"Rivas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 48.

  • GALICIA

    Autor dramático e político, fillo de Aureliano Linares Rivas. Foi elixido deputado en tres lexislaturas entre os anos 1891 e 1901, e, posteriormente, senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1903 e 1907 e senador vitalicio desde 1914. Seguidor da estética teatral proposta por Jacinto Benavente, das súas obras destacan El abolengo (1904), María Victoria (1904), La cizaña (1905), La fuerza del mal (1914), Las zarzas del camino (1917), La mala lei (1923) ou La garra (1914). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilusionista. Máis coñecido como O Mago Antón, iniciou a súa actividade escénica co grupo Valle-Inclán de Lugo, para despois dedicarse por completo aos espectáculos de maxia, que sempre tiveron un marcado carácter teatral. En 1977 creou o personaxe de Facundo, unha marioneta á que el lle pon voz. En 1985 constituíu a empresa Producións Máxicas, coa que produciu o espectáculo Merlín e familia, ao que seguiron outras propostas, como o espectáculo multimedia Vía Láctea (1993), Insólito por Antonomaxia (1995), Fugas e soños (1996), En clave de maxia (1998), en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e 2001 ilusións (2001). En 1989 foi nomeado Lucense do ano e en 2003 foi galardoado co Premio da Crítica Galicia no apartado de Galego Egrexio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Traballou nos xornais El Miño de Ourense, Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa e Galicia Moza, onde coincidiu con Castelao. Vinculado ao agrarismo desde 1912, foi un dos sete asinantes do Manifesto de Ourense. Ao ano seguinte pasou a dirixir o xornal voceiro de Acción Gallega, El Heraldo Gallego, e o semanario vigués La Crónica. En 1915 trasladouse a Madrid onde colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. Volveu a Galicia en 1918 e escribiu en La Zarpa, Vida Gallega e Galicia, ademais de colaborar co xornal barcelonés La Publicidad e os madrileños El Sol e La Sornada. Abandonou o movemento agrarista en 1922, ao que consideraba traidor a Galicia por terse presentado ás eleccións ao Parlamento español. Posteriormente dirixiu Faro de Vigo e foi asasinado pouco despois do alzamento militar de 1936. Como escritor destacan as novelas Pandemonium (1917) e La Fraticida, publicada en Correspondencia de España, a obra de teatro La hora grande e o ensaio El primer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de instituto, fundou, xunto con Germán Sánchez Ruipérez, Edicións Xerais de Galicia (1978) e ocupou a primeira Subdirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia (1983). Promotor e presidente da Asociación de Tradutores Galegos (1984), fundou e dirixiu a biblioteca virtual www.bivir.com (2000) e participou na fundación das revistas Viceversa, Revista Galega de Tradución e Tempos Novos. Publicou Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego (1987), Un camiño novo para unha vella utopía (2004) e Para unha escriptoloxía do galego (2004). É membro do consello asesor do IGADI, da Fundación Plácido Castro, do Instituto de Estudios Miñoranos e da Mesa polo Libro de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi catedrático de Teoloxía e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Despois trasladouse a Quito, onde o nomearon bispo, capitán xeneral e presidente da Audiencia de Quito. Durante o seu bispado creou numerosas fundacións e escribiu Itinerario para párrocos de Indias en que se tratan las materias más particulares tocantes a ellos para su buena administración (1596-1668).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista. Do seu palmarés destacan os campionatos de España en K-1 500 m (2000 e 2004) e en K-4 1000 m (2004), ademais do de Europa en K-1 200 m (2002 e 2004), K-2 200 m (2004) e K-4 200 m (2002 e 2004).Obtivo tamén a medalla de bronce no campionato de Europa en K-2 e K-4 500 m (2004), a medalla de ouro no campionato do Mundo en K-1 200 m (2002) e a medalla de prata no campionato do Mundo en K-1 e K-4 200 m (2003). Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) e obtivo o quinto posto en K-2 e K-4 500 m. En 2005 participou no campionato Mundial de piragüismo (Zagreb, Croacia) onde obtivo a medalla de ouro en K-1 200 metros, a medalla de prata en K-2 200 metros e Medalla de bronce en K-4 200 metros. En 2006 , no campionato Mundial de piragüismo (Szeged) obtivo o ouro en K-1 200 metros e K-4 200 metros e a prata en K-2 200 metros. Nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 obtivo o cuarto posto nos 200...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Rhône-Alpes, capital do departamento de Ardèche, Francia (9.170 h [1999]). A súa economía baséase en fiadeiros de seda e na elaboración de confeitos e marrón-glacé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (2.155 km2; 140.432 h [1995]). A súa capital é Rivas (20.868 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Campión nacional absoluto de 400 m lisos en 1965, 1967 e 1970. Participou nos Xogos Olímpicos de Toquio (1964) na especialidade de 100 m lisos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na escolas de Artes de Vigo e Madrid e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. A partir de 1969 colaborou no taller de Xoán Piñeiro en Goián e entre 1976 e 1977 estudou cerámica, invitado polo Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. En 1979 instalouse en Francia, onde abriu o seu taller en Bonneuil-sur-Marne e participou en numerosas exposicións no estranxeiro e en Galicia, onde tamén formou parte do movemento Atlántica desde 1980. En 1986 regresou a Galicia e en 1992 instalou o seu estudo en Paramos (Tui). Nas súas esculturas, abstractas, experimentou coas formas, xogando cos ocos e os volumes, coas texturas e cos materiais: empregou poliéster, aceiro, ferro, madeira (Acacia, 1976), pedra (Pensando en Stendhal, 1995) e bronce (As agullas da catedral, 1992; Personaxes de Millet, 2000) e innovou coa realización conxuntos articulados e desmontables de cerámica. Da súa obra pública destaca a formación de granito de grandes dimensións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Licenciado en Ciencias da Información en Madrid, participou na fundación da revista Loia, onde publicou as súas primeiras poesías, e colaborou con distintos medios de comunicación, como Teima, Man Común e A Nosa Terra. Foi subdirector de Diario de Galicia e xefe de cultura de El Globo. Director da revista Luzes de Galicia e correspondente do diario El País. O conxunto da súa escrita, -algunha das súas obras está traducida a 21 linguas-, caracterízase pola creación de personaxes que rachan os estereotipos costumistas. Sexa cal sexa a súa orixe, son persoas que teñen vida de seu, que se rebelan contra o destino, protagonizando moitas veces experiencias límites. Son seres en movemento, en conflito, que provocan tamén unha excitación no que os rodea, na paisaxe, e na forma de expresión. A tradicional dualidade cidade-campo, rural-urbano, substitúese por un novo urdido social e cultural onde o relevante é a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Iniciou a súa formación como tallista en Vilagarcía de Arousa nun taller de ebanistaría. No eido da pintura definiuse a sí mesmo como un autodidacta, que evolucionou do realismo cara ao expresionismo. Cultivou a xilografía (O remuiñeiro; Peixeiras), a escultura, o debuxo e o muralismo, procedementos que empregou para amosar a súa visión de Galicia (O mercado, 1995). A muller acadou un alto grao de protagonismo nas súas obras (O baño, 1970; A muller, 1984), aínda que tamén destacaron as súas pinturas de temática relixiosa (Crucifixión, 1963; Piedade, 1980) e os seus retratos (Autorretrato), xénero que cultivou a partir da década de 1940. Foi un debuxante de ascendencia vagamente cubista. Colorista intenso, as súas composicións de ámbito folclórico (O amaño do espantallo, 1974) ou as súas ideacións de trasmundo máxico (O satiriño, 1983) foron complexas, irónicas e dramáticas (Desesperación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre, músico e escritor. Coñecido como Mini, foi un dos fundadores dos grupos Fuxan os Ventos e A Quenlla. Ten elaborado un amplo material didáctico dedicado aos máis pequenos e é autor de numerosas cancións para nenos e da música da curtametraxe Mamasunción (1984), de Chano Piñeiro. Tirou do prelo Galicia canta ao neno (1979), en colaboración con outros autores, e Contos de vellos para nenos (1995), con Baldomero Iglesias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha faixa ondada de azul; bordo de goles, cargado de cinco besantes de ouro, un no medio do xefe e dous en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi comandante xeneral da Mariña en Ferrol. Colaborou na Revista de Marina e publicou Visicitudes del Cuerpo de Infantería de Marina (1940), Datos tácticos y logísticos resumidos (1943), Manual del infante de Marina (1944) e Historia de la Infantería de Marina española (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Topógrafo. Dedicado á investigación arqueolóxica, colaborou na delimitación, confección e estudo do plano da zona de protección monumental do centro histórico de Ourense. Publicou La Vía romana XVIII (via nova): revisión de su trazado y mensuración (2000) e Consideraciones sobre la antigüedad del episcopado auriense y la génesis de su diócesis: el rol del Parochiale Suevum y otras cuestiones (2003). É académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e profesor. Foi secretario xeral do goberno preautonómico de Galicia (1978-1979) e participou na redacción do Estatuto de Autonomía. Foi deputado no Congreso por UCD (1977-1978) e polo PP na VI e VII lexislaturas (1996-2004), alcalde de Pontevedra (1979-1991) e vicepresidente do Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). Recibiu a Medalla al Mérito Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e poeta. O seu estilo é figurativista pero libre. Realizou imaxes femininas e ambientes imaxinarios. Das súas pinturas destaca Cita con el gallo rojo (1972). Publicou o poemario Con mirada penetrante (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Abeleda, Xunqueira de Ambía 31.8.1925) Relixioso e escritor. Membro da Congregación da Misión, doutorouse en Filoloxía Románica coa tese Toponimia de Marín (1979). Cofundador da Asociación Galega de Onomástica e da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, da que foi primeiro presidente, investigou sobre distintos temas da cultura galega (lingua, etnografía, arqueoloxía, historia, etc). Algunhas das súas contribucións de carácter onomasiolóxico, que conteñen vocabulario de recolla propia do autor ou doutras fontes, están agrupadas na colección Léxico rural do noroeste hispánico das que se publicaron títulos como Tear, tecido e complementos (1992), Millo e hórreo, legumia e cestos (1996), Ferramenta e labranza manual (1997), O muíño (1997), Os castiñeiros e as castañas (1997), O forno do pan (1998) e A auga na natureza (2000). Entre as obras lexicográficas destacan as súas achegas subtituladas Contribución al dicionario gallego, recollidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Ciencias da Información, impartiu clases de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Traballou na Axencia EFE en Galicia (1979-1985), onde creou as Efeméridades galegas. Desde 1985, na central de EFE en Madrid, foi xefe de sección de Norteamérica e Caribe na redacción internacional. Publicou O gaiteiro de Soutelo (1977), Diego Antonio de Zernadas y Castro, un precursor del galleguismo (1978), Conversas de Xosé Luís Barreiro Rivas con Xosé M. Rivas Troitiño (1983) e Desinformación y terrorismo: análisis de las conversaciones entre el Gobierno y ETA en Argel (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO