"Zas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 134.

  • GALICIA

    Político. Enxeñeiro agrónomo pola Universidad Politécnica de Madrid, en 1978 fundou a empresa Digrama SL e en 1991 Valdamor SA, na que desempeñou o cargo de secretario e conselleiro-delegado; en 1981 foi nomeado director-xerente da Cooperativa do Ribeiro. Foi conselleiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (1989) e presidente da Confederación de Empresarios Ourensáns (1993). Foi elixido deputado por Ourense na candidatura do Partido Popular nas eleccións de 1993, cargo que abandonou para presentarse á alcaldía de Ourense, obxectivo acadado en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Foi mestre da Escola Mestre Mateo e en 1973 ocupou a cátedra de Debuxo da Escuela de Bellas Artes de Barcelona. Na súa obra, dificilmente clasificable, predomina a materia sobre a liña e o debuxo. É colaborador da Revista Galega do Ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o luns de Pascua no mosteiro de Armenteira (na parroquia da Armenteira, concello de Meis).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Coñecido co pseudónimo de Mundo Cal, desenvolveu a súa actividade dende os anos setenta. Foi a partir de 1980 cando viaxou por diferentes países do sur e centro de América como Nicaragua, Guatemala, El Salvador, Panamá e México, nos que había conflitos armados, realizando reportaxes fotográficas; amais, co mesmo propósito, percorreu outros países do norte de África. As súas imaxes reflicten o sufrimento pola guerra e o xeito de vida das xentes que habitan eses lugares. En 1988 pasou a colaborar coa organización non gobernamental Entrepobos, fundamentalmente en proxectos de cooperación en Centroamérica e con refuxiados en Quintana Roo e Chiapas (México). Entre as numerosas exposicións nas que participou destacan: Fotoxornalistas galegos, Nicaragua. A revolución acosada (1983), Testemuñas (1996) e Sobrevivir (1997). Tamén a nivel profesional, colabora con diversos xornais e revistas como El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario 16 de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha (3.750 h [1996]). Situado ao SO de Talavera de la Reina, na marxe dereita do Tajo, preto do encoro de Azután. Economía principalmente agrícola (cereais, legumes, viñas, oliveiras) e gandeira, gando lanar, vacún e porcino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político liberal. Comerciante e banqueiro en Madrid, contribuíu coa súa fortuna á defensa de Zaragoza, representou a Aragón na Junta Suprema Central (1808) e foi ministro de Finanzas (1823) durante o Trienio Constitucional. En 1849 contribuíu á formación do partido progresista-democrático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco de guerra destinado a combater submarinos, dotado de cargas de profundidade. As súas funcións tamén as realizan os destrutores ou as lanchas antisubmarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao SO da cidade de León (2.203 h [1996]). A agricultura é a base da súa economía, principalmente o cultivo da viña e os cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela entre xaneiro e abril de 1813, primeiro na imprenta de Los Dos Amigos e, despois, na de Manuel María de Vila. Defendeu firmemente as doutrinas absolutistas. Foi moi polémico, xa que acollía escritos de carácter político que despois criticaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado o 5 de xaneiro de 1976 como plataforma para a participación política dos partidos nacionalistas galegos na reforma política de España trala morte de Franco. Afirmaba o dereito de autodeterminación de Galicia e de ruptura democrática co franquismo. Estaba formado pola Unión do Pobo Galego (UPG), o Partido Socialista Galego (PSG) e o Partido Galego Social-Demócrata (PGSD), e asistiu como observador un representante do Partido Popular Galego (PPG), partido que non chegou a integrarse. Incorporáronse tamén a Asamblea Nacional-Popular Galega (ANPG), como plataforma asemblearia de participación política, o Partido Carlista de Galicia (PCdG), seguidor da fracción esquerdista do carlismo, e o Movemento Comunista de Galicia (MCG). Desde a súa creación, elaborou propostas programáticas para a consecución dos seus obxectivos e publicou as Medidas económicas para un Goberno provisorio galego e as Bases constitucionais para a participación galega nun pauto federal. No primeiro dos textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano consultivo de participación institucional e de asesoramento do Consello da Xunta de Galicia en materia de Formación Profesional Regulada e Ocupacional, adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Decreto 348/1990, do 22 de xuño, e modificado polo Decreto 223/1994, do 7 de xullo). Entre as súas competencias, cómpre destacar as seguintes: propoñer accións para mellorar a orientación profesional; realizar a elaboración, seguimento e actuacións do programa galego de ensinanzas técnico-profesionais; emitir informes sobre os proxectos e plans de estudios e propoñer novas titulacións e certificacións de profesionalidade en materia de formación profesional ocupacional; avaliar as iniciativas e propostas dos axentes sociais implicados na actividade laboral; propoñer os criterios de homologación dos centros colaboradores na formación profesional ocupacional; e emitir informes e avaliar os concertos e convenios que asinen as diferentes consellerías en materia de formación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto coral creado no ano 1932 en Bos Aires. A finais de 1936 pasou por unha etapa crítica que implicou cambios na directiva; foi nomeado presidente Victoriano Martínez e director da agrupación Isidro Maiztegui, e pasou a denominarse Agrupación Artística e Cultural Ultreya. Paralelamente, realizáronse actos culturais nos que se compaxinaban conferencias sobre a cultura galega e actuacións musicais que contaron coa activa participación de Emilio Pita. En 1939 tentouse sen éxito a fusión nunha soa sociedade do coro, baixo a presidencia de Ramón Rey Baltar, coa Casa de Galicia e co Grupo Galeguista. O resultado foi a retirada de diversos membros de Ultreya e do Grupo Galeguista, que constituíron a Irmandade Galega. Das súas actuacións destaca a realizada no Teatro Solís de Montevideo en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación folclórica fundada en Vigo por María Méndez de Besada. Baixo a dirección de Moisés Alonso Valverde, realizou numerosas actuacións pola xeografía española. Recibiu a Medalla de Bronce e o diploma no I Certame Nacional da Canción Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu á encomenda de San Xoán de Portomarín. Da primitiva igrexa románica de finais do s XII só se conserva a porta principal con dúas arquivoltas de medio punto peraltadas, a maior apoiada sobre un par de columnas acobadadas e rodeada dunha chambrana de billetes en axadrezado. Os capiteis substituíronse nunha reforma posterior e non se conserva o tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Avión baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortiza.

    2. Liñaxe que trae, en campo de sinople, unha torre de ouro, superada dunha vieira de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e dramaturgo. Publicou diversas pezas para o público máis novo, como O coleccionista de sombras (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1987, 1990) ou O incrible invento de Solfis, o pianista (Premio Xeración Nós de teatro infantil 1990, 1994). Outros textos seus son Romance de Bernal o francés (Accésit do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago 1994, 1995); e Un dragón no camiño (historia incrible pero certa, para ser representada por un grupo de faranduleiros a pequenos e grandes, mesturando monicreques e sombras chinesas nunha escenificación deslumbrante e talvez enmeigadora) (1995), finalista do I Concurso de Obras Teatrais Inéditas Camiño de Santiago no ano 1994. No campo da narrativa publicou Memorias dun río (Premio Barco de Vapor, 1978), A merla de trapo (Premio Merlín 2001) ou Cázame ese pensamento! (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO