"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de serpes, da familia dos colúbridos, ao que pertence a serpe devoradora de ovos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de abellas solitarias, de 17 mm de lonxitude, co abdome negro, o tórax de pelos rubios, e tibias e tarsos moi peludos que lles serven para recolectar o pole. Constrúe un tobo de galerías ramificadas. Denomínanse popularmente abellas calzadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de roedores, da familia dos dasipróctidos, ao que pertencen algúns agutis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos dasipódidos, ao que pertencen as especies D. novemcintus, común no S dos EE UU; D. hybridus, que está presente en Arxentina; e D. septemcinctus, distribuída por Centroamérica. O home caza estes animais pola súa carne. Denomínanse popularmente armadillos e en América mulitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lachnum.
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. Consérvanselle dezaseis cancións, un planh sobre a morte de Uc Brunenc, un poema didáctico sobre as virtudes cardinais e un tratado de cetrería duns 4.000 versos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Historia general de los hechos de los castellanos en las islas y Tierra Firme del mar Océano (1601-1615) de Antonio de Herrera. Está dividida en oito décadas e foi a primeira obra sistemática sobre a América do período 1492-1554.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado por María Xosé Queizán en 1993 comprometido coa causa feminista, no que desenvolve unha reflexión sobre o poder da palabra e tenta construír un eu lírico feminino a partir da rebelión e da ruptura coas formas e valores establecidos polo home. A primeira parte, titulada “Despertar das amantes”, está formada por poemas amorosos dirixidos a outra muller. Son os máis intimistas, anecdóticos e reveladores da vivencia persoal. A medida que avanzan os poemas, o encontro erótico entre dous corpos femininos vai perdendo a súa condición de experiencia individual para converterse nun discurso máis abstracto e xeneralizador. Así, as dúas amantes que espertan xuntas pola mañá son dúas mulleres concretas que comezan xuntas un novo día. O despertar é tamén un acto simbólico: a muller libérase dos valores impostos tradicionalmente polo home e revélase como creadora dunha nova realidade solidaria. A segunda parte, “Escrita”, constitúe unha poética ao redor do xogo erótico que implica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lume’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín cultural en galego editado polos alumnos do Colexio Universitario de Vigo en 1978. Contou coa colaboración de Víctor Freixanes, Camiño Noia, Enrique X. Macías, Alonso Montero e Felipe M. Marzoa, ademais do colectivo de poesía Rompente e o Cine-Clube de Vigo. Incluíu seccións dedicadas ao cine, ás letras, á música e á historia de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada entre os anos 1980 e 1982 pola Federación de Asociacións Culturais Galegas. De tendencia nacionalista, incluía textos literarios, ensaios e artigos onde se analizaba a problemática lingüística galega. Entre os colaboradores destacan Avilés de Taramancos, Darío X. Cabana, Manuel Forcadela, Bernardiño Graña, Margarita Ledo, Manuel María, Xosé M. Martínez Oca, María Mariño, Marcos Valcárcel e Pilar Vázquez Cuesta. No eido gráfico cómpre salientar as contribucións de Laxeiro, Virxilio, Xaquín Marín, Xosé Lois, Pepe Barro, Elena Gago e Carlos Silvar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suplemento que apareceu o 17 de maio de 1982 en Santiago de Compostela. Editado polo propio Concello e coordinado pola Asociación de Creadores Plásticos Composteláns, incluíuse na tiraxe ordinaria de El Correo Gallego. Nel inseríronse novas relacionadas coas actividades do Día das Letras, no que se homenaxeaba a figura de Luís Amado Carballo. Contou coa colaboración literaria de, entre outros, Ramiro Fonte, Xosé M. Beiras, Carlos Almuíña, María X. Queizán e Luís Álvarez Pousa. Nos debuxos e nas ilustracións participaron Pepe Barro, Xulio Maside, Alberte Permui, Xaime Cabanas e outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Data consagrada á exaltación das letras e a lingua galegas instituída pola Real Academia Galega. A referencia cronolóxica para este evento foi a celebración do centenario da publicación do libro Cantares Gallegos (1863) de Rosalía de Castro, por ser a obra que impulsou o renacemento da literatura galega contemporánea. A iniciativa partiu de Manuel Gómez Román, Francisco Fernández del Riego e Xesús Ferro Couselo, que presentaron un escrito á corporación académica o 20 de marzo de 1963. Pedíase a perdurabilidade da conmemoración e o seu carácter anual, e un día oficial para homenaxear os autores e os libros en galego. Nunha xunta xeral a Academia resolveu o 28 de abril, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, data que coincide co día da dedicatoria por parte de Rosalía de Cantares Gallegos á tamén escritora Fernán Caballero. Dende entón, dedícase anualmente a unha figura relevante dentro das letras e cultura galegas....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inscrición realizada, na Grecia clásica, con motivo dos concursos teatrais na que se referían as datas de celebración e os espectáculos e autores premiados, e tamén as instrucións que os autores dos textos, que tamén eran os directores dos espectáculos, lles daban aos actores que participaban na escenificación. Posteriormente, o termo comezou a utilizarse para facer referencia ás indicacións coas que os autores dramáticos presentaban os personaxes, ou dramatis personae, e aos restantes indicadores de tempo, lugar e acción que se intercalaban entre os diálogos. Amais deses indicadores, considerados externos, tamén se poden considerar os indicadores internos, contidos no propio diálogo e que en moitas ocasións ofrecen información sobre tempos, espacios, accións, movementos ou sobre o carácter e a conduta dos personaxes. Adóitase distinguir o texto primario, conformado polos diálogos, e o texto secundario, conformado polas didascalias, nas que podemos distinguir entre os citados indicadores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constitución eclesiástica, de orde práctica ou disciplinaria, escrita durante a primeira metade do s III para uso da comunidade cristiá xurdida do xudaísmo. O autor, quizais un bispo da Siria setentrional, utilizou a Didakhé e outros escritos cristiáns. O orixinal grego perdeuse, pero consérvanse traducións siríacas e unha versión latina incompleta de finais do s IV. O núcleo teórico do libro constitúeo a discusión sobre o valor da lei xudaica.
-
-
Relativo ou pertencente á didascalia.
-
Que é didáctico ou preceptivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola catequética fundada en Alexandría polo bispo Xán no s II que estableceu o canon da Biblia e que se opuxo ás desviacións xurdidas no seo da Igrexa. Contaba con obradoiros de copistas das Escrituras e formou a unha elite intelectual grecofalante na que se integrou o elemento exipcio. Entre os seus principais representantes encontrábanse Clemente de Alexandría, Oríxenes, santo Atanasio de Alexandría, Dídimo o Cego e san Cirilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que hidroliza o enlace peptídico dos dipéptidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de disposicións redactadas por dúas comisións (451-450 a C) e aprobadas polos comicios centuriados. Recollían o dereito consuetudinario nos aspectos procesuais, relixiosos, civís e penais. Foron gravadas en doce táboas de bronce e depositadas no Foro para a súa lectura pública. Estableceron o principio básico de que a lei debe ser escrita e non pode depender dun xeito exclusivo da apreciación dos xuíces. Definiron tamén o procedemento para o axuizamento dos culpables dun delito, e o mecanismo polo que a parte ofendida pode reclamar unha indemnización por prexuízos á parte culpable. Constitúen o documento lexislativo máis antigo de dereito romano e a base do dereito público e privado modernos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice que estivo situado en San Pedro de Donas (Boqueixón).