"Sado" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 221.

    1. de asar ou asarse.

    2. Forma de cocción por concentración, que se emprega para as carnes en xeral, as aves e os peixes de gran tamaño. Pode realizarse no forno ou no asador.

    3. Carne que está cociñada seguindo o método anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica a asar.

    2. Forno ou utensilio, xeralmente aguzado ou en forma de reixa, que se emprega para asar os alimentos.

    3. Restaurante especializado en ofrecer carne asada.

    4. Tipo de cerámica castrexa de forma redondeada, con paredes altas e fondos con furados. Interprétanse como pequenos fornos domésticos para asar ou torrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rianxo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concedido por real despacho do 27 de febreiro de 1693 co vizcondado de Cela a Xosé Pardo de Figueroa e Soutomaior, cabaleiro de Santiago, membro dos consellos de Castela e de guerra de Carlos II, asistente da cidade de Sevilla e mestre de campo e Presidente da Real Audiencia de Contratación de Indias. Este primeiro marqués da Atalaya, natural de Betanzos, morreu en Sevilla deixando como única herdeira a súa muller, María de Lezama, agás os bens raíces herdados de seus pais, que pasaron aos morgados da casa dos Pardo e dos Figueroa, aos que tamén se engadiron os oficios de rexedores das cidades da Coruña e Lugo. O título foi herdado polo irmán do primeiro marqués, Baltasar Pardo de Figueroa e, de seguido, foi cancelado polo vizcondado de Cela. Leva as armas dos Pardo de Figueroa: escudo partido onde a primeira partición leva en campo de prata unha aguia voante de sable e, na segunda, cinco follas de figueira de prata postas en aspa, sobre campo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atrasar.

    2. Que leva atraso con respecto a como debera ir.

    3. Que non é recente.

    4. Que está colocado máis atrás.

    5. Que ten débedas ou traballos pendentes.

    6. Que non vive, pensa ou obra de acordo cos usos actuais.

    7. Persoa que sofre algún atraso mental ou físico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atravesar.

    2. Que ten mal carácter ou tendencia a facer mal.

    3. Que lle gusta enredar e facer trasnadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produto orgánico orixinado por autólise.

    2. acina preparada con toxinas microbianas obtidas por filtración ou por centrifugación de cultivos de microorganismos que sufriron unha autólise.

    3. Extracto de lévedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se propulsa por si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avisar.

    2. Que ten ou actúa con bo criterio debido á prudencia e á experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que avisa.

    2. Aparello, dispositivo ou mecanismo capaz de emitir sinais ou avisos visuais, auditivos ou de calquera outra natureza, co fin de atraer a atención sobre unha indicación concreta, sobre unha situación que cómpre modificar ou sobre un perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario bilingüe publicado en Cienfuegos (Cuba) o 3 de febreiro de 1878 e que cesou o 2 de novembro dese mesmo ano. Dirixido por Domingo Devesa Naveiro e Xosé Porrúa Valdivieso, actuou como voceiro da Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia. Pode considerarse como a publicación decana da prensa galega en América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal diario, agás festivos, existente en Ourense dende o 11 de xullo de 1878 ata o 20 de agosto dese mesmo ano, cando chegaba ao número 28. Subtitulábase “Diario de intereses generales y materiales”. Colaboraron nel, entre outros: Elías Aldea, Arturo Vázquez e X. M. B. de Allariz. Contiña informacións políticas e culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago o 16 de marzo de 1846, que cesou o 5 de xullo dese mesmo ano. Foi subtitulado “Periódico de recreo y utilidad universal” e contaba coas seccións: “Parte Oficial”, “Santorum”, “Bibliografía”, “Variedades”, “La Publicidad” e “La Armonía”. Nelas trataba informacións da cidade, incluía artigos de literatura, biografías e novas de sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de tendencia liberal aparecido na Coruña en 1862, subtitulado “Diario independiente”. Fundado polos irmáns Ezequiel e Eladio Fernández de Miranda e por Gonzalo Brañas, antes de 1877 pasou a chamarse El Anunciador. Colaboraron nel moitos escritores de prestixio da época e, en 1864, publicou o folletín Contos da miña terra asinado por R. C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en Vigo en 1864 e que desapareceu coa revolución de setembro de 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu en Pontevedra en febreiro de 1881, durante doce días, por mor da sanción a El Anunciador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo monarca Filipe IV a Xerome Pimentel o 5 de marzo de 1625. Na actualidade está vacante. As súas armas son as mesmas ca as dos Pimentel; isto é, escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto cuarteis levan, en campo de ouro, tres faixas de goles; e o segundo e o terceiro cuarteis traen, en campo de sinople, cinco veneras de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático veneciano, dunha vasta cultura helenística. Foi embaixador veneciano na corte de Filipe IV de Castela (1648-1653) e embaixador en Roma (1661-1663). En 1673 foi nomeado cardenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concedido no 1607 a Juan de Zúñiga e de Requesens, fillo de Juan Alonso Pimentel, conde de Benavente, de Mencía de Requesens Zúñiga, e neto do gobernador Luis de Requesens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo Rei Carlos II, no Real Despacho do 27 de outubro de 1692, a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Ribadeneira, correxidor de Salamanca, cabaleiro de Santiago e señor de Parderrubias e da casa de Bendaña. Ao falecer este sen sucesión, o título pasou ao seu sobriño, Juan Benito Piñeiro e Ulloa, cabaleiro de Santiago e colexial maior de Cuenca. Esta caste leva como armas as dos Ulloa: escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles, cargadas cada unha destas con cadansúas tres (ou dúas) faixas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO