"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Pedagogo norteamericano de orixe alemana. Profesor de linguas vivas en América, ideou un método de ensino baseado na asociación do obxecto e da acción coa palabra que o designa, prescindindo da gramática. Puxo en práctica por vez primeira este sistema nunha escola que abriu en Providence (Rhode Island) en 1878, cunha fórmula que se espallou por todo o mundo. O método Berlitz transformou a pedagoxía do ensino das linguas vivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e político. Director dunha empresa inmobiliaria, cara á década dos setenta comezou a crear o grupo de comunicación Fininvest, que chegou a controlar importantes diarios (La Repubblica, Il Giornale), revistas (L’Espresso), editoriais (Mondadori), televisións (Canal 5), etc, como tamén a cadea de alimentación La Standa e o equipo de fútbol do Milán. No ano 1994 creou o partido político Forza Italia que liderou o Polo da Liberdade, coalición de centro-dereita que gañou as eleccións xerais dese ano, sendo proclamado primeiro ministro. Nas eleccións de 1996 a súa coalición perdeu fronte á coalición de esquerdas L’Olivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático de Historia Antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Investigador no eido da teoría e da filosofía da historia e da mitoloxía grega e romana. Sobre os fundamentos da disciplina histórica publicou entre outras obras: Psicoanálise do coñecemento histórico (1982), traducido ao español en 1983, e O final da historia: ensaio de historia teórica (1986), obra coa que inauguraba a triloxía Ensayos de historia teórica, composta por El final de la historia (1987), Replanteamiento de la historia (1989) e Genealogía de la historia (1999). Ademais escribiu, entre outras, as seguintes obras: La sociedad en la Galicia castreña (1978), Introdución a la sociología del mito griego (1979), Mitología y mitos de la Hispania prerromana (1982-1986) e Grecia arcaica: la mitología (1996). Colaborou en numerosas obras colectivas, entre as que cómpre salientar Historia de la filosofía antigua (1997),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante, guitarrista e compositor do estilo rock and roll, coñecido polo seu nome artístico de Chuck Berry. Comezou nun coro de igrexa antes de actuar como profesional no ano 1952. É autor de obras básicas de rock and roll, combinado co rhythm and blues da música negra, o country e o western da música branca. En 1989 publicou a súa Autobiografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo editorial alemán fundado en 1835 por G. Bertelsmann. Dedicado nun principio á edición de obras de consulta, introduciuse no campo discográfico (1958) e na televisión (1964); co tempo converteuse na primeira empresa mundial no sector dos medios de comunicación. No estado español é propietario do Círculo de Lectores, da Editorial Plaza y Janés e da empresa de artes gráficas Printer, entre outras empresas.
-
PERSOEIRO
Médico canadiense. Colaborou con Friederick Grant Banting nos traballos que levaron ao descubrimento da insulina (1922). Descubriu tamén a colina e a lecitina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou o almanaque Pol’arnaja zvezda (A estrela polar, 1823-1825), onde recolle novelas e comentarios críticos románticos. Escribiu tamén Olga (1821) e Mulla Nur. Algunhas das súas obras foron traducidas ao alemán, ao sueco e ao polaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Especializado en problemas de crecemento e de planificación, analizou as diferencias entre a teoría propugnada por Marx e Engels, e a súa praxe nos países occidentais. Escribiu Les luttes de classes en URSS 1917-1941 (As loitas de clases na URSS 1917-1941, 1974-1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, nos EE UU (31.971 h [1990]). Situada á beira de Los Angeles, no NO, constitúe, na práctica, un barrio residencial desta cidade caracterizado polo elevado poder adquisitivo dos seus habitantes, relacionados na súa maior parte coa industria cinematográfica; está situada ao S de Hollywood, núcleo principal do sector.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de textos dramáticos creada pola editorial Sotelo Blanco, na que apareceron publicadas as obras premiadas no concurso homónimo, celebrado entre 1987 e 1990. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, a colección contribuíu á normalización da edición do xénero dramático e inclúe textos de autores tan significativos como Roberto Vidal Bolaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Bernardino Graña, Euloxio R. Ruibal, Agustín Magán, Manuel Lourenzo ou Inma Antonio Souto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública fundada no 1948 en Toquio. Ten o depósito das publicacións xaponesas. Tamén conserva as publicacións do goberno dos EE UU e constitúe o centro xaponés de intercambio e información de libros. Está dividida en sete departamentos e noutras 35 bibliotecas espalladas polos aparatos executivos e xudiciais do goberno, totalizando un conxunto de 3.900.000 volumes.
-
PERSOEIRO
Artista e teórico da arte norteamericano. Durante a súa estancia en París (1936-1937) o Cubismo e o Neoplasticismo orientárono cara á busca de estruturas plásticas. Fronte ao expresionismo abstracto propugnou nos EE UU o Struturism, que defendeu en libros como Art as the evolution of visual knowledge (A arte como a evolución do coñecemento visual, 1948) ou The new Cézanne (O novo Cézanne, 1958). Os seus struturists works, relevos rectilíneos policromados, son a manifestación plástica das súas teorías. Influíu sobre o construtivismo inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político sueco. No 1973 converteuse en secretario xeral do Partido Moderado, do que pasou a ser presidente no 1986. Dende a oposición levou a termo unha crítica persistente da política de Olof Palme. Coa vitoria do Partido Moderado no 1990, accedeu ao cargo de primeiro ministro. En 1994 perdeu o cargo ao ser derrotado nas eleccións lexislativas fronte aos socialdemócratas. Entre 1996 e 1997 foi o representante da Unión Europea para o conflito de Bosnia-Hercegovina. Dende 1992 é presidente da Unión Internacional Demócrata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo dominicano francés. Entre o 1746 e o 1751 escribiu uns comentarios á Summa Teologica de san Tomé de Aquino, publicados en 19 volumes e titulados Summa sancti Thomae hodiernis Academiarum moribus accommodata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista alemán. Principal representante da teoría da reparación (Vergeltungstheorie) no dereito penal clásico, que concibe o delito como a lesión ao dereito do estado e que as súas leis sexan obedecidas. Entre as súas obras cómpre salientar: Die Normen und ihre Übertretung (As normas e a súa inobservancia, 1872), Gehorsamsrecht (O dereito de obediencia) e Genugtuungsrecht (O dereito de reparación).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada unha das pezas de madeira, ou doutro material, torneada, máis ancha na parte inferior, que se usa no xogo dos birlos.
-
Xogo de habilidade consistente en intentar derribar, mediante o lanzamento dunha bóla, unha serie de paos chamados birlos, colocados en vertical sobre o chan. O exiptólogo Flinder Patrie datou as orixes do xogo arredor do ano 3300 a C. A través dos romanos pasou a formar parte dos costumes populares da maioría dos pobos de influencia latina. A expectación suscitada polo xogo dos birlos, practicado en ambientes rurais, deu lugar á aparición de fortes apostas. A versión moderna e regulamentada do xogo dos birlos (denominada internacionalmente bowling) apareceu en América a finais do s XIX. O bowling practícase nunha pista de madeira lisa e pulida, dotada normalmente dun sistema mecánico para levantar os birlos tirados e devolver as bólas aos xogadores.
-
-
PERSOEIRO
Físico. Profesor na Universidade e na Escola de Enxeñeiros de Oslo, destacou polos seus traballos sobre hidrodinámica. A súa obra Remarques historiques sur la théorie d’un ou plusieurs corps, de formes constantes ou variables, dans un fluide incompressible (Observacións históricas sobre a teoría dun ou moitos corpos, de formas constantes ou variables, nun fluído incomprensible, 1875), valeulle o ingreso na Académie des Sciences de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta finlandés en lingua sueca. Entre as súas obras destaca a escolma poética Och leker med skuggorna i sanden (As sombras xogan na area, 1937-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e químico inglés. Enunciou a lei de Blagden, onde afirma que a diminución na temperatura de solidificación dunha solución é proporcional á concentración de soluto (se esta é baixa).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Estudiou Dereito no Saint John’s College de Oxford. Especializado en dereito sindical, comezou a carreira de avogado en 1976 e abandonouna en 1983 ao ser elixido parlamentario do Partido Laborista por Sedgefield. Foi voceiro da oposición nos departamentos do Tesouro e de Economía (1984-1987), Industria (1987-1988), Enerxía (1988), Traballo e Industria (1989-1992) e Interior (1992). En 1994 foi elixido presidente do Partido Laborista e acadou a xefatura do goberno en 1997. Levou a cabo unha política de descentralización rexional coa celebración de sendos referendos en Escocia e Gales (1997) encamiñados á creación dos seus respectivos parlamentos. O 10 de abril de 1998 asinou o Acordo de Stormont, no que se deseñaba unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.
VER O DETALLE DO TERMO