"asia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 168.

    1. Relativo ou pertencente ás personaxes de nome Anastasio.

    2. Denominación xenérica aplicada a dúas constitucións, a primeira decretada polo Emperador Anastasio I (491-518) e, a outra, polo Emperador Xustiniano (527-566) que é complemento da anterior, cun texto do epítome grego chamado Basílicas. Limitaba os dereitos dos cesionarios de accións ou créditos adquiridos por un prezo concreto e reducía o importe a reclamar do debedor da cantidade realmente satisfeita pola transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego cristián Anastásios, derivado de ἀ νάστασις ‘resurrección’. Este nome inventárono os cristiáns e puxérono de moda por mor da súa significación. Da forma feminina independizouse un antigo hipocorístico que xa hai varios séculos adquiriu por terras de Muros categoría de nome oficial: Tasia. Documéntanse 16 celebracións distintas de santo Anastasio pero non ten parroquia nin romaría propia en Galicia. Outras variantes deste nome son Tasio/Tasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión asiática de Turquía. A península de Anatolia está constituída por un núcleo antigo, a Plataforma Central (con 700 m de altitude media ao O e 400 ao L), ao redor da que se sitúan os cordais do dobramento alpino: montes do Ponto ao N e montes Tauro ao S. O clima da Plataforma Central é continental; os ventos son secos e a vexetación é esteparia. Na costa as temperaturas son máis suaves e hai máis humidade. O ámbito que comprende o nome de Anatolia foi aumentando co paso dos séculos. Na época bizantina, Anatolia era un distrito militar no O da Península; a comezos da época otomana era a parte asiática do imperio que comprendía o O e o N da Península; o actual estado turco comprende, administrativamente, a totalidade do territorio asiático, incluídos os sectores armenio e mesopotámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antonomasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica consistente no uso dun epíteto, título oficial, etc, en lugar do nome propio dunha persoa, como cando se di o Apóstolo por Santiago Apóstolo; ou, de xeito inverso, o uso dun nome propio en lugar dun apelativo, como cando a un gran pintor lle chamamos un Laxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia ou interrupción do desenvolvemento dun tecido ou dun órgano.

    2. Alteración grave da médula ósea caracterizada por unha diminución das células nai hematopoéticas, cunha notable redución da produción dos elementos sanguíneos. Diferénciase a aplasia medular primitiva ou idiopática, de causa descoñecida, da aplasia medular secundaria, que pode ser debida a unha exposición a diversos axentes tóxicos. As consecuencias clínicas son: anemia, por falta de hemacías; trastornos hemorráxicos, por falta de plaquetas, e alteracións inmunitarias, por falta de leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de abandonar alguén a relixión que profesa xeralmente para adherirse a outra.

      2. Rexeitamento total da fe cristiá, unha vez recibido o Bautismo.

      1. Para un relixioso, abandono, sen dispensa, dos votos solemnes.

      2. Para un ordenado in sacris, abandono das ordes, sen licencia, e retorno á vida laica.

    1. Acción de desertar, de abandonar unha doutrina, un partido, unha agregación calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    É o maior dos continentes (45.077.999 km2; 3.611.658.000 h [estim 1998]). Non hai, en rigor xeográfico, transición con Europa, (fálase dun Gran Continente Boreal ou da Eurasia), pero considérase como fronteira convencional a marcada polos montes Urais, o Mar Caspio e os estreitos do Bósforo e dos Dardanelos. Está separada de América do Norte polo estreito de Bering e do resto de América polo Océano Pacífico; o Océano Índico, o Mar Vermello e o istmo de Suez sepárana de África. Deste xeito, os seus extremos (excluíndo as súas illas e arquipélagos) pódense situar nos 26° 10’ de lonxitude L (no cabo Baba, en Turquía), pola parte occidental, e 164° de lonxitude O (no cabo Dežnev, en Siberia) pola parte oriental, e entre 77° 41’ N (cabo Čel’Uskin, en Siberia) e 1° 16’ de latitude N (no cabo Buru, na península de Malaca).
    Xeografía física

    Xeoloxía e relevo
    Asia é o continente de maior extensión e, ao mesmo tempo, o de maior altitude...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece tamén a península de Anatolia, especialmente na historiografía da Antigüidade clásica. O poboamento da Asia Menor comezou no Paleolítico superior e medio. Do Paleolítico superior só son coñecidos xacementos de facies auriñacenses. Atopáronse mostras de arte rupestre do tipo do Paleolítico superior, con gravados e pinturas, na rexión de Anatolia. O Mesolítico foi bastante parecido ao do resto de Oriente. Asia Menor adquiriu unha grande importancia cultural a partir do Neolítico, do que se coñece un xacemento clave, Çatal Hüyük, cidade na que se desenvolveu dende o 6500 ao 5650 a C o Neolítico cerámico. Tamén se atoparon restos dun Neolítico precerámico en Hacilar, xacemento datado arredor do 7000 a C, onde tamén se deu un Neolítico recente que dá paso ao Calcolítico ata o 5000 a C. Este Calcolítico semella ser o máis antigo de todo o Oriente, xa que Asia Menor é a única zona rica en metais; o xacemento máis coñecido é Mersin e tamén os niveis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa do Imperio Romano creada por Constantino I no 330 d C. Era unha das tres divisións en que foi repartida a Asia Anterior ou Menor. Comprendía as provincias do Helesponto, Lidia, Frixia, Caria, Licaonia, Pisidia e Pamfilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana constituída no ano 133 a C a raíz da anexión por Roma do Reino de Pérgamo, que comprendía a parte occidental da península de Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado aos depósitos privados, denominados dólares, situados en bancos asiáticos (principalmente en Singapur e Hong Kong).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor de Xeografía e Historia (en institutos de ensino medio galegos). Preocupouse pola formación psicopedagóxica e polos avances didácticos de comezos do s XX. Por este motivo, en 1934, sendo profesor de Xeografía no Instituto de Lugo, trasladouse a Alemaña. Publicou Lecturas escolares. Grado Superior. Hispano-América (1932) e outros libros de texto para institutos de Ensino Medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos asiánicos.

    2. Termo creado para designar un grupo de pobos do Oriente Próximo antigo onde as súas linguas, chamadas tamén asiánicas, non se identificaban nin como semíticas nin como indoeuropeas. Entre estas linguas incluíase o sumerio, o elamita, o casita, o hatti, o lubio, o licio, o lidio e o cario. O estudio, moi difícil pola escaseza de documentos ou pola escuridade destes, revelou o carácter artificioso desta denominación feita sobre unha base simplemente xeográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo literario ou artístico propio de autores gregos ou latinos clásicos, oposto ao aticismo, caracterizado pola exuberancia, a complicación e abuso de artificiosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite de telecomunicacións asiático, coñecido anteriormente co nome de Westar VI. Foi lanzado en abril de 1990 por un foguete chinés que realizaba a súa primeira misión comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Asia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Asia.

    3. Dise do estilo literario artístico ou exuberante, complicado e artificioso.

    4. Unha das formas sociais que teñen ou tiveron vixencia histórica segundo os autores que se inspiraron nos estudios de Marx sobre a evolución histórica das sociedades. O modo de produción que corresponde á forma social asiática baséase na propiedade estatal da terra, instituída para levar a cabo traballos colectivos a grande escala implicados nunha agricultura de irrigación artifical. No interior da comunidade local, moi cohesionada pola ausencia da propiedade privada do solo, existe un forte vencello entre a agricultura e o resto da produción. A necesidade de irrigación artifical reclama un poder central regulador. A supraestrutura política deste modo de produción é o despotismo oriental. Esta forma social foi dominante no Exipto, Mesopotamia, Persia, India, China e outros países dende o artellamento das comunicades primitivas ata a introdución do capitalismo comercial. A partir do 1956 ampliouse a países non asiáticos: América precolombina, África precolonial e Mediterráneo protohistórico.

    5. Luxo estremo.

    6. Os territorios que compoñen a ampla área de Asia e Oceanía, posúen de antigo unha rica tradición teatral que destaca pola súa orixinalidade e diversidade. Nos máis de corenta estados e nacións situados neste continente pódese identificar case un centenar de diversas formas de espectáculo teatral, con trazos pertinentes e diferenciais que refliten as características culturais, sociais e lingüísticas de cada comunidade na que se produce e desenvolve. Con todo, durante os séculos nos que esta tradición se creou e desenvolveu, producíronse interferencias, transferencias e intercambios. Así, malia os trazos diferenciais, é posible establecer paralelismos e características comúns; ademais, as diferentes escolas teñen unha mesma raíz, pois todas elas proceden do teatro pacego, folclórico, ritual ou relixioso. En xeral, pódense distinguir tres grandes liñas de traballo teatral: o teatro de actor, que é o máis importante e o que presenta maior número de variantes, o teatro de sombras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional que ten como obxectivos impulsar o progreso económico, social e cultural dos países do SL de Asia e constituír un foro onde se discuta sobre a paz e a estabilidade da rexión. Creada en Bangkok (8.8.1967), os seus membros fundadores son Brunei, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur e Tailandia. Vietnam ingresou no 1995 e, no 1997, fixérono Laos e Myanmar. Camboxa e Papúa-Nova Guinea asisten ás xuntanzas da organización en calidade de observadores e Corea do Sur posúe un estatuto especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segunda muller de Pericles. Nacida en Mileto, viviu en Atenas como hetera. Pertencía ao círculo intelectual máis avanzado da época xunto con Anaxágoras, Protágoras, Herodoto e Fidias. Acusada de ateísmo polos opositores de Pericles, el mesmo se encargou de defendela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación das Nacións do Sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO