"Teresa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 43.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que interesa.
-
-
Inspirar interese en alguén.
-
Facer que os demais se interesen por algo que se escribe ou se fala.
-
Afectar ou danar algo unha parte do corpo.
-
Sentir ou amosar interese por algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo desde 1997 a 2002. De carácter divulgativo, tratou a actualidade artística galega, especialmente todo o referido ás artes plásticas. Editada por Galaxia e dirixida por David Barro López, publicáronse doce números cunha periodicidade inicial cuadrimestral para logo pasar a ser irregular. Contiña recensións literarias, análises de actualidade e entrevistas referidas á arquitectura, cine, fotografía, teatro ou danza en Galicia.
-
PERSOEIRO
Actriz, bailarina, coreógrafa e directora de escena belga. Realizou estudios na escola Mudra de Bruxelas e en Nova York. Despois de presentar varios espectáculos como Asch ou Fase, en 1983 creou a compañía Rosas, coa que estreou nese mesmo ano o espectáculo Rosas danst Rosas, que lle valeu o recoñecemento internacional e no que mostrou os seus trazos máis característicos: minimalismo, movemento baseado en accións sinxelas e cotiás, traballo con obxectos básicos, forte acompañamento musical, ausencia de escenografía e a presenza única da muller bailarina. Outros traballos seus son Bartóc Aantekeningen (1986), Toccata (1993), Just Before (1997) ou Drumming (1998). Xunto con Pina Bausch ou Lucinda Childs, é unha das grandes formuladoras do xénero denominado danza-teatro e unha das coreógrafas máis destacadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) desenvolveu unha intensa actividade escénica. Fundou Nueva Escena, dirixiu o Teatro de Arte e Propaganda de Madrid e Guerrillas de Teatro, e tivo un papel destacado nas actividades culturais republicanas. Das súas obras destacan Contra viento y marea (1941), Morirás lejos (1942), Fábulas del tiempo amargo (1962), Memoria de la melancolía (1970), Cervantes. El soldado que nos enseñó a hablar (1978) e La libertad en el tejado (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. É autora de traballos de historia e crítica literaria publicados no Anuario de estudios literarios galegos (1992). Publicou A difusión dos cancioneiros galego-portugueses na Galicia no século XIX (1989) e Névoas de antano (I Premio de Investigación Lingüística-Literaria Carballo Calero, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Licenciada en Belas Artes e catedrática de instituto, participou en numerosas exposicións individuais e colectivas. Asina as súas obras co pseudónimo Calabuig-Prado tralo seu matrimonio co pintor Jesús Calabuig Roig, co que realizou obra conxunta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, secularizouse en 1802 e foi un independentista mexicano. Foi autor de Cartas de un americano al español (1811-1812) e Historia de la revolución de Nueva España (1813).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Estudou piano en Galicia, canto no Conservatorio Superior de Música de Madrid e ampliou estudos con Monserrat Caballé, Danielle Ferro e Ian Baar. Profesora de canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo desde 1992, o seu repertorio abrangue desde a música barroca ata a contemporánea. Formou parte da banda sonora do filme El rey pasmado (1992) e gravou para a CRTVG o programa O son dos clásicos e dous concertos pola celebración do Xacobeo’99. Participou no Festival Are More de Vigo en 2000 e 2002 e interpretou papeis protagonistas na ópera La Dolores, de T. Bretón, e na zarzuela La bruja, do mestre Chapí. Recibiu o Premio Nacional de Música (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Licenciada en Belas Artes e profesora de Comunicación Audiovisual na Universitat Politècnica de València a partir de 2002, expuxo en València (1990), Gandía (1992) ou Vigo (1996). Participou noutras mostras colectivas como a Exposición Universal de Mie (Xapón) e a VII Fotobienal de Vigo (1996), ademais de formar parte da colección permanente do CGAC.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora e escritora. Colaboradora da revista Grial, en que publicou artigos sobre Rosalía de Castro e Castelao, é autora do traballo Estruturas narrativas y elaboración lingüística en cuatro novelas de Alejo Carpentier (1998) e coordinadora do volume Lugo, una radiografía (1996). Ademais, escribiu os libros de relatos Relatos (1990), traducido ao castelán en 1991, e A illa (1991), ambos os dous con ilustracións de Ánxel Huete. Neles reflicte algúns dos temas que máis afectan ao ser humano, como a soidade, a ausencia ou a incomunicación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. De ideoloxía marxista, foi dirixente das Joventuts Unificades de Catalunya (1937) e fundadora da Aliança Nacional de la Dona Jove (1937-1939). Exiliada en París, Praga e nalgúns países americanos, é autora de obras de carácter autobiográfico, como Quan èrem refugiats (1975); crónicas de viaxe, como Nadal a Porto (1995, Premi de les Lletres Catalanes); novelas de fición, como Segrest amb filipina (1986); e ensaios, como Cròniques de nàufrags (1976) e L’art d’envellir (2002). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (2001) ao conxunto da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Profesora titular de Dereito Internacional Público da Universidade de Santiago de Compostela, foi subdirectora do Centro de Documentación Europea. Escribiu La Actividad exterior y comunitaria de Galicia: la experiencia de otras comunidades autónomas (1997), Derecho internacional público, organización internacional, Unión Europea: recopilación de instrumentos jurídicos fundamentales (1999) e Conflitos armados, refugiados y desplazados internos en el Derecho Internacional actual (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Piragüista. Do seu palmarés destacan os campionatos de España en K-1 500 m (2000 e 2004) e en K-4 1000 m (2004), ademais do de Europa en K-1 200 m (2002 e 2004), K-2 200 m (2004) e K-4 200 m (2002 e 2004).Obtivo tamén a medalla de bronce no campionato de Europa en K-2 e K-4 500 m (2004), a medalla de ouro no campionato do Mundo en K-1 200 m (2002) e a medalla de prata no campionato do Mundo en K-1 e K-4 200 m (2003). Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004) e obtivo o quinto posto en K-2 e K-4 500 m. En 2005 participou no campionato Mundial de piragüismo (Zagreb, Croacia) onde obtivo a medalla de ouro en K-1 200 metros, a medalla de prata en K-2 200 metros e Medalla de bronce en K-4 200 metros. En 2006 , no campionato Mundial de piragüismo (Szeged) obtivo o ouro en K-1 200 metros e K-4 200 metros e a prata en K-2 200 metros. Nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 obtivo o cuarto posto nos 200...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora, filla de Francisco Puy Muñoz. Licenciouse en Belas Artes na Universidad de Salamanca. Paisaxista, con doses de abstracción, recibiu a influencia do expresionismo e da pintura veneciana e pintou con manchas fugaces. Nas súas obras expresou un mundo persoal, humanizado, en violetas, azuis ou brancos. Participou en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, e da súa produción destacan Carballo viejo (1996) e Estanque de los peces rojos (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora, filla de Fernando Quesada Porto e Ana Legido Soto. Coñecida como Marieta Quesada, estudou Belas Artes en Sevilla e ampliou a súa formación cunha bolsa de paisaxe en El Paular (Segovia). Desde a figuración foi afondando na abstracción nunhas obras onde busca suxerir o contraste entre o material e o espiritual da realidade, polo que se sitúa entre o realismo e a maxia do surrealismo. Nas súas paisaxes destaca o tratamento da paisaxe onde, tras unha análise parcial do mesmo feita a través de distintas capas de veladuras, acada unha visión totalizadora. Realizou tamén bodegóns, retratos e murais, como o encargado polo concello de París para a fachada dun edificio do canal de San Martiño (1993). Das súas obras destacan La reina y su reino (1986), Autorretrato (1991), Tras el Cristo (1998), La Campiña, Invierno azul (2001), Desaliento (2003), Tormenta (2003) e Descendimiento (2004). Acadou unha ampla proxección...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Profesora de historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en arte galega. Publicou Aportaciones al barroco gallego: un gran mecenazgo, Algunas transformaciones realizadas en la Catedral de Santiago en el siglo XVII y principios del XVIII (1986), Documentos sobre arte gallego (1986) e Nuevas aportaciones a la arquitectura civil compostelana en el siglo XVIII (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. En 1962 ingresou en Els Setze Jutges e debutou en 1965. Cando en 1968 foi seleccionado para cantar no Festival de Eurovisión, provocou un escándalo por querer cantar en catalán. Editou discos con poemas de Machado, M. Hernández, J. Salvat-Papasseit e M. Benedetti. Da súa discografía destacan Tal com raja (1980), En tránsito (1981), Cada loco con su tema (1985), Material sensible (1989), Utopía (1992), Nadie es pefecto (1994), D’un temp, d’un país (1996), Sombras de la China (1998), Cansiones (2000), Versos en la boca (2002) e Serrat sinfónico (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anastasia Strataki.
-
PERSOEIRO
Arquitecta. Doutora en Arquitectura, foi arquitecta municipal de Marín e traballou con César Portela durante seis anos. En 1991 creou o seu estudo de arquitectura. Conselleira titular do Consejo Superior dos colexios de arquitectos de España, en 2003 integrouse en dúas comisións do Consello de Arquitectos de Europa e converteuse na primeira muller en ser decana do COAG. En 2005 converteuse en conselleira de Vivenda, en representación do BNG.
VER O DETALLE DO TERMO