"Santa María" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga colexiata situada en San Braulio de Caaveiro, parroquia de Santa María de Cabalar (A Capela). Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1975.
-
IGREXAS
Igrexa situada no Vicedo. En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtivo a licenza de construción desta igrexa e a de San Pantaión de Cabanas aínda que o cabido de Mondoñedo se reservou os dereitos que correspondían a cada unha delas. De estilo oxival, construíuse a finais do s XIV e consta dunha nave con cuberta de madeira a dúas augas. A portada principal está formada por unha dobre arquivolta que enmarca un tímpano que acolle o escudo dos Andrade sostido por dous paxes. Conserva unha torre do s XVIII acaroada á fachada. O corpo que contén as campás é de planta cadrada coas esquinas en chafrán con catro vans circulares e o corpo superior é poligonal con catro vans. Diante da fachada hai un pórtico pechado que continúa pola beira dereita. No exterior do muro N existe outro pórtico que está sostido por columnas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. O arco triunfal é semicircular e apóiase sobre semicolumnas acaroadas. A porta principal está formada por arquivoltas semicirculares que se sustentan sobre columnas acobadadas, o tímpano está decorado polo Agnus Dei. Presenta un conxunto de canzorros románicos. No atrio consérvanse o coroamento do antigo baldaquino pétreo de finais do s XV, realizado en estilo oxival e que consta de tres arcos conopiais xunto a outros lobulados. En 1974 atopouse no atrio unha fábrica de ladrillos e tégulas da época romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Cambre, fundado no s X. No 942 os monxes Gutierre e Aloyto doaron todas as posesións do cenobio ao mosteiro compostelán de Antealtares. Funcionou primeiro como abadía dependente de Antealtares e despois como priorado. No 1141 a condesa Sancha González retirouse a Cambre e doou a igrexa de Santo Estevo de Morás. En 1489, trala reforma monacal, pasou a depender do mosteiro de San Martiño Pinario. Saqueado en 1489 por piratas ingleses, en 1809 foi incendiado polas tropas francesas e só permaneceu en pé a igrexa. Trala desamortización pasou a mans particulares. A igrexa, hoxe parroquial, é unha das catro construcións do románico rural galego que ten deambulatorio. Ten planta de cruz latina e tres naves no eixe lonxitudinal, e outra no cruceiro. As naves están datadas en 1194, segundo unha inscrición dun arco situado á beira do cruceiro feita por Michael Petri, mentres que o deambulatorio e as capelas son da primeira metade do s XIII. O presbiterio está...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela, obra de Miguel Ferro Caaveiro, quen a proxectou cara ao 1770. Ten planta rectangular cuberta con bóveda de aresta, agás na entrada que ten bóveda de canón. Destaca a fachada articulada con dous pares de pilastras xónicas que serven de apoio a un entaboado curvo e partido que acolle un grande óculo decorado cunha coroa de loureiro. O conxunto remata cun campanario de planta poligonal e catro vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Coruña. Datada no s XIV, conserva sinais románicos aínda que sufriu moitas transformacións. Ten tres naves e cabeceira con ábsida semicircular. Posúe tres portadas. Os tímpanos da fachada norte e sur (a máis antiga) están esculpidos, aínda que non se aprecie con claridade. En 1879 a fachada principal adiantouse, e eliminouse o pórtico. En 1945 desmantelouse a igrexa para previr un derrubamento. Na fachada principal os motivos decorativos son a Anunciación e a Epifanía, e as arquivoltas están decoradas coas figuras de anciáns que poden identificarse cos apóstolos e coa figura do Salvador no centro. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. No testeiro atópase unha pequena ventá semicircular con columnas acobadeladas nas xambas. O arco triunfal é semicircular peraltado, elevado sobre semicolumnas pegadas. A nave ten unha cuberta de madeira a dúas augas mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón da mesma directriz que o arco triunfal. A portada principal e a sur están formadas por unha dobre arquivolta semicircular sostida por columnas acobadeladas nas xambas. A espadana é do s XVIII. A tradición conta que a igrexa se erixiu en lembranza dunha batalla librada no s IX entre Ramiro I e os normandos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Italia levantada sobre a antiga cidade etrusca fundada cara ao 600 a C. Quedou baixo o dominio samnita no 424 a C e foi protectorado romano no 340 a C. Devastada polos vándalos (456) e destruída polos árabes (840), os seus habitantes trasladáronse a Casilinum, que recibiu o nome de Capua. Foi reconstruída na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cartelle. Construída en estilo barroco no s XVIII, pertenceu á orde do Temple e estivo baixo a xurisdición do arciprestado de Quiroga, en Lugo. Ten planta basilical de tres naves. No interior destaca o altar maior e no exterior a fachada barroca con frontón curvo e partido, óculos e tres portas. Posúe unha torre barroca, composta por un primeiro corpo prismático, un balcón con balaustrada, un corpo para acoller as campás e un remate articulado en dous corpos, onde se sitúa o reloxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Igrexa, non conservada, que tivo a súa orixe nun mosteiro de monxas beneditinas situado en Covelo e que recibía tamén o nome de santo Estevo. Probablemente foi construída no último terzo do s XII. Tiña unha nave, con ábsida poligonal, cuberta con bóveda de canón e arco triunfal de medio punto que descansaba sobre columnas pegadas. Tres ventás iluminaban o interior, todas de medio punto, situadas sobre columnas acobadeladas. Os seus restos están no parque de Mondariz e na capela de San Roque de Pontevedra.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. De estilo románico, foi constituída no s XIII aínda que xa existía como freguesía desde o s VIII. No interior destaca o arco triunfal, dobrado e lixeiramente apuntado, co arco menor dividido en pequenos casetóns, lisos ou con sinxela decoración xeométrica. A decoración dos capiteis é vexetal. Consérvanse pías de auga bendita decoradas con rostros humanos. A porta principal ten dobre arquivolta de medio punto, a maior delas co mesmo tipo de casetóns que aparecen no arco triunfal, motivo que se repite tamén na porta sur; en ambos os dous casos os capiteis son de follas moi estilizadas. O tímpano da porta oeste ten tres arquiños cegos e, sobre eles, unha cruz flanqueada por dous elementos vexetais que rematan en forma de voluta. No testeiro da ábsida hai unha ventá que presenta unha rica e inusual ornamentación, con casetóns no arco e columnas con capiteis decorados con aves enfrontadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Castrelo de Miño. As primeiras referencias documentais do s X relacionan esta igrexa cun mosteiro feminino. No 929 foi soterrado nela o Rei Sancho Ordóñez. En 1167, Fernando II dooulla ao bispo de Ourense. Posteriormente pertenceu e foi encomenda da orde de san Xoán de Xerusalén e pasou a depender da encomenda de Ortoño, da mesma orde, que quedou sometida á de Quiroga. Conserva trazos románicos na torre e na ábsida semicircular decorada con canzorros labrados e está cuberta cunha bóveda de canón que conserva pinturas murais con escenas do Xuízo Final. O arco triunfal é de medio punto. A nave do edificio reconstruíuse no s XVIII. As dúas portas son obra do mestre Francisco de Acosta Caballero.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vigo. Datada nas primeiras décadas do s XII, conserva unha inscrición do ano 1216 no interior. Pertenceu á encomenda de Beade da orde de san Xoán de Malta. Ten unha única nave e unha ábsida semicircular na cabeceira; a cuberta da nave é de madeira a dúas augas e a ábsida cóbrese con bóveda de canón no treito recto e de cuarto de esfera no semicircular. O exterior da ábsida presenta tres óculos ornamentados con axadrezados e flores de seis pétalos. Estes motivos están presentes na decoración das portas de arco apuntado das tres fachadas do templo, mentres que nos tímpanos o motivo decorativo é a cruz de Malta. As tres portadas son abucinadas e caracterízanse por ter os tímpanos decorados polas dúas caras, as arquivoltas apuntadas e dobradas, e con rosetas de seis pétalos como motivo ornamental básico, que se repiten no arco triunfal e no interior das ventás laterais da nave. A fachada principal ten unha ventá semicircular con seteira interior e remata nunha espadana...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Foi priorado do mosteiro beneditino de Carracedo (León) e do cisterciense de Montederramo. Da primitiva construción románica do s XII, planta basilical e tres ábsidas semicirculares, só se conservan parte dos muros e unha ábsida semicircular cuberta por unha bóveda de canón e outra de cuarto de esfera. No seu interior hai restos de pinturas murais de finais do s XV e un capitel prerrománico.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Portomarín. Construída a finais do s XII en estilo románico, no seu interior destaca o arco triunfal de medio punto, apoiado sobre un par de columnas con capiteis de sinxela decoración a base de follas e bólas. Na porta principal sobresae a disposición lonxitudinal das doelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no Cebreiro do que só se conserva a igrexa. A súa orixe está na fundación dun hospital para peregrinos e dun pequeno templo no s IX, fundados posiblemente por Xerardo, conde de Aurillac, despois de percorrer o Camiño de Santiago. O mosteiro noméase nun documento de doazón de Afonso III ao bispo de Iria no 833. Estas dependencias substituíronse por outras en 1072, cando Afonso VI lles cedeu o control do hospital aos monxes franceses da abadía de Saint-Geraud d’Aurillac, máis tarde anexionada á de Cluny. O mosteiro recibiu privilexios e doazóns de Afonso VI, Afonso VII e Fernando II. En 1487, os Reis Católicos, peregrinos a Compostela, ampliaron o primitivo hospital e separárono, grazas á bula de Inocencio III, de Aurillac. En 1496 pasou a depender da congregación de san Benito el Real de Valladolid ata a súa exclaustración en 1835. O deterioro que sufriu o conxunto monástico alongouse ata que no ano 1962 se iniciou a rehabilitación do hospital, convertido na Hospedería...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Bueu. Pertenceu á orde de san Xoán. De orixe románica, trala reconstrución do s XVIII só se conservou a absida do s XII. Ten unha soa nave, cuberta con artesoado de madeira e unha ábsida de planta rectangular cuberta con bóveda de canón apuntado. A ábsida presenta pola cara externa contrafortes que contrarrestan o arco faixón e serven de reforzo para a bóveda que recobre o presbiterio. O arco triunfal é apuntado e dobrado, con chambrana de rosetas e aresta baquetonada; a rosca descansa sobre un par de columnas con capiteis vexetais e bases áticas adornadas nos plintos con figuras humanas e rosetas. No arco faixón destaca a presenza dun personaxe cargando un saco que emerxe de entre as follas do capitel esquerdo. Ao fondo da ábsida ábrese unha fiestra de estrutura completa por dentro e por fóra, na que destaca un capitel con dúas aves picando nun recipiente cóncavo. A fachada principal presenta unha portada abucinada protexida por un beiril que se sostén mediante...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Culleredo. Construída en estilo románico do primeiro cuarto do s XIII, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón reforzada por un arco faixón. Ao S construíuse a sancristía, á que se accede por unha porta que se abriu aproveitando un arcosolio semicircular que no centro presenta un casco coa celada baixada. Os catro capiteis do presbisterio decóranse con motivos vexetais de talla plana e pegada á cesta, agás un do arco triunfal no que aparece unha figura antropomórfica. No exterior da ábsida consérvase unha fiestra abucinada rematada en dúas arquivoltas de medio punto sostidas por catro columnas con bases áticas e capiteis vexetais, e a chambrana ten círculos incisos entrelazados, superpostos e aliñados. A nave presenta unha colección de canzorros de proa con rolo e algún con cabezas de animais ou antropomorfas. A porta sur presenta un tímpano semicircular monolítico cun círculo no medio onde se inscribe unha cruz con trevos...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída contra o 1170 en estilo románico, consta dunha nave e dunha ábsida rectangular. O arco triunfal é de medio punto, peraltado e dobrado, a rosca menor apóiase nun par de columnas entregadas con bases áticas e capiteis con decoración vexetal e figurada: na esquerda asoma unha figura antropomorfa de entre follas, no lado S aparecen dúas aves enfrontadas picando nun obxecto situado no medio delas e en cada cara lateral está representado un cuadrúpede. O arco maior ten molduras con boceis e medias canas e cínguese por unha chambrana de billetes. No exterior destaca a colección de canzorros que sosteñen o beiril, especialmente os do muro N da nave, con figuras humanas e animais. No interior consérvanse tamén dúas pías bautismais antigas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Manzaneda, pertencente á ruta xacobea que atravesa estas terras. As súas orixes remóntanse o s XII, aínda que o edificio amosa diferentes estilos como resultado de diversas ampliacións. De planta rectangular, ten unha soa nave construída no s XVIII e unha cabeceira cunha ábsida e unha capela unida que datan do s XVI. Esta capela pódese relacionar cunha fundación que o abade García Núñez realizou no ano 1563. No interior destacan os retablos barrocos da Virxe María e da Virxe de Belén, e no exterior os restos románicos da portada principal.
VER O DETALLE DO TERMO