"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
-
Instrumento rústico de vento, feito con cana ou madeira, que pode ter embocadura de frauta, ou ben de lingüeta (dobre ou simple e batente).
-
Corno da cabra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mecanismo de pirólise que, por medio de temperaturas de máis de 100°, fai reaccionar fundamentalmente os azucres, que se deshidratan e se fragmentan molecularmente. Este cambio dá lugar a compostos aromáticos característicos e a pigmentos escuros. Este proceso actúa na panificación de certos produtos, en derivados lácteos sometidos a altas temperaturas e na obtención de caramelos comerciais.
-
-
-
Líquido pastoso de cor marrón escura, con olor a azucre queimado, soluble en auga e alcohol diluído, que se obtén mediante o quentamento da sacarosa (180-190°C) ou glicosa (198°C), engadindo pequenas cantidades dun álcali. Pode conseguirse un líquido ou un sólido amorfo máis ou menos escuro, como resultado da caramelización de distintos hidratos de carbono en presenza de álcalis. O caramelo úsase na elaboración de flans, cremas e outras especialidades pasteleiras, ademais de como colorante en determinadas bebidas, en xeral non alcohólicas.
-
Alimento de formas moi diversas (pastillas, barras, etc), que está formado por unha pasta de azucre, glicosa e outros ingredientes concentrados mediante calor que, unha vez fríos, endurecen sen cristalizar. Polo xeral, engádeselle aroma e cores. Na súa formulación poden intervir graxas, diversos recheos, acidulantes, etc.
-
-
carambelo.
-
Aroma característico do viño de Madeira e de determinados viños licorosos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de confección creada na Coruña por José Antonio Caramelo e Luis Gestal, á que se uniu posteriormente Javier Cañás Caramelo como deseñador. Iniciaron a súa actividade coa fabricación de impermeables e posteriormente ampliaron a súa oferta ata cubrir a totalidade das pezas de vestir de home e muller. En 1971 lanzaron ao mercado as marcas Chelton, Yale e Tommy Harrods e en 1984 a marca Caramelo, o que supuxo a adaptación da empresa cara aos mercados internacionais. A súa produción supera o millón de pezas anuais, factura máis de 9.500 millóns de pesetas e emprega directamente a 600 persoas. Posúen tendas distribuídas por España, Portugal, Chile, México e China e proxectos de expansión cara a Francia, Alemaña, Italia ou Suecia. Participante nos desfiles realizados en Galicia, como Luada, en España, como o Salón Gaudí de Barcelona ou a Pasarela Cibeles de Madrid, ou fóra de España, como as mostras Pitti imagine uomo, de Florencia, Herren mode Woche, de Colonia, e o salón SHEM, de París.
-
GALICIA
Fotógrafo. Coñecido como Vari Caramés, ao longo da súa traxectoria profesional organizou numerosas exposicións individuais, entre as que destacan as celebradas no Ateneo da Coruña (1985), no Centro de Estudos Fotográficos en Coimbra (1987), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1989), na Bienal de Fotografía de Vila Franca de Xira, en Lisboa (1995), e dúas retrospectivas, unha no Festival Internacional de Fotografía, en Bos Aires, e outra en Montevideo, na sala do ministerio de Educación y Cultura. Amais participou en exposicións colectivas como: Antropologia e memória (1987) da Fundação Gulbenkiam, en Lisboa; Confrontaciones (1988), no Museo Español de Arte Contemporáneo, en Madrid; Fotografía española contemporánea. Un paseo por los 90 (1995), celebrada en Lisboa, Atenas, Varsovia, Bremen, Utrecht e Manchester; 150 años de fotografía española (1999), no Círculo de Bellas Artes de Madrid; e Desde mi ventana (2000), no Château de Eau, en Toulouse. Colabora en numerosas publicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidad de Málaga, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela coa tese La Hacienda del municipio de Vigo 1900-1975. Profesor axudante na facultade de Dereito de Santiago de Compostela ata o ano 1982, na que foi decano, e catedrático de Facenda Pública da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversos medios de comunicación e é autor de Fiscalidad de las áreas metropolitanas (1992), Introdución a la hacienda local y autonómica (1994), Los problemas de la financiación autonómica, una perspectiva desde Galicia (1997), Gobiernos autonómicos y sostenibilidad de la deuda pública, el caso de la Xunta de Galicia (1998) e Capital público y crecimiento económico en las comunidades autónomas (1999). Foi presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Evaristo Caramés Medín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo primitivo de compás usado polos árabes, que consistía nunha agulla magnetizada provista dun flotador ou situada nun canón, que se somerxía en auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
camariña.
-
PRAIAS
Praia do fondo da enseada da Pobra do Caramiñal, na beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello da Pobra do Caramiñal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo concello da comarca do Barbanza integrado dende 1841 no da Pobra do Caramiñal. Xurisdición señorial do marqués de Parga durante o Antigo Réxime, xurdiu como municipio en 1813, ao establecerse os primeiros axuntamentos constitucionais. Abranguía entón a parroquia de Xobre e a vila do Caramiñal. A vixencia deste primeiro concello rematou en 1814, data da derrogación por parte do Rei Fernando VII da Constitución de Cádiz. En 1821, tralo golpe do tenente coronel Riego, restableceuse o concello e, en xullo de 1822, uniuse co da Pobra do Deán. En 1823 derrogouse de novo a Constitución e suprimiuse con ela o municipalismo, ata que en 1835 foi definitivamente restaurado, e, en xuño de 1836, se constituíu o concello do Caramiñal, formado polas parroquias do Caramiñal, Lesón e Xobre. O 10 de xuño de 1841 acordouse a fusión dos concellos do Caramiñal e da Pobra do Deán, que deron lugar ao da Pobra do Caramiñal.
-
GALICIA
Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de Santa maría a antiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
camariña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cantar’.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, astrónomo e teólogo. Estudiou nas universidades de Alcalá e Salamanca e doutorouse en Teoloxía en Louvain. Foi monxe cisterciense, abade do mosteiro beneditino de Montserrat de Emaús (Praga) e bispo de Campania, de Otranto e de Vigevano. Realizou numerosas observacións meteorolóxicas e físicas, e intentou aplicar á astronomía unha formulación mecánica. Como arquitecto destaca o deseño da fachada da catedral de Vigevano e o tratado Arquitectura civil recta y oblicua (1667-1668). A súa obra máis destacada é Mathesis vetus novis operationum compendiis (Método antigo para os novos compendios de operacións, 1670) na que expón o fundamento xeral dos sistemas de numeración de base n, que propón como vantaxosos fronte ao uso dos decimais e inventa un sistema de logaritmos perfectos, precursor dos cologaritmos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
caramuxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polígono industrial informal situado na parroquia de Santo André de Comesaña, ao S do núcleo urbano de Vigo. Está próximo ao río Lagares e aos terreos da Zona Franca, en Balaídos, onde se instalou no 1959 a factoría de automóbiles Citroën. Co tempo fóronse establecendo neste polígono industrias auxiliares atraídas pola proximidade da multinacional francesa, o seu principal cliente, e polos accesibles prezos do solo. Como resultado xerouse unha intensa aglomeración industrial. A espontaneidade no desenvolvemento e a falta de infraestruturas de servicios ocasionaron problemas na concentración que derivaron, sobre todo a partir de 1990, na marcha de moitas empresas cara a polígonos formais como o da propia Zona Franca nas Gándaras de Budiño (O Porriño).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buque mercante de forma alongada usado en Turquía. Ten a proa moi elevada e arbora tres paos, nos que se despregan velas latinas e unha gabia no maior.
-
PERSOEIRO
Historiador. Doutorado en Dereito en Madrid en 1910, estudiou economía en Múnic, Berlín, Viena e Londres. Foi discípulo de Flores de Lemus. Catedrático das universidades de Murcia (1916) e de Sevilla (1918), e conselleiro de estado (1931-1933) e do Banco Urquijo (1933). Dedicouse á investigación da historia económica e especializouse no s XVI, principalmente no reinado de Carlos V. Foi un dos fundadores dos Anuarios de historia del derecho español. Entre as súas obras sobresaen: Sevilla, fortaleza y mercado (1924), Carlos V y sus banqueros (1943-1949), El crédito de Castilla en el precio de la política imperial (1949), El despotismo ilustrado de los Amigos del País (1956), Informe de Olavide sobre la ley agraria (1956), Siete estudios de historia de España (1969) e Otros siete estudios de historia de España (1978). Postumamente apareceron: Recuerdos de mi infancia (1987), El historiador (1989), Libro...
VER O DETALLE DO TERMO