"Vigo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 93.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Memoria editada en Vigo a partir do ano 1909 na imprenta de La Concordia. Figuraba como presidente da entidade Ricardo Senra Fernández, alcalde da cidade. Estaba dividida en dúas seccións: “Memoria” e “Datos estadísticos de 1904 a 1908”, na que aparecían cadros económicos ilustrativos. Reapareceu en 1927 co subtítulo de “Balance general y resumen de operaciones”. Seguiu editándose ao longo dos anos e foi introducindo artigos de interese económico e social como “Préstamo al Real Club Celta para adquisición del estadio de Balaídos” (1945) ou “Operaciones del Monte de Piedad” (1945). Nos boletíns posteriores (1985) xa aparece unha división máis estruturada, no que se incluían as seccións: “Análisis del Balance”, “Organización Administrativa”, “Marketing”, “Personal” e “Relaciones públicas y publicidad”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada polo Concello de Vigo o 26 de novembro de 1983 co obxectivo de acoller e educar a nenos pobres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Club Celta de Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1905 na que se reagruparon as cinco sociedades obreiras definidas como “apolíticas” xurdidas da entrada da Federación de Trabajadores de Vigo na UGT co reforzo da súa dirección por parte do PSOE local. Alentado polas Sociedades de Pintores y Albañiles, de Carpinteros y Ebanistas, e de Canteiros, duplicou con posterioridade o número de entidades federadas e acadou 1.500 socios no ano 1909. Ao mesmo tempo, iniciou un achegamento ao anarcosindicalismo da man de militantes anarquistas, como Luís Plaza ou Federico Sánchez. Como consecuencia, as Sociedades de Carpinteros e de Mecánicos estiveron representadas por Plaza no Congreso fundacional da CNT de 1910. En marzo de 1911, o Centro impulsou a creación da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia, á imaxe da Solidaridad Obrera catalana, xunto coa totalidade do anarcosindicalismo coruñés. Para refrendar a influencia libertaria no societarismo vigués apolítico, esta institución delegou a súa presenza no I Congreso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada o 10 de novembro de 1927 por un grupo de residentes portugueses en Vigo. O seu obxectivo é divulgar a lingua e cultura portuguesas mediante a organización de diversos actos de promoción da música, das artes, do folclore e das relacións entre España e Portugal. Entre os seus proxectos, cómpre destacar a creación da primeira Cámara de Comercio Luso-Española e a organización das Primeiras Xornadas Galaico-Portuguesas. Entre os asistentes aos seus coloquios figuran cineastas, como Ernesto Sousa, autores, como Urbano Tavares Rodrigues, e intérpretes, como Mafalda Arnauth.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Vigo o 12 de marzo de 1891 co nome de Centro de Instrución Mercantil. En 1904 tomou a denominación de Círculo Mercantil e Industrial; en 1951, a de Círculo Recreativo Mercantil e Industrial e en 1965, a de Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo. O seu primeiro presidente foi José A. Priegue e, dende 1996, ocupa a presidencia Manuel Vila Ruibal. Naceu como unha asociación que reunía os comerciantes da época. Os seus fins son a promoción de actividades culturais, recreativas e deportivas para os seus socios, sen ánimo de lucro. Agás un período no que se situou no desaparecido Teatro Rosalía Castro, dende o seu nacemento tivo a sede na rúa do Príncipe, inaugurada polos reis Afonso XIII e Victoria Uxía o 28 de setembro de 1927. Nestas instalacións están as oficinas, o salón rexio, a cafetería, a sala de xogos e billar, o ximnasio e a biblioteca, a primeira que se informatizou en Galicia e que conta con 30.000 volumes, ademais de revistas, xornais e servicios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de carácter empresarial fundada en 1993. Naceu co obxectivo de reunir os empresarios do Sur de Galicia nun foro empresarial que reafirmase o liderado de Vigo no desenvolvemento industrial de Galicia e do Norte de Portugal, e que promovese a colaboración entre os empresarios e o impulso da cultura empresarial. Entre outras actividades realiza conferencias, mesas redondas e coloquios sobre temas económicos e empresariais. Presidido por José Manuel Fernández Alvariño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de voleibol fundado en Vigo en 1969 no seo do Colegio El Pilar. En 1971 acadou o seu primeiro ascenso á División de Honor, categoría que disputou a tempada 1971-1972. Malia rematar clasificado novamente, tivo que renunciar a ela por carecer de cartos para afrontar a participación. En 1973 ascendeu de novo á División de Honor; sen embargo, aconteceu o mesmo que na anterior ocasión e, tras competir na tempada 1973-1974, viuse obrigado a renunciar. Pasado un ano acadou o terceiro ascenso e disputou a liga de División de Honor. Esta vez superou mellor as dificultades económicas e mantívose na categoría durante cinco tempadas consecutivas, ata a 1979-1980. Nesta época conseguiu un terceiro posto na Copa do Rei (1976) e varios dos seus xogadores foron convocados pola selección española (Emilio Vallina, José Miguel Fuentes, Camilo Rodríguez, Eduardo Fernández e Ricardo Collazo). Ademais o equipo feminino, creado en 1975, proclamouse campión da Copa da Raíña en 1977. Pasadas esas cinco campañas,...
-
SEMANARIOS
Semanario que se publicou por primeira vez en xaneiro de 1894 na cidade de Vigo. Francisco Carraque, o seu fundador e director, só editou 20 números deste periódico na súa imprenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano colectivo creado entre os anos 1978 e 1979, que agrupou distintas organizacións feministas de Vigo (AGM, ADMG, FIGA e MDM). A organización autónoma das mulleres foi un dos seus sinais de identidade, e as súas actividades recolleron desde a mobilización polos dereitos específicos das mulleres ata a reivindicación pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres na lexislación. No ano 1980, a FIGA desligouse da Coordinadora Feminista, que pasou a converterse nunha soa organización, legalizada no ano 1984. Desde 1981, formou parte da Coordenadora Nacional de Organizacións Feministas de Galicia (CNOF), aínda que mantivo unha dinámica propia. Froito da diversidade das ideas e dos proxectos feministas e políticos das mulleres que a compuñan: diferencias sobre o lugar de traballo institucional, marcos socio-políticos de actuación, orientación das campañas, etc, algunhas integrantes desta organización sumáronse nos anos 1985 e 1986 á formación doutros grupos feministas como Alecrín e Donicela....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación creada a finais do ano 1988 no seo do Real Club Náutico de Vigo como complemento ás actividades deportivas e para abandeirar os actos culturais do Club. Composta por 50 voces mixtas, interpreta todo tipo de obras corais, dende coros de ópera e zarzuela ata música sacra ou clásica, así como un amplo repertorio do folclore galego, portugués e hispanoamericano. A súa estruturación e dirección, dende a súa fundación, foi obra de Francisco Rey Rivero, musicólogo e compositor. Ademais das súas actuacións periódicas no Club, realizou máis de cen concertos en diversas cidades de España e do estranxeiro, entre os que destaca a actuación ante a colonia galega de París e o concerto que ofreceu ao Parlamento de Estrasburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada en 1978 polo seu director Joaquín Carvajal en colaboración con Moisés Alonso, organista da catedral de Tui-Vigo. Presentouse en decembro dese mesmo ano na igrexa dos Capuchinos de Vigo. Membro da Federación Coral Galega (FECOGA), foi un dos pioneiros en Galicia en incluír preferentemente no seu repertorio compositores da polifonía dos ss XV, XVI e XVII (cancioneiros de Palacio, Upsala, Guerrero, Morales e Tomás Luis de Victoria), ademais de pezas do s XX e folclore galego. Realizou numerosas actuacións no territorio galego, no norte de Portugal e noutras cidades de España e participou, entre outros eventos, no Certame Internacional de Tolosa e no de Avilés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de José Luis Pereiro Alonso, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1981), que expón e reflexiona sobre a historia urbanística viguesa e atende tanto aos proxectos como ás realizacións, especialmente ao seu desenvolvemento nos ss XIX e XX. Segundo a obra, que constitúe un dos principais estudios urbanos realizados en Galicia, a urbanización de Vigo nesas dúas centurias respondeu a intereses especulativos, malia que non faltaron en diversos momentos proxectos e plans urbanísticos deseñados para construír unha cidade máis racional que, sen embargo, as máis das veces foron desbotados. A permisividade das autoridades responsables foi un dos factores que propiciou a adopción de modelos urbanizadores nos que, en xeral, primaron os intereses inmediatos dos promotores inmobiliarios, afastados das necesidades da poboación, que se viu abocada, segundo as conclusións do autor, a habitar un espazo inseguro, insalubre e, en certo sentido, inhóspito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar a forza ou o vigor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre o topónimo Vigo -derivado do termo vicus ‘barrio’- e mais a preposición de indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Iohan Martinez de Vigo” (doc ano 1315 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 643). Adoita grafarse De Vigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en abril de 1884 en Vigo e que se definiu como democrático. Cesou o 31 de agosto de 1885 (nº 400) e foi substituído por El Independiente. Fundado e dirixido por Federico Rodríguez Arosa e Emiliano Taboada Fernández, contou cun consello de redacción formado polos propios directores, xunto con Luís A. Mestre e Ángel Bernárdez. Aínda que a maior parte dos seus artigos ían asinados por un “corresponsal”, colaboraron nel Manuel Navarro Murillo, Daniel Balaciart e Héctor F. Varela. Imprimiuse todos os días, agás festivos, nos obradoiros tipográficos de Taboada e Rodríguez. A súa vinculación co republicanismo levoulle a diversos enfrontamentos co bispo de Tui, Fernando Hué, quen condenou a súa edición mediante un decreto de excomuñón asinado en decembro de 1884. Publicou o folletín por entregas La Rosa de Castro, de M. Pedro Napoleón Bonaparte, que se repartía conxuntamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada para o goberno, administración e promoción dos intereses da provincia de Vigo, proclamada polas Cortes españolas o 13 de xullo de 1821. Funcionou provisionalmente dende decembro de 1821 ata o 5 de maio de 1822, data na que se celebraron nos 11 partidos da provincia as eleccións para designar os seus membros. A entrada na cidade de Vigo das tropas do xeneral Morillo, que desertara e se unira coa súa guarnición de Lugo ao exército expedicionario enviado pola Santa Alianza (Os Cen Mil Fillos de San Luís), significou a súa disolución na práctica o 4 de agosto de 1823, que se consumou legalmente coa derrogación da Constitución por decreto do Rei Fernando VII en novembro dese ano. A Revolución de 1840, secundada pola Milicia Nacional e o Concello de Vigo, supuxo unha segunda e breve restauración da provincia de Vigo (21.10.1840-6.11.1840), pero tampouco se chegou a constituír como acontecera en 1836, cando un decreto gobernamental do 26 de maio (que finalmente non se chegaría...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Devigo.