"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Rodrigo Díaz de Vivar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi coordinador de edicións literarias e dicionarios en Edicións Xerais de Galicia, onde creou e dirixiu a colección Ferros. Creou a tendencia literaria denominada evidencialismo, definida na práctica a través da súa prosa dende 1990, ano do primeiro texto evidencialista, “Extenuación”, incluído no libro Oralmente pola boca (1997). Da súa produción destacan, ademais, O intercepto (1986), Foumán (Premio Café de Catro a Catro de novela curta, 1987), O camiño de Middelharnis (1988), Días contados (Premio Cidade de Lugo, 1991), Panificadora (Premio Blanco Amor, 1994), Grupo abeliano (Premio Blanco Amor, 1999). No eido teatral é autor da obra Copenhague, en colaboración con Andrés Álvarez Vila, obra gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro en 1992 e estreada en 1995 pola compañía Uvegá Teatro, baixo a dirección de Manuel Lourenzo. Presentada como “comedia evidencialista”, corrente literaria que propugna facer visible o evidente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís Cid Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Ourense. Ingresou de neno no mosteiro bernardo de Sobrado dos Monxes, onde tomou os hábitos; despois trasladouse ao colexio de San Bernardo de Salamanca. Licenciouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca e acadou o grao de mestre (1692). Entre 1667 e 1670 exerceu como catedrático de Física nesta Universidade, en 1710 conseguiu a cátedra de san Anselmo e máis tarde a cátedra de Prima da universidade salmantina (1722). Foi, ademais, abade do colexio de San Bernardo de Salamanca e xeneral da súa congregación en Castela desde o ano 1724. En 1728 foi elixido bispo de Ourense, posto que desempeñou ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no Colexio Universitario de Ourense (1979-1990) e, dende 1990, profesor de teoría e historia da educación na Universidade de Vigo. Foi director do Colexio Universitario de Ourense (1989-1990), vicedecano e decano da facultade de Humanidades e, dende 1998, vicerrector de Extensión Universitaria. En 1979 ingresou no Movemento Cooperativo da Escola Popular e, en 1983, contribuíu á fundación da Nova Escola Galega (NEG) baseada na pedagoxía de Célestin Freinet. Coordinou o suplemento pedagóxico “Na escola” (1988-1992) dos diarios La Región e Atlántico Diario, e promocionou as xornadas de educación para a paz (1985-1996), que intentou proxectar internacionalmente; unha síntese desta experiencia recóllese na obra Human Rights and values Education in Europe (Dereitos humanos e valores educativos en Europa). Dende a NEG promoveu a homenaxe aos mestres da ATEO, a Ferrer i Guàrdia, a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en diversas publicacións periódicas e dirixiu os xornais El Progreso, La Opinión Liberal e Álbum Literario. Publicou, entre outras obras: Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia (1891), El mejor juez es Dios (1887) e Biografía del insigne poeta gallego Manuel Curros Enríquez (1908). Editou tamén os traballos Tradición del tributo de las cien doncellas (1886) e Memoria sobre la crisis que en la actualidad sufre la industria pecuaria (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta. A súa obra encádrase na corrente socialrealista e nela recrea formas e temas da poesía popular. Publicou Mis pobres versos (1965) e Cantigas en gallego traducidas al castellano (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. De formación autodidacta, non se adscribe a ningunha escola ou grupo artístico. Comezou realizando obras de pequeno tamaño, terracotas e tallas, para despois esculpir obras de gran tamaño, todas elas caracterizadas pola abstracción antropomórfica, o expresionismo e o clasicismo étnico. Empregou os materiais tradicionais da escultura galega: a pedra, a madeira e o bronce. As súas figuras son proporcionadas e harmónicas; nelas, o oco e a curva, xunto coas diversas texturas do material, forman as súas liñas estilísticas. É autor de diversos monumentos públicos situados nas principais cidades galegas, entre os que destacan: a estatua de Concepción Arenal, en Ferrol (1987); Breogán, na Torre de Hércules na Coruña (1995); e San Rosendo (1985), O Afiador (1997) e A Castañeira (2001), en Ourense. Realizou en 1995 o monumento Sicut inquirentes in carbonem para o Instituto de Carboquímica do CSIC en Zaragoza. Recibiu a medalla de bronce na Trienal de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Meteorólogo e profesor. Doutor en Ciencias Exactas, catedrático e profesor emérito da Universidad de Zaragoza. Exerceu como meteorólogo dos aeroportos de Las Palmas (1949-1952) e Zaragoza (1952-1960). En 1957 obtivo a cátedra de Astronomía Xeral, Topografía, Astronomía Esférica e Xeodesia na facultad de Ciencias de Zaragoza. Foi decano da facultad de Ciencias de Zaragoza (1968-1972) e director do Instituto de Ciencias de la Educación (1973-1979). Foi nomeado conselleiro adxunto do Consello Superior de Investigacións Científicas (1966), asociado de honra da Asociación Española de Ingenieros Geógrafos (1970) e membro da comisión de Mecánica Celeste da Unión Astronómica Internacional (1982). Entre os seus libros destacan: Mecánica Teórica (1965), On the Problem of the internal constitution of the Earth (Sobre o problema da constitución interna da Terra, 1991) e Geodesia, Geométrica, Física y por Satélites (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador profesional de fútbol. Coñecido como Carriega, principiou a súa carreira deportiva no 1947 como xogador no equipo da súa vila natal, o Arnoya. Logo ingresou na Unión Deportiva Orensana (Segunda División, 1949-1950), club no que permaneceu ata a tempada 1951-1952. Seguidamente, pasou ao Rácing de Ferrol, equipo que o traspasou ao Real Oviedo dous anos despois e no que se mantivo ata a tempada 1954-1956. Nos anos 1956-1957 xogou no Burgos CF, e logo marchou ao Cartagena (Terceira División), equipo no que rematou a súa etapa de xogador en 1961; a partir de 1962-1963 fíxose cargo da dirección técnica do club murciano. Entre 1963 e 1966 traballou como adestrador en Catalunya, primeiro no CD Tarrasa (Terceira División) e despois en Barcelona, no CD Europa (Segunda División, 1965-1966). Con posterioridade, dirixiu á Unión Popular de Langreo (Segunda División,1966-1968) e o Real Spórting de Gijón (Segunda División, 1968-1969) ata 1973, equipo que logrou ascender á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Colaborou nos xornais El Progreso, El País, La República, El Avisador, La Crónica e na publicación satírica-burlesca El Esquilón, onde escribía baixo o pseudónimo de Frei Zacarías. No Álbum de la Caridad aparece o seu poema “A miña irmán”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e perito mercantil. Foi cronista oficial de Allariz dende 1949 e cronista oficial de Ourense dende 1979, posto no que sucedeu a Ramón Otero Pedrayo. Entre os anos 1948 e 1988 publicou numerosos traballos de investigación e divulgación histórica sobre Ourense en revistas especializadas e nos xornais La Región e Faro de Vigo. Colaborador do Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial e da revista Posío Arte e Letras, publicou as monografías “Reseña histórica del castillo de Allariz” (1946), “La verdadera patria del Padre Feijóo” (1948), “Índice turístico de la provincia de Orense” (1961), “Allariz, villa y corte románica” (1962) e “Ourense, plano y callejero” (1969); e sacou do prelo os libros Guía turística da provincia de Ourense (1970), Crónica e guía do mosteiro de Oseira (1972), Crónica e guía do mosteiro de Montederramo (1974), Crónica e guía do mosteiro de Celanova (1976), Ourense, ruta e mantel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Realizou estudios en Madrid e publicou En esta oscura marcha (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político progresista. Exerceu a medicina no lazareto da illa de San Simón e foi un activista político con grandes contactos entre os liberais do exilio. Foi un dos organizadores na cidade de Vigo do alzamento de 1846 e chegou a ser nomeado vogal da xunta de goberno constituída tralo alzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Irixo baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade ou aos seus habitantes.

    2. Membro da comunidade política constituída pola cidade ou o Estado con diversas obrigas, como as militares e impositivas, unidas ao dereito de participación efectiva na administración pública. As orixes deste termo remóntanse á cultura grega, á polis, na que o dereito a formar parte dese grupo de privilexiados se obtiña por nacemento. Nos primeiros tempos da cidade de Roma a condición de cidadán, cos seus dereitos inherentes, estaba limitada aos membros varóns das familias que constituían unha gens. Durante a República, o título de cidadán estendeuse a un grupo máis numeroso da poboación que, xunto cos tradicionais dereitos á patria potestas ou ó culto familiar, adquiriu o dereito e a obriga á defensa armada da comunidade e á participación na actividade pública. O cidadán opúñase aos outros habitantes (escravos, metecos, hospites) que non gozaban de dereitos políticos. No Imperio (212 d C) o termo baleirouse de contido e a cidadanía estendeuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición social e dereito adquirido por nacemento ou naturalización dun membro dunha comunidade política ou cidade, fronte aos demais individuos e aos poderes do Estado. É unha calidade persoal e intransferible que xera dereitos e deberes definidos e perde pola exclusión temporal ou definitiva da comunidade xurídica. A cidadanía asociouse á Revolución Francesa (s XVIII), que derrocou a monarquía e permitiu aos subditos liberarse da súa condición e converterse en cidadáns con dereitos e leis establecidas por eles mesmos. O proceso polo que a cidadanía adquiriu poder iniciouse coa proclamación dos dereitos fundamentais de habeas corpus no s XVIII e continuou coa lenta difusión do sufraxio político no s XIX. No s XX a extensión dos dereitos sociais ás pensións, sanidade e educación completaron a definición de cidadanía moderna. As novas teorías definen a cidadanía como unha loita entre o sistema de clases sociais e os dereitos dos cidadáns, na que o sistema de clases emprega o mercado...

      1. Relación entre un home libre e unha comunidade política ou Estado, na que o individuo ten obrigas e responsabilidades co Estado e a cambio adquire dereitos políticos plenos, que inclúen a participación na vida política e nos cargos públicos, e o dereito á protección. O concepto de cidadanía xurdiu nas cidades estado da antiga Grecia, onde se aplicou aos individuos posuidores de propiedades pero non ás mulleres, aos escravos ou aos membros máis pobres da comunidade, e supuña o dereito de voto e as obrigas de pagar impostos e prestar servizo militar. En Roma o título de cidadanía empregouse para distinguir os habitantes da cidade dos individuos dos pobos conquistados polos romanos e implicaba a posesión do dereito de voto nas asembleas (ius suffragii), do dereito para exercer cargos públicos (ius honorum), do dereito para contraer matrimonio (ius connubii) e do dereito para a posesión de bens patrimoniais (ius commercii). Os criterios que determinaban a...

      2. carta de cidadanía

        Documento que durante a Baixa Idade Media permitía ao forasteiro dunha cidade adquirir a condición de cidadán, con todas as vantaxes e obrigas correspondentes. O solicitante debía cumprir uns requisitos mínimos, entre eles, residir na cidade un ano e un día, ter casa aberta, contribuír coas cargas municipais e estar libre dos dereitos feudais.

    2. Conxunto de cidadáns dun lugar. Ex: A cidadanía expresou a súa repulsa polos últimos actos vandálicos.

    3. Comportamento do bo cidadán consistente na observación das leis de convivencia establecidas nunha sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo de asentamento humano estable de características socioeconómicas urbanas. Por riba de criterios administrativos, defínese polo número de habitantes (variable segundo as peculiaridades xeográficas e históricas de cada rexión), pola súa morfoloxía e polos modos de vida dos seus habitantes, de xeito que para falar de cidade é preciso, fundamentalmente, unha certa aglomeración de poboación e unhas funcións non agrícolas e diversificadas.
      Historia
      Considérase o inicio da cidade a denominada Revolución Neolítica (IV milenio a C), época na que a fertilidade das terras regadas do Indus ou de Mesopotamia produciu uns excedentes agrícolas que crebaron o sistema pechado de autoconsumo preexistente. Os lugares onde se concentraron estes excedentes constituíron os primeiros precedentes, pero foi nos grandes imperios do Crecente Fértil e do val do Nilo onde se engadiu a estas aglomeracións un novo compoñente que chegaría a ser decisivo: a creación dun Estado e de todo...

    2. Zona particularmente diferenciada dunha cidade. Ex: Concentraron os centros de ensino públicos na cidade escolar. Levámolos a visitar a cidade histórica.

    3. cidade aberta

      Cidade que ten o seu desenvolvemento previsto pero non absolutamente fixado e, polo tanto, susceptible dunha transformación condicionada.

    4. cidade balneario

      Cidade xurdida ao redor dun establecemento de augas termais, de tipo especializado, onde o público se traslada por un período curto e que, ao lado da función máis ou menos médica, posúe outra de tipo recreativo e de lecer. 

    5. cidade colonial

      Cidade desenvolvida en países colonizados co fin de exercer as funcións de goberno, administración e comercio.

    6. cidade comercial

      Cidade na que a función comercial domina sobre todas as outras.

    7. cidade de ponte

      Cidade creada para controlar o paso dun río, a miúdo con carácter de fortificación, para opoñerse ao paso do inimigo, cando as pontes son de paso obrigado nas rutas de penetración no país (Aviñón, Orléans e Tours). O caso máis frecuente é o das ribeiras disimétricas na que unha é máis alta ca a outra (Varsovia e Kiev), de xeito que a cidade, como baluarte defensivo, se instala na parte máis elevada do outeiro. Polo xeral, desborda co crecemento cara á beira contraria (Lyon, Praga, Budapest). Constitúe un caso especial a cidade de ponte última, que é o lugar de ruptura de carga entre a navegación marítima e o transporte terrestre (Londres, Hamburgo, Rotterdam e Anveres).

    8. cidade de tránsito

      Cidade comercial, xeralmente un porto ou un nó de comunicacións.

    9. cidade dormitorio

      Cidade na que predomina a función residencial, onde a poboación se despraza a outra cidade para traballar.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de santo Agostiño de Hipona escrita entre os anos 413 e 426 como contestación ás acusacións dos pagáns sobre os cristiáns. Alarico, rei visigodo, saqueou Roma no 410 e os pagáns culparon destes males aos deuses que, enfadados polo avance do culto cristián, estaban a vingarse da poboación. Nos dez primeiros libros refutou esta teoría e nos doce restantes elaborou unha grandiosa concepción filosófi-co-teolóxica da historia universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado pola Concellería de Cultura de Ourense dende o ano 1979 para galardoar poemarios inéditos escritos en galego ou portugués. Foron premiadas as obras A fonte abagañada, de Francisco X. Fernández Naval (1980); Na néboa dunha espranza, de Xosé M. López Gómez (1981); A fraga amurallada, de Darío X. Cabana (1982); O poema dos lustros, de Millán Picouto (1983); Nas areias doutro mar, de Ramón Raña Lama (1984); Pedaços do meu tempo, de Eduardo dos Santos Nascimento (1985); VIII Fragmentos, de Darío X. Cabana (1986); Réquiem por un ocidental, de Pedro Barros Pereira (1987); As voces da saudade, de Edelmiro Vázquez Naval (1988); Na vertical da noite, de Xavier Vázquez Pintor (1989); Os achados da noite, de José J. Letría (1990); Poemas de alta e sol, de Isabel Pulquerio Futre (1991); Estación sur, de Carlos Caneiro (1992); Fragmentos do éxtase, de José J....

    VER O DETALLE DO TERMO