"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical mariñeira. Iniciou a súa actividade no ano 1917 e cesouna ao comezar a Guerra Civil. Os seus obxectivos eran asociar a todos os traballadores do mar de Bueu que estivesen matriculados; mellorar a condición do sector e defender e representar aos traballadores do mar diante dos patróns e autoridades gobernativas. Malia que a súa vinculación inicial foi co socialismo da UXT, debido á estratexia de espallamento que a CNT e a súa Federación Regional de Industria Pesquera encetaron dende o ano 1931 por todo o litoral galego, a organización remataría comprometéndose co ideario anarquista, que non abandonaría ata a súa disolución. Entre 1932 e 1936, debido as continuas flutuacións do prezo da sardiña, que repercutían directamente nas endebles economías mariñeiras, promoveu unha serie de mobilizacións da clase mariñeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Susceptible de ser adoutrinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen adoutrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de adoutrinar.
-
-
Instruír a alguén nalgunha cousa e decirlle como ten que comportarse.
-
Instruír a alguén tendenciosamente.
-
-
-
Que provén do adulterio.
-
Fillo nado dunha relación adúltera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
polimixina B.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de fibrinóxeno ou factor I da coagulación sanguínea no plasma. É unha afección hereditaria de carácter recesiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira cooperativa constituída para o cultivo, elaboración e comercialización de viño Albariño, situada en Sisán, concello de Ribadumia (Pontevedra). Foi fundada en 1975 por Daniel Casalderrey. A súa única e primeira etiqueta é Don Bardo, viño clásico da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva Albariño.
-
MONTES
Monte da parroquia de Negrelos, concello de Rodeiro (681 m de altitude).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1921 na illa de Ons (Bueu). Foi a primeira asociación de carácter económico-laboral que se formou na illa. Organizaba os colonos que se dedicaban exclusivamente a traballos de subsistencia agrícola e á tradicional pesca do polbo. Aparece no período de extensión do sindicalismo mariñeiro de clase en Galicia (1910-1930), e quizais se tivese organizado para defender a economía insular do réxime de explotación privada á que a sometían os donos do arquipélago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro afeccionado creado en Asados (Rianxo) en 1933. Dende a súa posta en funcionamento mantivo unha liña permanente de traballo, que nos últimos anos se diversificou coa creación de obradoiros de teatro para nenos. No seu repertorio poden atoparse espectáculos creados a partir dos títulos máis significativos do Movemento Dramático Rexional, con pezas de Xabier Prado Lameiro, Manuel Sánchez Hermida, Euxenio Charlón Arias, e do Movemento Dramático Nacional, con textos de Leandro Carré, Rafael Dieste e Daniel Castelao. O grupo de teatro Airiños, promovido nos seus inicios por mestres como Xosé Losada Castelao e Manuel Insua Castelao, constitúe unha mostra da importancia do teatro como práctica cultural comunitaria e da crecente significación da animación teatral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro fundado en Arousa en 1971 por Xaime Vaamonde. Dedicados á música popular, o espectáculo realizou xiras por toda España e por diversos países de Europa como Francia, Italia, Inglaterra, Alemaña e Portugal. Entre a súa discografía cómpre citar títulos como Por si quieres hacer algo, Aún es posible la esperanza, Unha cidade nova e Nosa nova oración.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación nada en xullo de 1944 como “Órgano da Asociación Casa de Galicia de Bos Aires”. Dirixida por Eliseo Alonso a partir de 1954, reprodúcense poemas de Curros, Lamas Carvajal, Bouza-Brey e outros. Tamén se incluíron textos de Otero Pedrayo, Cunqueiro, Fernández del Riego, Antón Fraguas e Blanco Amor, por sinalar algúns. Contiña informacións sobre a vida das sociedades galegas, a sección poética “Ondas do mar louvadas” e outra sección literaria titulada “Estante de libros”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa semanal de Radio Gramanet (Santa Coloma de Gramanet, Barcelona) que se emite todos os domingos de nove a once da mañá. Comezou a súa emisión en maio de 1985 e recibiu o nome de Galicia Hoxe e Galicia máis cerca. Presentado por Eva Molíns e Rosa Rodríguez, chega ás localidades de Badalona, Sant Adriá del Besós, Moncada i Reixach, parte da comarca do Maresme e de Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid no ano 1964, subtitulada “Galicia al día”. Dirixida polo poeta e xornalista Cipriano Torre Enciso, contén un poema de Xosé Rubiños, un conto de Cristóbal Santamaría, un artigo de Ben-Cho-Shey e unha sección de humor de Castelao e Cebreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe xurdida o 10 maio de 1909 na Habana e subtitulada “Revista decenal ilustrada. Consagrada a la propagación de la cultura gallega y órgano de los gallegos emigrados de América Latina” Cesou ao chegar ao numero once. O redactor Xoán Vicente Martínez e o debuxante Luís Covisa forman parte da mesma. Ten contos e poesías en galego de Francisco Añón, Eduardo Pondal, Xenaro Mariñas e Manuel Nóvoa Costoya, xunto con narracións de Labarta Pose, Lugrís Freire, Ricardo Carballal, Álvaro Dios Villar e outros autores. Contén amais novas de Galicia, biografías de galegos ilustres e inclúe fotografías da paisaxe galega. O escudo de Galicia aparece na portada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en Ferrol o 1 de outubro de 1900 e constituída inicialmente como ronda de pulso e púa. Os seus membros fundadores foron: Antonio Quero, Mario Rodríguez Trigo, Xoán Xosé Cabarcos, Xoán A. Martínez, Ramón Picos, Luís Díaz, Constantino González Gómez, Xosé Llanos, Xosé de los Ríos, Xosé Lage Pedreira e Antonio Seoane Pampín como director da rondalla. O 20 de xaneiro de 1901 fai a súa presenza oficial cun concerto na cidade de Ferrol, como “saludo a las autoridades, prensa local y sociedades de recreo”. O 28 de setembro viaxou por primeira vez á cidade da Coruña invitada polo Círculo de Artesáns. Catro anos máis tarde, o 13 de agosto de 1904, obtivo o 1º premio no certame de rondalllas celebrado tamén na Coruña. O 5 de maio de 1905 acudiron a Madrid para tomar parte nas festas celebradas co gallo do terceiro centenario do Quixote. Alí a rondalla actuou no Teatro Real, Teatro da Zarzuela, Ateneo e Centro galego. En outubro de 1906 obtivo o 1º premio do Concurso Nacional de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada en 1984 en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) pola sociedade Airiños da Nosa Galicia, presidida por Manuel Dobarco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banda de gaitas fundada en 1987 no concello de Fene polo gaiteiro Ramiro Couce Amado (Fene 1942 - 1997). En 1996, xa baixo a dirección do gaiteiro Miguel Doval González, Airiños de Fene acada o 1º premio no II Certame Galego de Grupos e Bandas de Gaitas na modalidade de “Grupos Tradicionais”. Dende 1988 son organizadores do festival de carácter anual Xuntanza de Xoves Gaiteiros, coa correspondente homenaxe a diversos músicos e grupos de gaitas polo seu quefacer. Esta entidade posúe así mesmo grupo de baile tradicional.