"albi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 59.

  • Ausencia total ou parcial de pigmento nun organismo. Nos animais maniféstase na despigmentación da pel, nos ollos e nos pelos e é ocasionado polo bloqueo da síntese de melanina, determinado por un xen recesivo. Nos vexetais prodúcese por falta de clorofila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está afectado polo albinismo.

    2. Termo tipográfico que indica a impresión dun selo sen tinta, en estampación en seco. Permanece sobre o papel a presión, e é visible á luz rasante, pero sen ningunha pegada de cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeneral romano que se atribuíu a divindade imperial á morte de Cómodo (193). Foi recoñecido polas provincias occidentais do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do latín albinus ‘abrancazado’ derivado do adxectivo albus ‘branco’. Orixinariamente debeu ser un apelido alusivo á cor clara da pel e do pelo que co tempo chegaría a converterse en antropónimo. A festa de santo Albino, Bispo na Galia (s VI), venerado como Aubin ou Albin, celébrase o 1 de marzo e o 15 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista e mestre de canto italiano. Na liña de evolución instrumental de Vivaldi, escribiu unha cincuentena de óperas, sonatas, balletti, concertos e sinfonías. Bach recuperou algúns dos seus temas para fugas. A súa obra estivo esquecida ata que no s XX volveu ser obxecto dun crecente interese, especialmente os seus Concerti grossi e o popular Adagio, obra creada polo musicólogo italiano contemporáneo R. Giazotto a partir dun fragmento orixinal manuscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que gregos e romanos daban a Gran Bretaña e que aínda se emprega en retórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Albión ou aos seus habitantes.

    2. Individuo dun pobo céltico establecido na época prerromana no S de Inglaterra, probablemente relacionado cos albións do convento lucense.

    3. Pobo indíxena da Gallaecia romana que segundo as fontes romanas, fundamentalmente Plinio e Ptolomeo, ocupaba os vales do Navia e o Eo no Convento Lucense. Esta mesma fonte cita a presencia dun tal Nicer Clutosi, príncipe dos albións, de quen se conserva a súa estela, excepcional documento arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser albiscado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. er ou percibir algo ao lonxe sen distinguilo con claridade.

    2. Observar certos indicios que poidan indicar que algo vai suceder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura explosiva de baixa temperatura de explosión, a base de nitrato amónico (61%), nitrato de guanidinio (24%) e nitroguanidina (15%). Actualmente case non se utiliza.

    2. Silicato de aluminio e sodio, NaAlSi 3 O 8 , do grupo dos feldespatos. Cristaliza no sistema triclínico, e presenta maclas polisintéticas repetidas e moi características; de exfolación perfecta, incolora, transparente e inatacable polos ácidos. Ten unha dureza 6-6,5 e peso específico 2,63. É un mineral esencial nos granitos e sienitas xa que é o compoñente máis ácido da serie isomorfa das plaxióclasas. Ten unha forma polimórfica chamada periclina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo cal os feldespatos de diversas rochas se transforman en albita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba perenne, con talos de ata 100 cm de altura, glabra, de follas ovadas ou amplamente lanceoladas, de flores brancas ou rosadas, agrupadas en cimas densas, e de froitos capsulares oblongos. Emprégase contra a asma e algúns males da pel e, polo seu contido en saponinas, como sucedáneo do xabrón. Atópase amplamente distribuída por toda Galicia, en lugares húmidos, beiras de regatos e preto de camiños ou leiras.

    2. escrofularia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á cidade de Albí ou á rexión do Albixés.

      2. Dise impropiamente da doutrina cátara ou catarismo, por ser descuberta por vez primeira no Albixés.

    1. Adepto á doutrina profesada polos albixenses.

    2. cruzada albixense

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mesía baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Boas novas.

    2. Agasallo que recibe a persoa que trae unha boa noticia ou que achega algo positivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores ou arbustos caducifólios da familia das mimosáceas de follas bipinnadas con flores de estames aparentes e vistosos. Propios de zonas cálidas de África, Asia, Australia, algunhas especies como A. julibrissin son empregadas en xardinería en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político portorriqueño. Dirixiu o Partido Nacionalista do seu país, antiestadounidense e defensor do terrorismo. Estivo prisioneiro dende 1936 ata 1943, e novamente no 1950, acusado de participar no frustrado atentado contra Truman. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de mercadores florentinos orixinaria de Arezzo, enriquecida coa industria da la. Nos ss XlV e XV apoiou o partido güelfo. Maso Albizzi (1347-1417) gobernou a República de Florencia (1382-1417) instaurando a ditadura da oligarquía mercantil. Rinaldo Albizzi (1370-1442) anexionou Pisa e Liorna e opúxose aos Médici. A súa política represiva provocou a súa caída (1434) e exiliouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Histólogo e embriólogo. Foi profesor de Embrioloxía Comparada no Collège de France. Descubriu os cromosomas politénicos nas células das glándulas salivais das larvas de Chironomus.

    VER O DETALLE DO TERMO