"CAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul en 38 a C, foi procónsul en 35 a C na Península Ibérica e dirixiu unha campaña contra os pobos prerromanos situados na parte occidental. En 34 a C fundou a colonia de Norbensis Caesarina (Cáceres).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que se coñece comercialmente a procaína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tribuno da plebe romano. En 215 a C, durante a guerra contra Aníbal, propuxo a creación da Lex Oppia, para reprimir o luxo e a fastosidade das damas romanas. En 195 a C foi revogada, a pesar da oposición de Catón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artefacto que permite reducir notablemente a velocidade dun corpo dentro da atmosfera, especialmente nun descenso ou nunha caída. Consiste, xeralmente, nun tecido moi resistente, que adopta unha forma máis ou menos cupular ao despregarse, e que vai fixado a unhas cordas de nailon e do que sae un conxunto de correas e tirantes que se axustan arredor da persoa que o utiliza. Baséase no principio de presentar unha gran superficie de resistencia ao aire que se opón á aceleración da gravidade. Segundo a forma da superficie do paracaídas distínguense catro tipos básicos: o de vela completa, que presenta unha soa abertura, chamada cheminea, situada na parte central superior do casquete hemisférico; o de fendas, que presenta unha ou diversas fendas dispostas meriodional ou transversalmente sobre o casquete, e o paso por elas permite manobrar minimamente durante o descenso; o de tobeiras, que presenta un complexo sistema de aberturas, de formas diversas, que permiten controlar...

    2. Dispositivo de seguridade dos ascensores, montacargas e outros aparatos semellantes, que impide a caída acelerada no caso de rotura dos cables. Se se produce unha rotura, os cables perden tensión e acciónanse automaticamente unhas pezas dentadas que agarran fortemente as guías e bloquean a cabina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade que consiste en lanzarse en paracaídas con finalidade bélica ou deportiva. Como actividade deportiva apareceu tras a Segunda Guerra Mundial. Hai dous tipos de probas: a de precisión na aterraxe, en que o paracaidista demostra a súa destreza e precisión; e a de estilo, en que se efectúan diversas figuras durante o descenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa adestrada no descenso en paracaídas, especialmente o militar instruído para lanzarse dun avión e combater ao chegar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política francesa que naceu en 1920 a partir da escisión producida no congreso de Tours da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO). Entre 1934 e 1938 formou parte da Fronte Popular. Durante a ocupación nazi de Francia participou activamente na Resistencia, pero a partir de 1947 quedou novamente illado. En 1972 o XX congreso elixiu como secretario xeral a Georges Marchais, que sucedeu a Waldek Rochet e dirixiu o partido cara ao eurocomunismo, para volver despois á ortodoxia marxista--leninista. O triunfo do Parti Socialiste en 1981 deulle ao PCF catro ministerios no novo goberno de maioría socialista, colaboración que rematou en 1984. A desaparición dos réximes do leste entre 1989 e 1990 non pareceu afectarlle xa que no XXVII congreso (1990) se reformou na liña da ortodoxia comunista. A secretaría xeral ocúpaa Marie-George-Buffet. Posteriormente volveu ter ministros no goberno. Das súas publicacións destaca o diario parisiense L’Humanité.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de Santalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Samos. Construída en estilo románico en pedra de lousa, con posterioridade engadíuselle un corpo rectangular no lado S. Consta dunha nave rectangular e ábsida con tramo recto e curvo cubertos con bóveda de canón e de cuarto de laranxa. Do interior destaca o retablo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa María de Alta (Lugo). O seu cumio acada os 598 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. Coñecido como Juan Rulfo, integrouse no grupo de escritores que crearon un universo propio, Comala, para convertelo en escenario onde se desenvolven as súas historias. Na súa obra reflicte as dificultades da súa infancia, especialmente as loitas relixiosas da ‘guerra de los cristeros’ e o falecemento dos seus pais, pero tamén se manifesta o seu carácter sensible e romántico. Apaixonado da literatura clásica, está considerado como un dos representantes do realismo máxico. Os seus personaxes, que se moven en escenarios rurais de México, representan e reflicten o tipismo do lugar, cos seus grandes problemas, o atraso, a miseria, o caciquismo, onde a presenza da morte, a violencia, a degradación e a sexualidade son unha constante. Todas estas preocupacións reflectiunas tamén no seu arquivo fotográfico, composto por máis de 6.000 negativos. Da súa obra destacan a colección de pequenos relatos El llano en llamas (1953), centrada na vida dos labregos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (193-194). Fixo a carreira militar e ingresou no Senado. Foi gobernador de Siria tras o asasinato de Pertinax (191), pero, derrotado por Setimio Severo, fuxiu e foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Pacífico Sur que, xunto cos atois deshabitados de Henderson, Ducie e Oeno, constitúen unha colonia británica (4,6 km2; 44 h [estim 2000]). Os seus poboadores son os descendentes dos homes do amotinamento do navio Bounty e de mulleres tahitianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, sobriño e fillo adoptivo de Plinio o Vello. Coñecido como Plinio o Mozo, formouse con Quintiliano, exerceu como avogado e ocupou diversos cargos civís e militares. Autor do Panegyricus Traiano ditus, protexeu a algúns literatos da época e os cristiáns, que previamente condenara ao suplicio. Amigo de Tácito, estimou a elocuencia e proclamouse seguidor de Cicerón e Demóstenes, pero a súa oratoria foi artificial, como tamén as súas máis de 350 Epistulae, ordenadas en dez libros, que constitúen a parte máis importante da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Coñecido co nome de Plinio o Vello, autor segundo o seu sobriño de obras históricas e gramaticais, cun estilo máis científico ca literario. Membro da clase dos equitas, cando subiu ao poder Vespasiano recibiu cargos de confianza. Redactou entón unha historia de Roma, hoxe perdida, e a Naturalis Historia, dedicada a Tito e publicada no ano 77, a súa única obra conservada, en que constan moitos datos. Conselleiro de Tito, estaba considerado un dos homes máis eruditos da Roma da época. Partiu o 24 de agosto do ano 79 para tomar notas da erupción do Vesubio e morreu nesta empresa, sepultado pola corrente volcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón literario outorgado pola entidade bancaria Caixanova e dirixido a autores de textos poéticos. Convocado por vez primeira en 2002, constitúe o premio poético de maior dotación económica de Galicia. Foron galardoados Xavier Seoane, con Dársenas do ocaso (2003), María do Cebreiro, con Non queres que o poema te coñeza (2004) e Román Raña con A metamorfose do túnel (2005), que se incluíron na colección Arte de Trobar, editada por Caixanova e o PEN Club de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anestésico local sintético introducido en 1906. Foi empregado como anestésico, como retardante da excreción da penicilina e en xeriatría. OBS: Coñécese comercialmente como novocaína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político africano fundado en 1946 por Félix Houphouët-Boingy, Daniel Quezzin Coulibaly e Sekou Touré. O seu obxectivo era conseguir a independencia dos territorios baixo a administración francesa do norte do golfo de Guinea. Ao acceder os estados africanos á independencia dividiuse en diversos partidos independentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político fundado en 1947 por Charles de Gaulle. Triunfou nas eleccións municipais de outubro daquel mesmo ano e nas lexislativas de 1951 obtivo 121 deputados. Ao ano seguinte, a actitude de De Gaulle provocou a primeira escisión de 32 deputados que formaron a Action Républicaine et Sociale. En 1953 De Gaulle deu liberdade aos restantes que se agruparon na Union des Républicains d’Action Sociale (URAS) e os Républicains Sociaux (RS), que en 1958, co acceso de De Gaulle ao poder, crearon a Union pour la Nouvelle République (UNR). En 1976 cambiaron o nome por Rassemblement pour la République (RPR).

    VER O DETALLE DO TERMO