"cali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

    1. Dise dos metais calcio, estroncio, bario, radio e os seus compostos.

    2. Cada un dos elementos metálicos da serie: calcio, estroncio, bario e radio, pertencentes todos eles ao grupo IIA da táboa periódica. Son sólidos dúctiles, de cor branca prateada. Os seus átomos teñen só dous electróns no nivel máis externo, que se perden facilmente, deixando un catión divalente, coa configuración electrónica dun gas nobre. A estabilidade desta configuración e o feito de que o segundo destes electróns se perde máis facilmente ca o primeiro, fai que a súa valencia sexa sempre dúas. En comparación cos metais alcalinos, os alcalinotérreos dan ións de radio máis pequenos, funden e ferven a temperaturas elevadas e ademais teñen unha densidade maior. A súa electropositividade e a súa reactividade química son inferiores. Non obstante , reaccionan facilmente cos halóxenos, co osíxeno e coa auga, e dan hidróxidos fortemente básicos. Para obtelos libres cabe utilizar electrólise ígnea ou redutores moi potentes. Os seus carbonatos son insolubles na auga. Ao aumentar o número atómico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de álcalis nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que atribúe aos sindicatos un papel fundamental na reivindicación laboral obreira e na loita pola consecución da revolución social. A fusión do pensamento bakuninista e a acción societaria por medio dos sindicatos obreiros creou un primeiro movemento anarcosindicalista, especialmente forte na Península Ibérica. Pero foi coa CGT francesa (1895) cando deu un gran salto e perfilou as características esenciais da súa doutrina: apoliticismo, acción directa e folga xeral para conseguir a instauración dunha sociedade sen clases. O anarcosindicalismo tomou parte das ideas de Marx, no que se refire á loita de clases e á organización independiente do proletariado, pero rexeitaba a creación dun partido político obreiro; do anarquismo, recolleu a negación da acción parlamentaria; de Georges Sorel, a teoría da folga xeral e a negativa a considerar a folga xeral como unha simple abstención do traballo ou como manifestación de masas. Estes principios foron recollidos na carta de Amiens (1906),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anarcosindicalismo.

    2. Partidario do anarcosindicalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente antialcalino que remedia ou prevén a alcalinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que remedia ou prevén a alcalinidade.

    2. Que resiste a acción dos álcalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitudes ou opinións que demostran animadversión cara ao clero ou son contrarias á inxerencia da Igrexa en asuntos da vida civil. Malia que o anticlericalismo é unha práctica que xorde no ambiente intelectual dos ilustrados decimonónicos, algunhas manifestacións medievais e modernas, como os fabliaux franceses, as sátiras de Boccaccio ou o Libro del buen amor do Arcipreste de Hita, poden ser consideradas tamén baixo esta perspectiva. Un precusor moderno do anticlericalismo é Erasmo de Rotterdam, quen conecta coa antedita tradición medieval, á que lle engade, alén da simple denuncia da corrupción nos costumes dos relixiosos, un afán reformista. Non obstante , foi Voltaire quen deu corpo doutrinal a esta corrente anterior (unificando o indutivismo de Locke, a física de Newton e, sobre todo, a psicoloxía sensorialista de Locke) e a situou no ámbito político. Dende 1740, Voltaire defendeu a tolerancia relixiosa; o seu lema Ecrasez l’infâme! (Destruíde...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Revelación dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá. O mito da apocalipse, que culmina coa Gloria de Deus, é propio da mentalidade do pobo xudeu, que debido ao seu carácter nómada vivía na espera do seu establecemento final na Terra Prometida. Así, se os padecementos individuais sufridos durante a vida terrea serían recompensados coa permanencia despois da morte a carón de Deus, os da humanidade toda rematarán despois da Apocalipse. Os textos que configuran a literatura apocalíptica teñen, xa que logo, un carácter consolador, contrastando o feito do advenimento do mal co triunfo final da Gloria de Deus e a Salvación. Nunha linguaxe simbólica e escura, fálase de revelacións divinas e acontecementos que han suceder nun futuro afastado. Fundamentalmente é unha visión optimista da historia: o futuro será mellor porque a vitoria será de Deus, do ben fronte do mal, e porque se establecerá un mundo mellor e definitivo. A literatura apocalíptica...

    2. Estado catastrófico, tremendamente problemático, ou de moi difícil resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Apocalipse.

    2. Que parece da Apocalipse.

    3. Que inspira un horror sublime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboación do Convento Xurídico Lucense e núcleo, xunto con Aquae Celenae, do populus prerromano dos cilenos. A localización actual aproximada estaría nos arredores de Cuntis, cando menos polo que se desprende dos traballos de Tranoy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1997 agrupa o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Orujo de Galicia, o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, o Consello Regulador da Denominación Específica Mel de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo do Cebreiro, o Consello Regulador do Produto Galego de Calidade Mexillón de Galicia, o Consello Regulador da Denominación Específica Pataca de Galicia, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla, o Órgano Rector do Produto Galego de Calidade Queixo de San Simón, o Consello Regulador da Denominación Específica Lacón Gallego e o Consello Regulador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de México, na costa occidental, comprendida entre o océano Pacífico e o golfo de California. Ten unha forma alongada (1.100 km) e estreita (uns 100 km de largura media). O golfo de California foi explorado primeiramente por Francisco de Ulloa (1539-1540). A península está dividida administrativamente entre a Baixa California Norte e a Baixa California Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de México, situado na península da Baixa California (69.921 km2; 2.112.140 h [1995]). A capital é Mexicali. Está formada por unha longa chaira costeira e aliñacións montañosas, continuación das serras americanas. O río máis importante é o Colorado, ao N, que aproveitan conxuntamente os EE UU e México para usos agrícolas. Cidades importantes son Tijuana e Ensenada, porto á beira do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de México, situado na península de Baixa California (73.475 km2; 375.494 h [1995]). A capital é La Paz (137.641h [1990]). Está formada por unha longa e larga chaira litoral e aliñacións montañosas como a Sierra de la Giganta. A actividade máis importante é a agricultura, debido aos proxectos de irrigación que aproveitan as augas subterráneas, seguida da pesca e da gandería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter sindicalista editada en Ferrol entre os anos 1913 e 1914. De periodicidade semanal, estivo alentada pola corrente ácrata disconforme coa traxectoria da Federación de Sociedades Obreras local, moi influída pola militancia obreira socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento do Valle de Cauca, Colombia (1.985.906 h [estim 1997]), situada nun val da serra Occidental dos Andes, á beira do río Cauca. Centro dunha rica área agrícola, é o núcleo urbano máis importante do occidente de Colombia. O seu aumento demográfico, obrigou ao desenvolvemento de barrios obreiros no extrarradio, como o de La Merced. É un núcleo industrial (produtos químicos, papel, maquinaria, plásticos e alimentos) e un centro comercial, favorecido por ser un nó de comunicacións, tanto de estradas como de ferrocarril (ferrocarril do Pacífico). É sede da Universidad del Valle. Foi fundada en 1536 por Sebastián de Benalcázar. A crise pola que atravesa Colombia, potenciada polo conflito armado entre a guerrilla comunista, os grupos paramilitares e o exército colombiano, e agravada polo narcotráfico, que en Cali ten un cártel especialmente activo (o Presidente Samper foi derrotado por Pastrana, entre outras cousas, porque se demostrou a súa vinculación coas redes do narcotráfico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras cos significados de ‘belo’ e ‘fermoso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido polo alcume de Veronese, estudiou debuxo no taller de Antonio Badile. A súa primeira obra foi un retablo para a familia Bevilacqua realizado entre 1546 e 1548. As súas obras iniciais recollen a tradición do renacemento veronés, como o uso de cores contrastadas ás que engade unha composición máis complexa ao empregar a perspectiva trompe l’oeil. En 1552 realizou para a catedral de Mantua A tradición de Santo Antón. En 1553 instalouse en Venecia e comezou a traballar xunto a Panchino na decoración dos teitos do Palacio Ducal (1553-1554). Entre 1555 e 1556 realizou os frescos da igrexa de San Sebastiano, onde empregou as cores de tons puros e contrastados. Entre 1560 e 1562 realizou a decoración pictórica de Villa Barbaro en Maser, onde pintou arquitecturas finxidas que representaban escenas alegóricas e mitolóxicas nas que retratou os propietarios da vila. O gusto polas escenografías amósase nas representacións relixiosas, que lle serviron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo conseguido no ano 449-448 a C entre o político ateniense Calias e o monarca persa Artaxerxes en Susa. Puxo fin ás Guerras Médicas garantindo a autonomía das cidades gregas de Asia Menor e asegurou a hexemonía ateniense no Mar Exeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cálibes.

    2. Individuo do pobo cálibe.

    3. Pobo que habitou a zona oriental do Ponto Euxino. Segundo a tradición grega, os cálibes foron os primeiros que traballaron o ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO