"Sem" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 381.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao semáforo.
-
-
Dispositivo de sinalización óptica e eventualmente luminosa.
-
-
Aparato instalado nun punto elevado e ben visible que permite ordenar o tránsito de rúas e estradas por medio de sinais luminosos, especialmente nos cruzamentos dos núcleos urbanos.
-
Sinal óptico, mecánico ou luminoso que, nas liñas férreas, indica ao maquinista se a vía está libre.
-
-
Telégrafo de bandeiras ou luminoso que, situado nun lugar ben visible da costa, permite establecer comunicación coas embarcacións.
-
-
RIOS
Río de Albania (252 km) que nace na conxunción do Devoll co Isum. Desemboca no Adriático, ao NO de Fier.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Período de sete días naturais que comeza en luns e acaba en domingo. Segundo o cómputo antigo e cristián vai de domingo a sábado. Unidade de calendario difusa en todos os países de influencia xudeocristiá e islámica, ligada orixinariamente ás fases da lúa, foi introducida para dividir o ciclo mensual e para establecer dunha maneira precisa a recorrencia periódica dos ritos relixiosos, dos mercados e doutros acontecementos. Descoñecida en Exipto e en Roma, naceu entre os caldeos. O día 15 denominábase xabattu (día de lúa chea ou día de repouso), que está na orixe do šabbath dos hebreos. Estes estableceron o ciclo semanal continuo, que non era interrompido nin polo comezo do ano nin polo do mes. Os nomes dos días de orixe astrolóxica proveñen do calendario caldeo. Os hebreos, os musulmáns e tamén o calendario litúrxico numeran os días do 1 ao 7 e reservan soamente para os festivos respectivos o seu nome propio: sábado, domingo (dies dominica, día do Señor) e, entre...
-
entre semana
En calquera día da semana que non é nin o primeiro nin o último.
-
-
Espazo de tempo que comprende sete días.
-
-
Última semana de coresma que se inicia co Domingo de Ramos e finaliza co Triduo Pascual. Caracterízase pola commemoración solemne da morte e resurrección de Xesús. Os actos relixiosos tiveron, ademais do seu sentido litúrxico, un marcado carácter popular e folclórico. Comezaban propiamente o Martes Santo. No Xoves Santo, a mañá estaba destinada ás cerimonias da catedral, como a bendición dos santos óleos e reconciliación dos pecadores, e a preparar os pasos e misterios ou imaxes para facer as procesións. A partir das dez da mañá as campás deixaban de tocar ata a mesma hora do Sábado de Gloria. Á tarde celebrábase o oficio de tebras, durante o que se ían apagando os cirios de tebras. Acabada a función relixiosa encendíase o monumento, ao que cada casa prestaba un cirio e flores. Ao atardecer facíase a primeira das grandes procesións, cos pasos ou misterios, armados, asistencia de corporacións e grandes despregamentos externos. O Venres Santo era un día de dó absoluto, cheo de prácticas e...
-
Libro litúrxico que contén os oficios propios da Semana Santa.
-
-
Semana laboral que comeza o luns e acaba o sábado ao mediodía.
-
Ciclo de conferencias que reuniron os principais teóricos do obrerismo católico en España. As primeiras celebráronse entre 1906 e 1912, impulsadas especialmente por Antoni Vicent, en Madrid (1906), València (1907), Sevilla (1908), Santiago de Compostela (1-7 de xullo de 1909), Barcelona (1910) e Iruña (1912). Mentres que a primeira se ocupou sobre todo de cuestións doutrinais, as restantes insistiron na discusión dos problemas sociais no campo, coa excepción da de Barcelona, que se preocupou da situación do obreiro industrial. Durante a Segunda República, Severino Aznar conseguiu a celebración dunhas novas semanas en Madrid (1933), en Zaragoza (1934) e noutras cidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que é coñecida a revolta popular de signo antimilitarista e anticlerical que estalou en Barcelona en xullo de 1909. A súa orixe inmediata foi a oposición ao relanzamento da campaña colonial marroquí. O embarque de tropas comezou en Barcelona o 11 de xullo, e nos días seguintes producíronse manifestacións antibelicistas e incidentes no porto e nas rúas. O luns 26 as forzas obreiras convocaron a folga xeral contra a guerra, e a violencia desatouse. A protesta desbordou o comité de folga e tomou un cariz insurreccional non previsto. A revolta, carente de orientación política, foi canalizada cara ao incendio de igrexas e conventos, fronte á pasividade do exército. A falta de apoio exterior dos sublevados, a chegada de novas forzas militares e o deterioro interno da revolta cambiaron o signo da loita, e o luns 2 de agosto a normalidade era completa. A represión foi moi forte e arbitraria, con case 2.000 procesados polas xurisdicións civil e militar, e esta última ditou numerosas penas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Evento anual organizado pola Asociación Ferial Semana Verde de Galicia desde 1978, que ten lugar en Silleda, co obxectivo de dinamizar os recursos agroalimentarios galegos, sendo un escaparate para novos mercados. Desde 1998 realízase no Recinto Feira Internacional de Galicia onde hai foros de debate, concursos, poxas e presentación de novidades.
-
-
Forma de abonamento do salario ou paga que a empresa abona ao traballador por semanas, sexa por traballo feito ou por horas de traballo
-
Importe da semanada.
-
-
-
Que acontece unha vez á semana.
-
Que dura unha semana.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Vigo a partir do 29 de abril de 1823. Cesou ese mesmo ano. Promovido pola Xunta de Galicia, constituída na Coruña, apareceu grazas ao establecemento dos primeiros obradoiros en Vigo, propiedade de Pascual Arza. O xornal, primeiro da cidade, saíu os martes, impreso a dúas columnas, co obxectivo de fortalecer o espírito constitucional e progresista na cidade. Desapareceu co restablecemento da monarquía absolutista, tras a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Publicación periódica semanal ilustrada de carácter informativo sobre diversos temas.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir de 1838. Cesou ese mesmo ano (nº27). Subtitulouse “Periódico de Agricultura, Ciencias Naturales y Artes dedicado a la Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago y publicado bajo su inmediata protección”. Fundado e dirixido por Xosé Mª Gil Rey, foi a primeira publicación ilustrada en Galicia. Xunto a artigos de física, agricultura ou historia natural, incluíu litografías con debuxos de Ramón Gil Rey, o que foi posible ao editarse nos obradoiros de Xosé Núñez Castaño, un dos introdutores desta técnica en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 2 de agosto de 1809. Cesou en setembro de 1810 (nº57). Fundado e dirixido por Manuel Pardo de Andrade, constaba das seccións de política, historia -redactada polo director-, e literatura, en que incluíu narracións dos feitos acontecidos en Galicia na guerra contra os franceses. O seu obxectivo foi manter vivo o espírito de resistencia fronte á invasión e salvagardar a cultura galega. De tendencia progresista e demócrata, traballou pola difusión do pensamento liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo semang.
-
Individuo do pobo semang.
-
Pobo de raza negra da península de Malacca que practica o nomadismo e vive da caza e da pesca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade significativa mínima con significado léxico común ás palabras da mesma familia léxica, que non presenta morfemas gramaticais. Por exemplo, cant- é o semantema de cantar, cantable e cante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da semiótica que estuda os significados. A semántica moderna, que arrincou de F. de Saussure coa súa teoría do signo lingüístico, tentou atopar procedementos estritamente lingüísticos e formalmente obxectivables para unha estruturación dos significados. Unha teoría lóxica do significado (L. Hjelmslev, E. Coseriu, K. Baldinger, B. Pottier) intenta descubrir unidades semánticas mínimas ou trazos semanticamente pertinentes que constitúen os significados dos signos. Os intentos de estruturación semántica vinculados coa lingüística xenerativa (J. J. Katz, J. A. Fodor) móvense tamén na liña da teoría lóxica do significado. Unha teoría contextual na liña da investigación filolóxica (A. Meillet), afirma que o significado dun signo se define pola media entre os seus usos lingüísticos ou, noutras palabras, que unha unidade léxica non ten significado, senón só usos. Unha teoría situacional, de carácter psicolóxico condutista (L. Bloomfield), afirma que o significado dun signo é a situación en...
-
-
Relativo ou pertencente á significación das palabras.
-
Área cuberta, dentro do dominio da significación, por unha palabra ou un grupo de palabras dunha lingua.
-
Modificación da significación dunha palabra por desprazamento da relación entre significante, significado e referente por causas diversas (históricas, lingüísticas, sociais, psicolóxicas). Recibe o nome de contracción cando hai unha transición dun significado xeral a un específico; o de expansión cando hai un tránsito dun significado específico a un xeral; e o de translación cando os dous significados se ven implicados por unha relación de veciñanza entre os designados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao estudo da semántica.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Xava Central, Indonesia, situada na costa N, na desembocadura do Kali Baru (1.366.500 h [1996]). Destacan as industrias navais, mecánicas, téxtiles e do tabaco e calzado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da semántica que estuda os significantes ou conceptos dos signos lingüísticos a partir dos seus significados, en oposición á onomasioloxía, que trata dos significantes ou denominacións que se lles poden atribuír aos conceptos ou significados. No proceso de comunicación entre interlocutores, o receptor do signo, nun procedemento semasiolóxico, parte do significante e interprétao para chegar ao significado ou concepto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á semasioloxía.