"Rose" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Catedrático de Dereito Mercantil da Universitat de València. Foi senador pola Unión de Centro Democrático (UCD), vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias ao Consello do País Valenciano e secretario de estado para as Autonomías. Morreu víctima dun atentado de Euskadi ta Askatasuna (ETA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade parasitaria producida polo fungo Chalara pyogenes que provoca dores nas articulacións e nódulos baixo a pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía isquémica crónica caracterizada por unha esclerose difusa do miocardio. Adoito se produce como consecuencia da oclusión arteriosclerótica das coronarias. Clinicamente, pódese manifestar como unha insuficiencia ventricular esquerda ou cardíaca total, unha anxina de peito, trastornos do ritmo cardíaco ou como unha arritmia completa; ás veces, só determina alteracións no electrocardiograma, clinicamente asintomáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e, dende 1980, no Institut Jaume II de Alacant. Foi director da colección de narrativa do Instituto de Cultura Gil Albert da deputación de Alacant e colaborador de honra do departamento de Lingüística Xeral e Teoría da Literatura da Universitat de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960). En galego publicou o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) e o libro de relatos As calexas do cigurath (1973), reeditado íntegro en 1996, xa que na súa primeira edición sufrira mutilacións por parte da censura. No eido da crítica literaria destacan as súas colaboracións en revistas especializadas e na prensa, así como o volume monográfico A obra literaria de Eduardo Blanco Amor (1993). Foi galardoado nas Festas Minervais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade ovina e doutros animais herbívoros causada polo cenuro. Ataca o sistema nervioso central e afecta principalmente á locomoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade das plantas producida por fungos deuteromicetos do xénero Cercospora. Produce pequenas manchas que rematan perforando a folla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artrose localizada nas vértebras cervicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade dexenerativa, progresiva e difusa, caracterizada polo endurecemento dos tecidos do órgano afectado, que tende a unha perda progresiva da súa función. Na cirrose hepática hai unha alteración da estrutura do fígado, consistente na dexeneración e na necrose das células hepáticas, a proliferación difusa do tecido fibroso ou cicatricial e a rexeneración das células hepáticas que intentan formar novos lóbulos para recuperar a función diminuída do fígado. A proliferación do tecido fibroso orixina unha retracción do fígado, ademais de dificultar a circulación intrahepática do sangue e a vida das células hepáticas. As causas son múltiples: abuso do alcohol, hepatite vírica non curada, sobre todo do tipo B, obstrución, depósito excesivo de ferro (hemocromatose) ou cobre (dexeneración hepatolenticular), e tamén algunhas substancias químicas; finalmente hai un grupo de cirroses hepáticas de causa descoñecida. A perda de tecido hepático normal conduce a unha insuficiencia hepática...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Síntese deficiente da clorofila, especialmente patente nas follas pola súa cor amarela clara, debida ás alteracións metabólicas diversas e, especialmente, á carencia de ións nutritivos como o ferro, o nitrato, o calcio, etc, ou tamén pola falta de luz.

    2. Anemia propia das adolescentes. Prodúcese por unha dieta pobre en ferro, que non lle pode proporcionar ao organismo a cantidade que precisa, tanto para o crecemento coma para compensar as perdas menstruais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artrose da articulación coxofemoral. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de sequidade e retracción dalgunhas zonas da pel ou da mucosa.

    2. Atrofia e retracción dos xenitais externos femininos, probablemente relacionada coas modificacións hormonais propias do climaterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Articulación ósea dotada de gran mobilidade e caracterizada polo feito de posuír unha cavidade con líquido sinovial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro do Partido Liberal, alcalde da cidade de Panamá (1910-1912) e presidente da Asamblea Nacional (1932). Elixido presidente en 1948, ocupou o cargo durante dez meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Licenciouse en Psicoloxía Experimental na Universidade de Louvain. Trasladouse a EE UU e continuou os estudios nas universidades de New Jersey e Illinois, onde se doutorou en linguas románicas. Profesor de cultura e literatura españolas na Universidade de Drake, colaborou con traballos de teoloxía e crítica literaria en publicacións americanas e europeas, como Revista Interamericana de Bibliografía, Arbor, Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula ou Kentucky Romance Quarterly. Publicou estudios científicos e teolóxicos, como La confirmación (1964), Los nuevos tiempos de la Iglesia (1965), La vocación al matrimonio (1968), Hugo de San Víctor (1968) e, no eido da crítica, Unamuno, el personaje en busca de sí mismo (1975) e Las novelas de Unamuno (1987). É autor das novelas O fillo de Don Tomás (1985), escrita orixinariamente en castelán e traducida ao galego por Manuel Espiña e Mª Luísa Balado Canoura; Cartas del Medio Oeste (1986) e De colores (1990). Entre outros premios,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea caracterizada por unha erupción de vesículas na palma e nas caras laterais dos dedos, acompañada de prurito, que evoluciona por brotes, e que se relaciona cunha sudación excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán de Ucraína. De orixe aristocrática, tentou conseguir a independencia da Ucraína occidental con respecto a Polonia e Rusia. Recoñeceu o protectorado turco, pero unha intervención rusa (1676), obrigouno a aceptar a soberanía de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas vivaces, da familia das droseráceas. Presenta follas con pecíolo longo que rematan nun ancheamento e se dispoñen en mouta basal. Ademais, esas follas están recubertas de grandes pelos que rematan nunhas glándulas de cor vermella que segregan unha substancia pegañenta. Nestes pelos préndense os insectos, atraídos pola cor e o cheiro, que son dixeridos para dotar a planta dun subministro de nitróxeno e fósforo. As flores pentámeras, de cor arroxada, están dispostas no extremo dun talo de ata 20 cm de alto. Os froitos en cápsula conteñen sementes aladas. Son propias de turbeiras e brañas acedas. En Galicia están presentes as especies: D. rotundifolia, as máis das veces en montañas, e D. intermedia. Como planta medicinal emprégase en infusións ou tinturas para calmar a tos, a bronquite e a farinxite. As súas propiedades baséanse nas naftoquinonas que teñen unha acción antiespasmódica. Tamén resulta antibacteriana, xa que inhibe o crecemento de bacterias...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das droseráceas.

    2. Planta da familia das droseráceas.

    3. Familia de herbáceas, da orde das nepentais, que presenta adaptacións foliares para a captura de insectos. Estas plantas, aínda que teñen capacidade fotosintetizadora, precisan dos corpos de animais, as máis das veces artrópodos, para obter nitróxeno e fósforo, feito que supón unha adaptación á vida en medios húmidos, como turbeiras, onde estes elementos son de difícil obtención para as plantas. Moitas delas teñen as follas alternas, dispostas nunha roseta basal, con glándulas que segregan substancias que permiten a dixestión das presas. Poden presentar estruturas nas que os animais quedan prendidos ao se pechar as follas sobre as que se pousan, ou mesmo quedan inmobilizados por substancias pegañentas. As flores, pentámeras e de pétalos libres, dispóñense en inflorescencias en cima e dan lugar a froitos en cápsula. A familia engloba unhas 100 especies, case todas do xénero Drosera, pero tamén hai dos xéneros Aldrovanda, planta acuática de follas verticiladas, Dionaea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argumento que pon en cuestión a compleción da mecánica cuántica polo que atinxe á descrición dos sistemas físicos. Basicamente afirma a incompatibilidade do principio de compleción co de acción local.

    VER O DETALLE DO TERMO