"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
PERSOEIRO
Navegante e aviador. En 1960 levou a termo en solitario a primeira travesía atlántica a vela (Plymouth - Nova York en 40 días). Tamén foi o primeiro en dar a volta ao mundo a vela en solitario (1966 -1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Folclorista norteamericano. Destacou polas recompilacións no campo da música e da poesía popular de Inglaterra e Escocia. A súa obra máis destacada é a recompilación The English and Scottish Popular Ballads (Baladas populares inglesas e escocesas, 1882-1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Realizou estudios musicais con Wojciech Zywny e Jósef Elsner e posteriormente ingresou no conservatorio de Varsovia. Deu os seus primeiros concertos entre os anos 1829 e 1830, e instalouse definitivamente en París no 1831, no centro do romanticismo francés, onde desenvolveu unha intensa actividade como compositor, concertista e profesor da aristocracia; neste país relacionouse con Liszt, Berlioz, Bellini e Rossini, entre outros músicos. Nesta cidade coñeceu a George Sand, escritora coa que mantivo unha relación e coa que se trasladou a Mallorca en 1838 para realizar unha cura de repouso na cartuxa de Valldemossa. En 1848 realizou unha xira por Inglaterra e Escocia, e despois dalgúns meses de inactividade morreu en París. Considerado como un dos grandes compositores para piano, do que extraeu todas as posibilidades técnicas e expresivas, innovou a súa técnica, enriqueceu a dixitación (o terceiro dedo pasou para o quinto) e modificou o uso do pedal. Agás algunhas obras...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor anónimo que realizou os frescos da igrexa alta de San Francisco en Asís contra o 1290 e que representan a vida deste santo. As pinturas atribuíronselle a Giotto di Bondone aínda que non corresponde co seu estilo; as tres últimas escenas atribúenselle ao mestre de Santa Cecilia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Foi profesor da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (1986-1987) e, desde 1987, profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 1992 realizou unha estadía de investigación no departamento de Lingüística da Universidade de Lisboa. Dende 1984 colabora no estudo de lexicografía e gramática realizado polo Instituto da Lingua Galega. Participou ademais en diferentes proxectos de investigación en lingüística galega, entre os que destacan Gramática histórica da lingua galega (1992-1995), Gramática descritiva da lingua galega (1995-1998) e Sintaxe descritiva da lingua galega (a partir de 1998). Colaborador en diversas revistas e publicacións especializadas, publicou varios artigos sobre lingüística galega, especialmente no eido da sintaxe, entre os que destacan “As construcións pronominais en galego” (1991), “Modelos de lingua e variación sintáctica” (1994), “Marcaxe preposicional...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Excisión total do prepucio. Practícase de forma terapéutica contra a fimose, e como ritual en numerosos pobos (agás nos pobos indoeuropeos e mongólicos, entre outros). Tivo unha importancia especial como manifestación relixiosa entre xudeus e musulmáns. A orixe desta práctica é descoñecida, pero cabe pensar que se remonta a épocas moi remotas. Entre os xudeus, probablemente se deu por influencia exipcia. Axiña se interpretou como sinal de alianza e como distintivo fronte a outros pobos, especialmente os filisteos. Trátase, en xeral, dun rito de iniciación a través do que se accede á categoría de adulto ou se integra nun determinado grupo social ou relixioso.
-
Extirpación do clítoris e, ocasionalmente, do labio superior da vulva das mulleres, que se realiza nalgunhas culturas como rito de iniciación á vida adulta.
-
Festa que celebra a circuncisión de Xesús, practicada oito días despois da Natividade, xunto coa imposición do seu nome. Ata a reforma do calendario de 1969 dáballe nome á festa do 1 de xaneiro. OBS: Normalmente, escríbese con maiúscula.
-
-
-
de circuncidar.
-
Que ou quen foi sometido á circuncisión.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de san Nicolao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego que xurdiu na Coruña en 1968. Os cinco ou seis números que se editaron subtituláronse “Cuaderno Informativo Socialista”. Un exemplo da temática propia de Cis encóntrase no terceiro número, que trata, por un lado, o conflito da Peninsular Maderera, e polo outro, o consello de guerra que se levou a cabo en Burgos contra dezaseis terroristas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. Pertenceu a un antigo mosteiro fundado polos condes Hermenexildo e Paterna. No 909 outorgáronlle unha carta fundacional ao abade Sabariego ou Sabarico, quen formou un mosteiro dúplice rexido pola regra de san Bieito e baixo a advocación do Salvador. Paterna obtivo do Rei Ordoño II diversos privilexios entre os que se atopaba o acoutamento dos límites do mosteiro. No 915, Argilona, filla e herdeira dos fundadores, concedeu unha nova carta fundacional que volveu demarcar os límites monacais. No ano 1061, os reis don Fernando I e Sancha confirmaron os dereitos que os condes Sigeredo Alvítez e Adisonda Arias, descendentes dos fundadores, tiñan sobre o couto do mosteiro e a súa xurisdición, e doaron as igrexas anexas de San Salvador de Armental, San Pedro de Morranca e San Salvador de Trasanquelos. A seguinte proba documental é o testamento do monxe Alvito (1073), no que se nomean os 24 membros do mosteiro e se ceden novas posesións á comunidade, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Nicolao de Cis.
-
-
Forma prefixada de orixe latina que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘situado antes’. Ex: Cisxordania, cisalpino, cispadano.
-
Forma prefixada que denota que certos átomos ou grupos dun isómero xeométrico están no mesmo lado dun plano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cizalla.
-
REPUBLICAS
Estado creado no N de Italia por Napoleón Bonaparte, o 29 de xuño de 1797, con territorios conquistados aos austríacos ou separados da República de Venecia. O 17 de xullo de 1797 incrementou o seu territorio coa incorporación da República Cispadana e as anexións de territorios pertencentes aos Estados Pontificios; nese momento comprendía a maior parte das actuais rexións da Lombardía e Emilia-Romaña (agás Parma) e a franxa occidental de Venecia. O novo estado recibiu o recoñecemento de Austria polo Tratado de Campoformio (17.10.1797), estableceu a súa capital en Milán, divididiuse en departamentos, dotouse dunha Constitución baseada no modelo francés e organizou un exército de tropas francesas. Para sufocar as loitas e enfrontamentos internos e trala Batalla de Marengo, Napoleón impuxo a súa hexemonía sobre a República Cisalpina, que pasou a denominarse República Italiana (25.1.1802). No 1805 converteuse en Reino de Italia, con Napoleón como xefe do estado. Despois da derrota napoleónica...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parte entre Roma e os Alpes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parte máis próxima dos Andes con respecto a Europa, é dicir, ao L da Cordilleira Andina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Ordenador con Xogo de Instrucións Complexas é unha arquitectura de CPU baseada nun conxunto de instrucións nunha linguaxe ensambladora. Teñen entre 200 e 300 instrucións gravadas en microcódigo. Estas estruturas forman parte dos ordenadores tradicionais, que pretenden almacenar moitas instrucións en chips moi pequenos e por iso faise necesario realizar moitos accesos á memoria pola gran cantidade de instrucións. Os procesadores da serie x86 e Pentium nos PC son do tipo CISC e o mesmo sucede cos da serie 6.800 nas plataformas Macintosh ou Amiga. A alternativa á arquitectura CISC denomínase RISC (Reduced Instrution Set Computer), e nela as instrucións de linguaxe máquina que empregan os ordenadores son simples, de maneira que realizan unha soa operación. A diferenza dos CISC, un procesador RISC pode executar varias instrucións ao mesmo tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Confederación Internacional de Sindicatos Cristiáns.
-
-
cisqueira.
-
Neve miúda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cagada’.