"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

  • Adega fundada por Antón Bertolo Losada en Sela (Arbo). Etiqueta o Arraiano, viño elaborado con uva Albariño na subzona do Condado, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper o día ao amencer ou despois de estar nubrado.

    2. Poñer o gran ao sol antes de ser gardado.

    3. Estender roupa húmida ao sol para que seque. Na tradición oral recóllese a expresión: “Se arraiara, se arraiara, tódalas meigas levara. Xa arraiou, xa arraiou, tódalas meigas levou”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arraigar ou arraigarse.

    2. Relación profunda dunha persoa ou dun costume cun lugar, por tradición, propiedades ou lazos afectivos.

      1. Acción que asegura as responsabilidades derivadas dun proceso xudicial.

      2. fianza de arraigamento

        Obriga de prestar fianza que teñen os demandantes estranxeiros para interpoñer calquera demanda, co obxecto de garantir o pagamento dos custos do xuízo en caso de non obter unha sentenza favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar raíces unha planta de modo que pode seguir vivindo e desenvolvéndose.

    2. Fixarse profundamente unha idea, un sentimento, un costume, etc.

    3. Permanecer unha persoa nun lugar adaptándose a uns costumes determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título feudal portugués concedido sobre a vila de Arraiolos cara ao ano 1377 a Alvaro Pires de Castro, primeiro condestable de Portugal. No 1387 o segundo conde, Nuno Álvares Pereira, cedeu o título ao seu neto Fernando (1442), primeiro duque de Bragança. Dende entón o título de duque de Bragança vai unido ao de conde de Arraiolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caudillo árabe ou mourisco.

    2. Capitán dunha embarcación árabe ou mourisca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista venezolano. Co libro de poemas Áspero (1925) introduciu no seu país as técnicas de vangarda. A súa novela Dámaso Velázquez (1943) ofrece unha visión amarga da vida dos pescadores no Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade (parroquia) do tramo navarro do Camiño Francés a Santiago. Situada ao N da serra do Perdón, na depresión de Iruña, 9 km despois da capital. Posúe unha igrexa parroquial de orixe románica, ampliada no s XVI (gótico tardío).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador vasco. É autor da Historia de la Compañía de Jesús en la asistencia de España (1902-1925), que ofrece abundante información sobre os xesuítas dos ss XVI-XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible de ser atraído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada entre as do Triángulo Austral, o Pavo, o Octante, o Camaleón e a Mosca. O astro principal, α Api, é unha estrela de magnitude aparente visual 3,81, situada a unha distancia de 230 anos luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESTADO

    Estado de Asia formado por un arquipélago de 33 illas do Golfo Pérsico, situadas a uns 24 km da costa oriental de Arabia Saudí (678 km2; 508.037 h [1991], 595.000 h [estim 1998]). A capital é Al-Manama, situada ao N da illa de Al-Ba ḥ rain.
    Xeografía física
    As illas principais son Al-Ba ḥ rain (572 km2), Hawar (38km2), Umm Nasan (19 km2), Al-Mu ḥ arraq (17,4 km2) e Sitra (9,9 km2). Un dique artificial de 3.400 m de lonxitude une as illas de Al-Ba ḥ rain e Al-Mu ḥ arraq, e outro dique de 24 km Al-Bahrain con Arabia Saudí. Todas as illas do arquipélago son, en xeral, chas e areosas. Situado a 26° de latiude N, baixo o dominio climático tropical con temperaturas e taxas de humidade altas. A temperatura media anual e de 25°C. Numerosas especies xerófilas integran a súa vexetación. A fauna característica componse de lebres, lagartos e ratas do deserto.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico (Carballo), entre a praia de Razo e a praia da Pedra do Sal, nas parroquias de Razo, Lema e Rebordelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada en Verín en 1993 por Xosé Luís Martínez Carnero. Entre os espectáculos realizados por esta agrupación cómpre sinalar: O auténtico oeste, sobre un texto de Sam Shepard, estreado en 1994 con dirección de Manuel Lourenzo; Dany e Roberta (1995), con dirección de Rodrigo Roel; Parella Aberta, a partir da peza homónima de Darío Fo, presentado en 1996 con dirección de Rodrigo Roel e O contrabaixo (1999), segundo un texto de Patrick Süskind e con dirección de Damián Contreras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua de Oceanía incluída na familia papúa de Nova Guinea. Rexistráronse apenas 3.500 falantes desta lingua que se inclúe dentro do grupo coiariano xunto ao coiarí e ao managalasí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana que se inclúe na familia afroasiática e no grupo chádico oriental socoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Estudou Dereito en Colonia. Deputado da Democracia Cristiá a partir do 1957, foi ministro de Asuntos Alemáns (1962-1963), presidente da CDU (1971-1973), foi tamén ministro de Asuntos Interalemáns (1982-1983) e presidente do Bundestag (1983-1984), cargo ao que renunciou pola súa implicación en escándalos político-financeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción realizada en Gran Bretaña, Francia e Macedonia no ano 1994. Foi dirixida por Milcho Manchevski e interpretada por Rade Serbedzijza, Gregorie Colin. Obtivo o León de Ouro de Venecia, ex aequo, no 1994. Dividida en tres historias: “Palabras”, “Rostros” e “Imaxes”, amosa a crise relixiosa étnica que sofre Macedonia fronte á indiferenza de Occidente, a través dos ollos dun fotógrafo de guerra que volve ao seu fogar. A crise de conciencia que atravesa, levarao ao sacrificio no intento de achegar as comunidades cristiás e musulmanas que conviven nesas terras.

    VER O DETALLE DO TERMO