"UEO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 62.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de medidas tomadas por Napoleón I para pecharlle ao Reino Unido todos os portos do continente. O decreto de Berlín de 1806 prohibía todo comercio ou correspondencia coas Illas Británicas. Gran Bretaña compensou a perda do mercado europeo intensificando o seu comercio coas colonias españolas de América. Europa padeceu as consecuencias do bloqueo, reflectidas nunha baixa do comercio colonial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín anual que apareceu en Ourense en 1943 e que cesou en 1953. A iniciativa da súa creación correspondeulle ao grupo de colaboradores do Museo Marcelo Macías, entre os que estaban Xesús Ferro Couselo, Basilio Osaba e Ruiz de Erenchun que eran, ao mesmo tempo, directores do grupo e do boletín. A Xoán Fernández Pérez concedéuselle o título de director honorario. Tamén os colaboradores pertencían na súa maioría ao grupo do museo, persoas como Arribas Arranz, Florentino L. Cuevillas, Xosé Fernández Gallego, Olga Gallego Domínguez, Xosé Puga Brau, Vicente Risco, Carlos Vázquez Rodríguez ou Xesús Taboada Chivite. Só publicaba artigos en castelán e contaba con dúas seccións que se denominaban “Crónica del museo” e “Revistas de intercambio”. Aínda que se centrou na divulgación de traballos de investigación histórica ou arqueolóxica, tamén serviu como noticiario das actividades internas e de difusión do museo. Cómpre destacar que todos os artigos estaban ilustrados con láminas, fotografías,...
-
-
Acción e efecto de branquear.
-
Práctica agrícola encamiñada a acadar que os órganos (follas, talos, etc) de certas especies hortícolas (leituga, escarola, apio, etc) queden tenros e sen pigmentación. Con este fin protéxense da luz as partes destinadas ao branqueo.
-
Tratamento con auga quente, vapor a presión ou presión atmosférica ao que se someten os alimentos, polo xeral produtos vexetais, antes da deshidratación, da conxelación ou do envasado. Axuda a preservar as vitaminas e a apariencia externa do alimento, incrementa a velocidade de secado e axuda a unha rápida reconstitución do produto seco. Presenta algunhas desvantaxes, como a perda de sabor picante e de sólidos solubles, azucres, sales e proteínas, ou dunha certa cantidade de vitaminas.
-
Baño químico empregado para eliminar a totalidade ou unha parte dunha imaxe. Emprégase no revelado de películas e na preparación de copias para darlles tons axeitados.
-
Operación de branquear a moeda de billón, unha vez fabricada, para darlle mellor aspecto.
-
Baño químico no que se combinan branqueador e fixador. Emprégase no procesado en cor e coñéceselle tamén co nome de blix.
-
Acción de branquear diñeiro. Trátase, normalmente, dunha entrada clandestina de diñeiro negro no circuíto monetario, sobre todo procedente do tráfico de drogas e doutras actividades ilícitas, para legalizalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións destinadas a contrarrestar o bloqueo que impón un inimigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desbloquear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé métrico da poesía grecolatina composto por dous troqueos, isto é, por catro sílabas que se suceden alternando a súa cantidade, de xeito que á primeira sílaba longa lle segue unha breve, logo intercálase outra longa e finaliza cunha breve.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina da arqueoloxía que estudia os restos culturais localizados en formacións subterráneas naturais, entre outras, covas, grutas e cavernas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que conxuga o estudo das culturas contemporáneas (etnográficas) coas producións materiais (arqueolóxicas), para comprender as relacións de comportamento das comunidades.
-
-
Acción de flanquear.
-
Técnica que garante a seguridade das tropas en marcha. Consiste en situar un pequeno núcleo de tropa sobre cada un dos accesos á zona da marcha da unidade, denominada flanqueo fixo, ou ben facer marchar pequenos núcleos da tropa en paralelo á marcha da unidade, coñecida como flanqueo móbil.
-
-
-
Acción de franquear unha carta ou un paquete que se envía por correo.
-
Cantidade que se paga en selos por esta operación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘traballo’.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao maniqueísmo ou aos seus seguidores.
-
Seguidor do maniqueísmo.
-
-
Que ou quen aprecia as cousas segundo os principios absolutos do ben e do mal, sen matices e sen un estadio intermedio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores e da verba dos daordes ou telleiros que corresponde ás voces ‘tabaco’ e ‘fume’.
-
PERSOEIRO
Personaxe bíblico. Tío e titor de Ester, colaborou con ela na liberación dos xudeus baixo o dominio babilónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade específica de pesca que consiste na actividade extractiva dirixida á captura de mariscos. Galicia posúe unhas condicións naturais excepcionais que propician un hábitat axeitado para o desenvolvemento das diferentes especies de marisco, moi abundantes na comunidade galega, tanto en variedade como en cantidade. Malia esta riqueza, a actividade marisqueira non adquiriu un cariz económico propiamente dito ata ben entrada a década de 1970, e non foi racionalizada a extracción ata datas moi recentes. Pola sobreextracción que existía, co tempo converteuse nunha actividade controlada, que necesita un permiso de explotación (permex) regulado pola lei 425/1993 do 11 de maio de Pesca de Galicia. Estes permisos de explotación son diferentes en función do tipo de recurso a extraer e do sistema utilizado para a extracción. No caso do permex para embarcación, o permiso habilita o patrón e non os tripulantes, e as embarcacións deben contar cun número máximo e mínimo de tripulantes....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico de titularidade estatal fundado en 1867, situado en Madrid. A súa finalidade é a conservación, investigación e difusión dos seus fondos, así como o apoio documental e divulgativo dos novos proxectos arqueolóxicos e científicos. As súas coleccións abarcan desde a prehistoria ata o s XIX, pero destacan os vestixios pertencentes á prehistoria, protohistoria, Antigo Exipto, Próximo Oriente, Grecia, Roma, Idade Media e Moderna, así como o gabinete numismático. Realiza tamén exposicións temporais e conta cunha biblioteca especializada en publicacións científicas de arte, historia, arqueoloxía e museoloxía, cun arquivo e cun servizo fotográfico. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico situado en Cambre. Creouse en 2001 para acoller os restos romanos atopados na vila e a reconstrución do xacemento. Integrouse na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico fundado en 1914 pola Sociedade Pro-Monte da Guarda, para acoller os vestixios prehistóricos atopados no monte Santa Tegra, onde se trasladou en 1950. Atópase nun edificio baseado nun proxecto de Antonio Palacios. Custodia restos arqueolóxicos, ourivaría, numismática, cerámica e escultura, das idades de Pedra e dos Metais e sobre todo os achados castrexos, dos que sobresae a colección de esvásticas. Conta tamén cunha colección numismática de moedas romanas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico e histórico inaugurado en 1968 e situado no castelo de Santo Antón na Coruña. De titularidade municipal, pertence ao Consello Galego de Museos. A súa colección componse de pezas da prehistoria e da historia antiga de Galicia, procedentes maioritariamente de escavacións arqueolóxicas realizadas na provincia. A chamada Casa do Gobernador está dedicada á lembranza dos principais feitos acontecidos na cidade, como a expedición de Drake ou a Batalla de Elviña. Edita a revista Brigantium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo arqueolóxico provincial situado desde 1951 no palacio episcopal de Ourense. De titularidade autonómica, a súa orixe atópase en 1895 cando a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu reunir nun museo os restos arqueolóxicos que formaban parte do Museo de Pinturas. En 1993 a sección de etnografía, con sede en Ribadavia, separouse e converteuse nun museo independente. A súa colección arqueolóxica e artística componse de restos megalíticos, castrexos, galaico-romanos e prerrománicos, así como de importantes pezas escultóricas renacentistas e barrocas e pinturas dos ss XVII e XIX. Tamén posúe unha mostra de mobiliario e artes decorativas. Pertence ao Consello Galego de Museos. En 1941 creouse o Grupo Marcelo Macías de colaboradores do museo, encargado de publicar o Boletín Auriense. A sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1962.