"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
PERSOEIRO
Fillo de Cleopatra VII. Considérase que era tamén fillo de Xulio César. Despois do asasinato deste, Cleopatra asociouno ao goberno de Exipto co nome de Tolomeo XV. Durante a guerra de Octavio Augusto contra Marco Antonio e Cleopatra, foi enviado lonxe para evitar riscos. Despois da derrota de Actium e do suicidio de Cleopatra, morreu asasinado por orde de Octavio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de goberno caracterizada polo exercicio de todos os poderes públicos a cargo dunha soa persoa. O termo ten a súa orixe no réxime instaurado por Caio Xulio César na antiga Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é partidario do cesarismo.
-
PERSOEIRO
Matemático. Exerceu como catedrático de Análise Alxébrica na Universitá de Palermo. Destacou polas súas investigacións en xeometría intrínseca, series diverxentes e conceptos de probabilidade local. Publicou, entre outros libros, Lezioni di geometria intrinseca (Leccións de xeometría intrínseca, 1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xeneralización natural da sumabilidade usual das series que se define ao considerar a sucesión das medias aritméticas das sumas parciais. Calquera serie converxente no sentido usual é sumable no sentido de Cesaro; pero, ademais, moitas series diverxentes no sentido usual son sumables no sentido de Cesaro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema político no que o poder civil, co control e servizo do poder relixioso, intervén nas cuestións disciplinarias e teolóxicas. Foi combatido pola Igrexa Católica, en especial polos papas Gregorio VII, Inocencio III e Bonifacio VIII.
-
PERSOEIRO
Crítico, erudito e poeta italiano. Profesor de grego e de hebreo na Universitá de Padua, traduciu a Esquilo, Demóstenes, Ossian e Homero. Foi racionalista e renovador no terreo lingüístico en Saggio sulla filosofia delle lingue (Ensaio sobre a filosofía da lingua, 1785) e Saggio sulla filosofia del gusto (Ensaio sobre a filosofía do gusto, 1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘traballar’.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. En 1862 emigrou a La Habana, onde iniciou a súa andaina periodística no Diario de la Marina e logo trasladouse a Saguas para dirixir La Voz de Sagua. Regresou a Galicia como profesor de instrución xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol ata 1873, ano no que emigrou de novo a América. Fundou en La Unión unha escola de ensino primario, despois ingresou como tenedor de libros na oficina de Ferrocarril central de Uruguay e fundou e dirixiu o xornal La Carta Blanca, dende o que se opuxo á ditadura militar do coronel Lorenzo Latorre, polo que tivo que fuxir de Uruguay en 1877. Posteriormente, instalouse en Bos Aires onde foi redactor do Correo Español de Buenos Aires, e en 1879 fundou o primeiro Centro Galego de América. En abril dese mesmo ano, elixírono vicepresidente do Centro e creou o semanario El Gallego. Exerceu a docencia no Instituto Mercantil e foi corrector dos xornais Sudamérica, La Unión Gallega, El...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Producir un colapso a alguén ou a algo. Ex: A insuficiencia circulatoria aguda colapsoulle o corazón. A manifestación dos traballadores colapsou a rúa principal.
-
Diminuír intensamente algunha actividade. Ex: O mal tempo colapsou a visita de turistas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incautar un ben aplicando a pena de comiso.
-
-
Cargo de comisario.
-
Oficina permanente de policía dirixida por un comisario.
-
Circunscrición administrativa de primeira orde de Colombia, equivalente a un departamento nas rexións pouco poboadas.
-
-
-
Cargo de comisario.
-
Organismo institucional dedicado a temas humanitarios, científicos ou políticos, de dimensión nacional ou internacional.
-
-
-
Persoa que recibe a autorización para exercer funcións de mando ou negociación por delegación dunha autoridade superior.
-
Funcionario de policía que exerce como xefe dunha comisaría, encargado de manter a lei e a orde nunha zona determinada.
-
Membro da Comisión Europea encargado dunha determinada parcela da política comunitaria e designado polo goberno de cada país membro da UE, nun número proporcional ao conxunto dos seus habitantes. Nomeado por cinco anos, pode ser renovado no seu cargo.
-
-
Auxiliar do árbitro que en certas competicións deportivas se encarga de vixiar a aplicación do regulamento.
-
Persoa con amplos poderes de decisión que se encarga de aplicar o regulamento en certos deportes, como o automobilismo, o atletismo ou a hípica.
-
-
-
Delegado xeral do goberno durante o protectorado español en Marrocos.
-
Representante diplomático dun Estado membro da Commonwealth noutro, co rango de embaixador.
-
-
Persoa designada por un xuíz, nun procedemento de execución colectiva de creba, para vixiar e inspeccionar as operacións dos síndicos sobre a masa da creba, examinar as contas, presidir as xuntas de acredores e asesorar o xuíz sobre o desenvolvemento do procedemento.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo do Estado francés creado en 1945 para canalizar a busca fundamental e aplicada da enerxía nuclear. Dispón de diversos centros de estudios nucleares (Fontenay-aux-Roses, Saclay, Grenoble e Cadarache) e xerou algunhas sociedades filiais, de estatuto privado, para as actividades economicamente rendibles.
-
-
Medir algunha cousa co compás.
-
Adecuar unha cousa a outra de maneira proporcional.
-
Dividir unha obra en compases ou marcar os compases nun pentagrama empregando raias verticais.
-
-
-
Neutralizar o efecto dunha cousa con outra, que produce un efecto en sentido contrario.
-
Dar algunha cousa a alguén ou facerlle algo no seu beneficio por un dano ou prexuízo que se lle causou.
-
Nunha escaleira de ida e volta, enlazar dous tiros con chanzos colocados en forma de abano.
-
Reducir, en parte ou totalmente, a desviación magnética dunha agulla náutica.
-
Merecer algunha cousa a pena ou o esforzo.
-
-
-
Árbitro nomeado para decidir unha cuestión litixiosa. Pode ser de dereito, se é un letrado e decide conforme ás normas xurídicas; ou de equidade, se non é xurista e decide en función do seu leal criterio.
-
En certas eleccións, elector a quen os outros lle coutorgan poderes para elixir.
-
Representante designado nas eleccións primarias de certos sistemas electorais, para que vote nas secundarias ou nas dun grao ulterior. Trátase dun sistema común nos EE UU e nalgúns países latinoamericanos para a elección do presidente da república. No Estado español, só existiu en 1877 para a elección de senadores e en 1931 para a elección do presidente da república.
-
-
-
Comparar unha copia e o orixinal dun documento para comprobar e certificar que a copia corresponde co orixinal.
-
Comprobar un texto co seu orixinal ou con outras edicións ou copias para garantir a súa veracidade.
-