"Soči" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • Institución fundada en 1743 en Filadelfia (EE UU) por Benjamin Franklin “para a promoción dos coñecementos útiles”. É a academia máis antiga dos EE UU e está dividida nas seccións de ciencias exactas, ciencias naturais, ciencias sociais e ciencias humanas en xeral. Concede o Magellanic Premium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana dedicada a fomentar a propulsión por foguetes espaciais, a astronáutica e as ciencias afíns. Fundouse no ano 1930 en Nova York co nome de American Interplanetary Society. O nome de American Rocket Society adoptouse oficialmente no ano 1934 e mantívose ata o comezo de 1963 ao se fusionar co Institute of Aerospace Sciencies e crear a American Institute of Aeronautics and Astronautics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1972 baixo a presidencia de Felipe Bárcena Varela de Lima. Dende 1973 está presidida por Juan Manuel López-Chaves Meléndez. O seu obxectivo é a difusión e defensa do patrimonio artístico, rural e urbano de Galicia e o camiño de peregrinación a Santiago, especialmente os camiños portugueses. Entre as súas publicacións cómpre citar: Inventario de pazos y torres, Los canteros gallegos, Restos visigóticos de la villa de Panxón, La catedral raíz de Europa, Guía del horreo gallego e Caminos portugueses a Santiago. Amais dos premios acadados na súa andaina a prol do Camiño de Santiago e do turismo rural, merece especial atención a súa contribución no Consello de Europa a prol da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira asociación económica fundada en Galicia en 1783 polo Bispo Armañá. A súa actividade desenvolveuse sobre todo a partir da Real Orde do 18 de maio de 1834, que dispuña a constitución dunhas sociedades de dereito público para levar os principios do movemento da Ilustración a todos os recunchos do país, no eido económico e educativo. Crearon unha Escuela de Enseñanza Superior y Naútica en Ribadeo e unha cátedra pública de Matemáticas en Lugo. En 1841 o xefe político, Alexandre García, volveu promover a súa organización para apoiar o Goberno na protección da provincia en campos coma: Obras Públicas, Artes e Manufacturas, Comercio e Instrución Pública. Da última etapa desta sociedade só queda unha carta fechada en xaneiro de 1882.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada o 19 de xullo 1784 por Antonio Páramo y Somoza, cóengo da catedral de Santiago, xunto con outros eclesiásticos, universitarios, comerciantes, militares e nobres. A guerra e a inestabilidade política do país no primeiro cuarto de século motivaron a súa inactividade ata 1934. Os seus obxectivos ían encamiñados a arranxar os problemas da sociedade galega e as necesidades dos composteláns en todos os campos: educación, industria, pesca, agricultura ou gandería. Elaboraron informes e publicaron semanarios para denunciar a situación de atraso e explotación que sufrían os galegos -sobre todo no campo, na pesca e na emigración- co fin de buscar solucións xurídicas prácticas. Promoveron o establecemento do ferrocarril en Galicia e a creación da Caja de Ahorros de Santiago (1880). Estableceron, así mesmo, academias de debuxo, música, comercio, artes e oficios ou escolas de adultos, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade creada o 22 de febreiro de 1957 por José Benito Pardo e Pardo. Dende novembro de 1966 depende da Asociación Española de Amigos de los Castillos -tendo en Galicia unicamente a sección provincial de Lugo- que está presidida por Carlos Ferreiro Rodríguez. O seu marco de actuación xira ao redor de castelos e fortalezas, ademais doutros monumentos como pazos, mosteiros, catedrais ou igrexas. Organizan visitas aos monumentos máis destacados de España e Europa e, desde 1964, convocan ciclos de conferencias, entre outros actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confesión cristiá fundada en Inglaterra por George Fox no ano 1668. Os seus membros, chamados amigos ou amigos da Verdade, axiña foron denominados cuáqueros. Sofreron diversas escisións, aínda que teñen en común a afirmación da superioridade da ‘luz interior’ (the inward light) que xunto co Espírito Santo, guía a cada fiel uníndoo máis estreitamente a Cristo. Teñen prohibido o xuramento e néganse a facer o servizo militar. O culto redúcese á oración en silencio. Gobérnanse a base de decisións que se toman nas reunións (meetings). William Penn colonizou, xunto con cuáqueros fuxitivos da revolución inglesa, a rexión de América do Norte que, na súa honra, foi chamada Pensilvania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anisometría celular, especialmente dos eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario á orde social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ferrol en 1901 que desapareceu en abril de 1905. Subtitulado como “Semanario socialista, defensor de los trabajadores y del pueblo”, foi editado na imprenta do xornal La Marina. Ao cabo dun ano de andaina tiña unha tiraxe de 300 exemplares. Foi o sucesor de El Bien del Obrero (1900-1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro cultural para a educación do proletariado, fundado na Coruña o 14 de xullo de 1936. No seu domicilio social da rúa dos Feáns impartíase unha formación obreira de claro carácter anarquista, fundamentada nas bases da educación libertaria promovida e organizada por Ferrer i Guardia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma peculiar de determinismo racial creada simultaneamente en Francia por Georges Vacher de Lapouge (1896) e en Alemaña por Otto Ammon (1898), baseada en estatísticas interpretadas baixo o prexuízo da superioridade do louro dolicocéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Pontevedra entre 1919 e 1920 subtitulado “Órgano de la Sociedad Patronal y defensor del Comercio y de la Industria”. Mantivo numerosas polémicas con xornais republicanos, agraristas e socialistas deses anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en abril de 1982 en Berdillo, concello de Carballo. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento cultural, así como á súa difusión e promoción no medio rural fomentando a participación en diversas actividades de carácter lúdico e cultural: de música, baile, teatro, cociña, fotografía, horticultura, corte e confección, deporte ou educación de adultos, entre outros. A asociación conta con varios grupos de música e baile tradicional: Bilitroque e Pinalla (baile), Arume e Chorima (cantareiras), Os Chumbalóns (cantareiros), amais dun grupo de gaiteiros, a agrupación teatral Arume Treatro e o Grupo de Cámara de Berdillo dedicado ao arranxo e interpretación de música irlandesa, centroeuropea, española e galega, ben tradicional ou ben de autores dos séculos XVII-XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de asociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser asociado.

    VER O DETALLE DO TERMO