pobo (populi) prerromano da Gallaecia, no convento asturense, que tiña por núcleo principal Brigaecium, na comarca de Benavente. O seu papel nas Guerras Astur-Cántabras (29-19 a C) foi destacado; neste sentido, segundo os autores clásicos, a súa derrota, provocada pola traición que lles fixeron aos astures ao redor do 25 a C, foi clave para a vitoria romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas que fan un mesmo traballo.

    2. Unidade de diversas organizacións estruturadas máis ou menos militarmente.

      1. Grande unidade elemental táctica, a máis pequena daquelas onde se combinan a acción das armas e os servicios de cara ao combate. Pode ser independente (paracaidistas, artillería) ou constituír unha división ao lado doutras. É comandada por un xeneral de brigada.

      2. Grao do corpo de suboficiais do exército español, superior ao de sarxento primeiro e inferior ao de subtenente.

      3. Na mariña de guerra española, unidade de organización equivalente á compañía do exército de terra. Formada por diversos rangos, está comandada por un oficial.

      4. brigada de choque

        Antiga unidade equivalente á brigada normal pero con máis potencia de fogo e con forzas especialmente adestradas para o combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidades militares integradas por voluntarios estranxeiros que loitaron a prol dos republicanos durante a Guerra Civil española (1936-1939). Os primeiros grupos formáronse en xullo do 1936 con participantes na Olimpiada Popular de Barcelona. A súa organización propúxose na reunión do Komintern do 26 de xullo de 1936, co propósito de integrar a todos os voluntarios de ideoloxía antifascista baixo a dirección comunista. Participaron combatentes de máis de 50 países de todo o mundo, cun total de 40.000 homes ao longo da guerra, organizados en 15 brigadas. Os principais continxentes foron franceses (10.000 voluntarios), italianos (2.500), belgas, iugoslavos, ingleses, canadenses e norteamericanos. Máis do 80% eran obreiros, en xeral mozos, aínda que tamén había veteranos da Primeira Guerra Mundial. Interviñeron eficazmente na defensa de Madrid (novembro do 1936) e nas batallas do Jarama, Brunete, Belchite, Teruel e, finalmente, no Ebro. O goberno republicano, cumprindo a resolución da Sociedade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brigate Rosse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora letona. Cultivou o teatro e a narrativa inspirada no folclore do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación que recibe o xeneral de brigada en moitos exércitos.

      1. Na mariña de guerra española, grao equivalente ao de comodoro nas mariñas anglosaxonas; era superior ao de capitán de flota e inferior ao tamén desaparecido capitán de escuadra.

      2. Militar do armamento de cabalería do exército francés (s XVIII) cunha gradación correspondente noutros armamentos á de capitán. Coa reorganización militar do vizconde de Turenne adquiriu unha categoría parecida á de xeneral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos brigantes.

    2. Individuo do pobo brigante.

    3. Pobo de Britania, establecido ao norte do río Humber no s I a C. Foron sometidos polo xeneral romano Petilio Cerealis, no ano 74 d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción italiana realizada en 1951 e dirixida por Mario Camerini. Foi interpretada por Silvana Mangano, Amedeo Nazzari e Umberto Spadaro. Trátase dunha das primeiras aproximacións do cine italiano ao asunto das mafias locais, xunto a unha análise da sociedade da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coiraza formada por pequenas láminas de aceiro, en forma de loriga, que se superpoñen unhas a outras a xeito de escamas e que se suxeitan a unha tela forte ou peza de coiro por medio de cravos ramachados. Algunhas, a proba de tiros de besta, acadaron os 26 quilos de peso. Empregouse en guerras e torneos entre os séculos XII ao XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Betanzos ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Betanzos.

      1. Relativo ou pertencente a Brigantium ou aos seus habitantes.

      2. Individuo do pobo brigantino.

      3. Pobo (populus) prerromano da Gallaecia, no convento lucense, que tiña por núcleo principal Brigantium. Localízase con certas dúbidas na bisbarra de Bergantiños. É posible que fose unha fracción dos ártabros (arrotrebae), pobo de difícil localización situado aproximadamente entre o cabo Ortegal, ao N, e o de Fisterra, ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicouse por primeira vez na Coruña en 1863, e subtitulouse “Periódico literario, científico e industrial”. Algúns dos redactores foron Vicetto, Federico Alejos Pita ou Xosé María Montes. Saíu da imprenta de Castor Míguez diariamente para cobrar un interregno do Diario de la Coruña (1857), co que coincide o subtítulo, o impresor e os colaboradores, entre os que destacou Antonio de San Martín. No ano 1867 saíu Galicia y sus poetas, a primeira antoloxía de poesía galega aparecida como un folletín de El Brigantino. En 1868 Ricardo Pita imprimiu este periódico que se chamou Boletín de la revolución cando triunfou o levantamento de setembro. Volveu editarse no ano 1880 en Ferrol, para continuar coa súa segunda andaina. Ricardo Pita realizou todas as tarefas de dirección, impresión e redacción. Reapareceu para defender dos seus atacantes a fracción republicana radical que existía no concello. Con todo, o obxecto principal era a defensa dos intereses morais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade vinculada ao pobo dos ártabros (arrotrebae) que presenta algúns problemas de localización, podendo tratarse da actual Coruña ou de Betanzos. Antes da chegada de César, esta comarca do NO da Gallaecia tiña sona como enclave comercial dotado dun porto situado nas grandes rutas comerciais do Atlántico e afeito a recibir a visita de comerciantes e mercadores. Nos anos 60-61 a C, César dirixiu unha campaña neste territorio para obter un importante botín e ampliar así as relacións comerciais. A expedición serviu tamén para comprobar as riquezas mineiras da Gallaecia, fundamentalmente o ouro, deixando a rexión en condicións de recibir unha explotación comercial regularizada. A dominación romana non foi efectiva ata a fin das Guerras Astur-Cántabras. En Brigantium debeu existir un gran porto, en consonancia coa categoría do faro romano que aínda se conserva, e posiblemente a súa estrutura estivese formada por un dique con sucesivos arcos, por debaixo dos que se introduciría o mar....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu na Coruña no ano 1980. Subtitulouse “Boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña”. Tivo dous directores, Felipe Senén López e o director honorario Manuel Chamoso Lamas. Esta publicación bilingüe, que se editaba cada ano, contou coa colaboración de J. M. Vázquez Varela, Felipe Criado Boado, Fernando Alonso Romero, Jaime Delgado Gómez e Raquel Casas García, entre outros. Na presentación afirmaba o seu interese pola arqueoloxía, prehistoria, historia, etnografía, arte, epigrafía e numismática. Nos volumes que van dende o número 2 ao 6 inseriu unha sección que se denominou “Varia”. Deulle prioridade á prehistoria, mentres que case non daba cabida ás investigacións sobre os séculos XIX e XX, etapa na que se desenvolveu a prensa galega. Destacou pola excelente presentación e pola calidade dos traballos, sempre ben documentados e ilustrados. Os artigos abranguían dende o mundo técnico, ata os costumes populares. Foi unha das poucas publicacións galegas que antes do artigo insería...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización italiana revolucionaria clandestina. Fundada no 1969 por Renato Curcio e formada por elementos de extrema esquerda, dende o 1970 cometeu unha serie de atentados contra altos cargos e instalacións do estado. Tamén realizou diversos secuestros, a miúdo acabados en asasinato, como no caso de Aldo Moro, secuestrado en 1978. Moitos dos seus dirixentes iniciais están en prisión -entre eles Curcio- ou xa morreron en encontros coa policía. A finais de 1981 secuestraron a un xeneral estadounidense destinado en Verona, que foi rescatado pola policía en 1982, e, como consecuencia, produciuse a detención de numerosos activistas e o conseguinte debilitamento da forza do grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Lusitania. Suponse que foi fundada por Décimo Xunio Bruto o Galaico na campaña que emprendeu polo Occidente peninsular entre os anos 138-134 a C. Podería ser o primitivo nome de Valencia de Alcántara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asentamento romano situado na Cigarrosa, no concello da Rúa. De ser certa a equiparación que algúns autores fan entre Calubriga e o Forum Gigarrorum das fontes clásicas, sería a oitava mansión da vía romana número XVIII que conectaba Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) polo interior, a vinte e oito millas (milia passuum) da anterior mansión, Nemetobriga. Pertencía ao convento xurídico asturense. Non obstante , hai opinións que sosteñen que se trata dunha vila rural. Neste lugar atopáronse dous mosaicos que recubrían unha peza cadrada, á que se accedía por unha escaleira de tres chanzos, cun orificio de desaugadoiro. O primeiro deles, de tema mariño e con peixes, moluscos e a auga en movemento, apareceu en 1896 no transcurso dunhas prospeccións dirixidas por Marcelo Macías. O segundo, tamén de tema mariño, con delfíns, troitas, ondas mariñas, etc, apareceu en 1969. Aínda que non se poden realizar moitas precisións cronolóxicas, semella que se trata dun complexo termal, posiblemente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘cal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oppidum ou vila dos coelernos. Tradicionalmente, identificábase con algún dos castros da parte media ou alta do río Cávado (Portugal) ou da desembocadura do Douro. Non obstante , trala aparición no ano 1970 dunha tésera de hospitalidade no castro de Castromao (Celanova), identifícase co mesmo Castromao.

    VER O DETALLE DO TERMO