"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta, diminución ou perda da boa reputación ou do creto de persoas ou cousas, normalmente pola mingua das súas calidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liberar o que estaba emparedado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen desenreda ou serve para desenredar.
-
-
Desenlear algo que está enredado.
-
Clarificar un asunto complicado.
-
Deixar de estar enredada algunha cousa.
-
Librarse dunha persoa ou dunha situación comprometida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desenredar ou desenredarse.
-
PERSOEIRO
Futbolista. Alcumado La Saeta Rubia, en 1945 debutou co River Plate. En 1947 gañou o campionato arxentino e coa selección nacional a Copa América. Marchou a Colombia, onde co Millonarios de Bogotá sumou 4 títulos de Liga (1949, 1951, 1952 e 1953). Xogou catro partidos coa selección colombiana. En 1953 fichou polo Real Madrid, co que conquistou as cinco primeiras edicións da Copa de Europa (1956-1960), a primeira Copa Intercontinental (1960), dúas veces a Copa Latina (1955 e 1957), oito títulos de Liga (1954, 1955, 1957, 1958, 1959, 1961, 1963 e 1964) e unha Copa (1962). En 1957 e 1959 recibiu o Balón de Ouro ao mellor futbolista europeo. Foi cinco veces máximo goleador da liga española, dúas da colombiana e unha da arxentina. Rematou a súa carreira no Español de Barcelona (1964-1966). Nacionalizado en 1956, formou parte da selección española en 31 partidos. Debutou como adestrador no Elche CF (1967-1968). En 1970 proclamou o Boca Juniors campión arxentino. Gañou a Liga española...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crego. Cursou estudios nos seminarios menor e maior de Santiago de Compostela. Foi ordenado sacerdote o 13 de agosto de 1961. Ampliou os seus estudios eclesiásticos na Universidad Pontificia de Salamanca. Licenciouse en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela. Principiou o seu labor apostólico como coadxutor na parroquia urbana de San Xosé da Coruña. Despois incorporouse ao profesorado do seminario menor de Santiago. Foi nomeado pro-vicario xeral da arquidiocese compostelá e, en 1983, cóengo da SAMI Catedral de Santiago. O 1 de setembro de 1984 foi nomeado bispo de Osma-Soria. O 14 de maio de 1987 publicouse a súa designación como bispo de Ourense, diocese da que tomou posesión solemne o 27 de xuño seguinte. O 7 de xuño de 1996 converteuse en bispo de Tui-Vigo. Tomou posesión da diocese na catedral de Tui, o 14 de xullo de 1996, e o 19 de xullo fixo a súa entrada na concatedral de Santa María de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e médico alemán. Exerceu nos barrios obreiros de Berlín. De ideoloxía socialista, exiliouse en Francia en 1933 e en 1940 nos EE UU. Ao acabar a guerra volveu a Alemaña. As súas primeiras obras, de temas históricos e fenómenos colectivos, son expresionistas: Die drei Sprünge des Wang-Lun (Os tres saltos de Wang-Lun, 1915), Wallenstein (1920), Berge, Meere unhd Giganten (Montañas, mares e xigantes, 1924), e Berlin Alexanderplatz (1929), que constituíu unha defensa do espírito vangardista. Escribiu varios textos dramáticos de relevancia, amais da súa destacada contribución como crítico teatral. Entre eles cómpre destacar Lydia und Mäxchen. Eine tiefe Verbeugung in einem Akt (Lydia e Mäxche. Unha gran reverencia nun acto, 1906), que constitúe unha traxedia burlesca nos límites do grotesco e do absurdo, ou Die Ehe (O casamento, 1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Iniciou a súa andaina no terreo literario escribindo pantomimas e pezas para títeres. Como dramaturgo experimentou con éxito as diversas técnicas teatrais, facendo tamén adaptacións de obras doutros autores. Escribiu Grosse Schmährede an der Stadtmauer (Grande imprecación diante das murallas da cidade, 1961); Toller (1968); Eiszeit (Tempo de xeo, 1973); Merlin oder das wüste Land (Merlín e a terra desolada, 1981); Der verbotene Garten. Fragmente über d’Annunzio (O xardín prohibido. Fragmentos sobre D’Annunzio, 1982); Parzival. Auf der andere Seite des Sees (Percival. Na outra marxe do lago, 1987); ou Die Legende vom armen Heinrich (A lenda do pobre Henrique, 1997); nas que reflicte a dimensión grotesca da condición humana e nas que tamén se deixa sentir o conflito entre o individuo e a sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Conservative Party, entrou a formar parte do Parlamento en 1931. Foi secretario de Neville Chamberlain (1937-1939), ministro para Escocia (1951-1955), ministro de Relacións coa Commonwealth (1955-1960) e de Asuntos Exteriores (1960-1963). Sucedeu a Harold McMillan como primeiro ministro (1963-1964) e asumiu a presidencia do Conservative Party (1963-1965). Entre 1970 e 1974 ocupou de novo a carteira de Asuntos Exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Frederick Augustus Washington Barley.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Problema xurdido en 1857 a causa da decisión do Tribunal Supremo dos EE UU que estableceu que un escravo non deixaba de selo polo feito de que residise nun estado non escravista. O acordo afectoulle ao escravo negro Dred Scott, que fora trasladado polo seu amo a Illinois e Minnesota, onde non existía a escravitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe de cómic creado polo guionista John Wagner e polo debuxante Carlos Ezquerra. Publicouse na revista británica 2000 AD en marzo de 1977 e co tempo converteuse no personaxe máis coñecido do cómic británico. Nun mundo futurista, a acción transcorre en Mega City 1, unha megalópole situada na costa leste dos EE UU, onde o xuíz Dredd loita dun xeito particular contra os malvados. En 1995 levouse ás pantallas cinematográficas unha produción protagonizada por Sylvester Stallone. No 2001, 2000 AD e a produtora Shoreline asinaron un acordo para realizar dous filmes máis titulados Dredd Reckoning e Possession.
-
PERSOEIRO
Militar francés. Fillo dun fabricante xudeu de Alsacia, en 1893 era capitán do estado maior. Acusado de alta traición no denominado caso Dreyfus (1894-1906), foi rehabilitado, ascendido a comandante e condecorado coa Lexión de Honra. Tomou parte na Primeira Guerra Mundial co grao de tenente coronel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Axudou a Delau na realización en París de Triomphe de la République (O triunfo da República, 1879-1899). Entre as súas obras destacan as figuras da fachada do Victoria and Albert Museum (1908) e o bronce de Sir Joshua Reynolds para a Royal Academy (1931). Foi membro da Royal Academy dende 1913.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Director do Musée de Versailles, especializouse na arte do retrato. Realizou, entre outros retratos, os de Luís XVI, Jacques Necker, Christophe Gabriel Allegrain e Pío VII. Foi membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Durante a Guerra Civil española organizou os servicios de transfusión de sangue do exército republicano e foi o pioneiro en levar á práctica os coñecementos científicos da época sobre a extracción, a tipificación, a conservación e o transporte do sangue. Durante a Segunda Guerra Mundial asesorou os servicios de transfusión de sangue do bando aliado. Investigou a orixe dos eritrocitos e do epitelio da mucosa gástrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e restaurador. Comezou a súa andaina artística como pintor e, dende 1871, dedicouse á restauración de monumentos. O ministerio de Instrução Pública nomeouno en 1884 delegado rexio para a conservación dos monumentos do Piemonte e a Liguria. Para a exposición de Turín de 1884 proxectou o burgo medieval do Valentino, onde reproduciu os monumentos da rexión do Piemonte e do Val de Aosta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex (946-955), fillo de Eduardo I o Vello. Sucesor do seu irmán Edmundo I, fíxolles fronte ás invasións dinamarquesas de Northumbria ata que no 954 puxo fin ao derradeiro reino escandinavo en Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO