"Sion" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballar os metais polo procedemento de electroerosión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de elidir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de eludir.
-
-
Acción e efecto de emerxer.
-
Reaparición dun astro despois da súa eclipse ou ocultación por outro.
-
Ascensión de terra firme na zona litoral, por riba do nivel do mar, debido a diversos procesos xeomorfolóxicos e tectónicos.
-
Proceso no que a zona intermareal queda ao descuberto polo refluxo mariño.
-
-
-
Acción de emitir.
-
Cousa que se emite.
-
-
Liberación de enerxía radiante en forma de ondas electromagnéticas a velocidade practicamente equivalente á da luz e de lonxitude de onda constante para cada emisora, moduladas en amplitude ou en frecuencia e destinadas á transmisión dunha información.
-
Programa de radio ou televisión que se emite de forma ininterrompida.
-
-
-
Produción nun punto dado e transmisión ao espazo de materia ou de radiacións.
-
emisión de sincrotrón
Tipo de radiación non térmica, xerada por electróns e outras partículas cargadas que trazan espirais ao redor das liñas do campo magnético, case á velocidade da luz.
-
emisión electrónica
Liberación de electróns dunha superficie cara ao espazo que a rodea. Pode ser primaria, cando é o resultado do aumento da temperatura da superficie, da incidencia da enerxía radiante ou dun campo eléctrico no que se implica a superficie considerada, e secundaria, cando é consecuencia do bombardeo dunha superficie con electróns ou ións. Na emisión termoelectrónica, un corpo a alta temperatura e en determinadas circunstancias pode liberar electróns, o que se coñece como efecto termoelectrónico. Na emisión fotoelectrónica, a incidencia de enerxía radiante sobre certos corpos pode producir a liberación de electróns.
-
emisión estimulada
Liberación dunha onda producida pola acción dunha radiación sobre a emisión propia dun material. A radiación estimulante determina a fase e a amplitude da onda estimulada.
-
...
-
-
-
-
Dispersión estable dun líquido (fase dispersa) noutro non miscible no primeiro (fase dispersante). A fase dispersa preséntase en forma de pequenas pingas esféricas dun diámetro que varía entre as décimas e as decenas do micrómetro. Se o diámetro das partículas é inferior a 0,1 μm, o sistema recibe o nome de dispersión coloidal. A miúdo, unha das fases é acuosa e a outra é un aceite. As emulsións acuosas de aceites animais, vexetais ou minerais empréganse na preparación de fibras téxtiles, cremas, locións e outros produtos.
-
Substancia química fotosensible con que se recobre de xeito uniforme o soporte das películas e dos papeis fotográficos. Nunha película en branco e negro, a emulsión está formada por unha mestura de haluros de prata (bromuros e ioduros de prata) suspendida en xelatina que, pola acción da luz, se converten en prata negra, que só se evidencia despois do revelado. A emulsión tamén pode estar formada por materiais que experimentan cambios na súa estrutura cristalina e que, ao realizar o revelado e a fixación, orixinan a imaxe. A resposta dunha emulsión, isto é, o seu grao de sensibilidade, vén especificada pola súa curva característica; no caso da emulsión en cor, cada unha das tres emulsións que a compoñen caracterízanse por unha curva propia, pero é necesario que estas tres curvas coincidan apreciablemente.
-
Produto bituminoso constituído pola emulsión directa dun betume en auga. A súa estabilidade conséguese mediante a adición dun emulxente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que permite obter unha emulsión estable. As substancias emulsionantes teñen un dobre efecto, por unha banda, rebaixan a tensión interficial entre os líquidos, feito que diminúe considerablemente o traballo necesario para poder formar a emulsión; pola outra, estabilizan a emulsión, é dicir, evitan a coalescencia entre as pingas da fase dispersa ao deixar entre elas unha película da fase dispersante que impide o contacto. Empréganse como aditivos alimentarios co fin de homoxeneizar e estabilizar produtos polifásicos (a base de auga e graxa ou outras substancias) e de contribuír a alcanzar e manter o aspecto, a textura ou a consistencia axeitados. A función destes aditivos nos alimentos, igual que a súa tecnoloxía, é moi diversa e polivalente, e non soamente emulsionante, senón tamén dispersante, solubilizante, humectante, estabilizadora, antiescumosa, endurecedora, incorporadora e fixadora de aromas, de deterxentes, de lubricantes e doutras substancias. Como aditivos...
-
-
Converter en emulsión. Empréganse dous métodos, un consiste en axitar enerxicamente as fases cuns aparellos chamados emulsores, e o outro en facer pasar por un exector os líquidos que se queren emulsionar.
-
Cubrir un soporte fotográfico cunha emulsión sensible á luz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio baleiro de 270 km de ancho que divide o anel A de Saturno e que está situado a unha distancia de 75.000 km da superficie do planeta. Foi observada por J. F. Encke en 1837.
-
-
Desgaste producido na superficie dun corpo polo rozamento con outro.
-
-
Conxunto de procesos que sofren as rochas e que modifican o seu aspecto orixinal. A erosión inclúe o desprendemento de materiais provocado polos axentes da meteorización e tamén o transporte dos detritos. A erosión oponse, desde o punto de vista xeomorfolóxico, á oroxenia. A enerxía da erosión provén tanto da gravidade terrestre como da radiación solar, e case que toda a erosión é obra de fluídos movidos pola atracción gravitatoria, que arranca e transporta os detritos ata depositalos nun nivel máis baixo. Os principais axentes erosivos son o vento e a auga. As partículas transportadas polo vento atacan as rochas. A auga produce un efecto erosivo máis poderoso ca o vento; en estado sólido erosiona por medio de glaciares e cuñas de xeo (esta acción é contundente nas rexións polares e na alta montaña), e en estado líquido erosiona a través da chuvia, de correntes de auga tanto subterráneas como superficiais, de ondas e correntes mariñas. A auga disolta na atmosfera ten un gran papel erosivo,...
-
erosión diferencial
Erosión que afecta a materiais de distinta dureza, de xeito que o menos resistente a un determinado axente de erosión resulta máis afectado. Pódese apreciar claramente nun dobramento anticlinal dunha serie de, por exemplo, arxilas e pedras calcarias.
-
-
-
Destrución ou ulceración dun tecido orgánico provocada pola frición, compresión e a corrosión, ou ben por outro tecido contiguo que ten máis forza de crecemento.
-
erosión dentaria
Desgaste progresivo dos dentes que comeza no esmalte e se estende á polpa.
-
-
Perda gradual de diversidade xenética entre ou dentro de poboacións de plantas ou animais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir erosión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de escandir.
-
-
Acción e efecto de escindir ou escindirse.
-
-
Forma de reprodución asexual pola que un organismo se divide en partes iguais. É o sistema de división máis usual entre bacterias, algas e protozoos, e tamén nalgúns metazoos.
-
escisión binaria
escisiparidade.
-
escisión múltiple
División dun organismo en máis de dúas partes.
-
-
excisión.
-
Proceso diacrónico polo cal un fonema se transforma en dous ou máis distintos a partir, xeralmente, dunha diferenciación fónica contextual. Segundo o resultado, pódese falar de fonoloxización, transfonoloxización ou desfonoloxización. Así, explícase, por exemplo, a evolución do fonema /k/ en latín (ortograficamente <c>), que deu en galego solucións diversas: CANTARE > [k]antar, CIVITATE > [ɵ]idade.
-
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Nacionalizouse costarriqueño en 1869. Foi ministro de Estado, presidente interino (1889) e presidente da República entre 1902 e 1906. Durante o seu mandato preocupouse por solucionar a cuestión dos límites con Panamá e continuou a construción do ferrocarril cara ao Pacífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
isión estereoscópica, é dicir, con efecto de relevo e sensación de distancias entre as diferentes partes da imaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo europeo de televisión encargado de coordinar a interconexión das diversas redes de 26 estados de Europa, o N de África, Chipre, Israel e Xordania. O seu centro administrativo está situado en Xenebra, mentres que o centro técnico se localiza en Bruxelas. Para a realización de programas en común debeu resolver os diferentes problemas técnicos derivados, sobre todo, das diferentes normas de televisión existentes, especialmente a inglesa e a francesa, e tamén os diversos sistemas de televisión en cor. A primeira retransmisión por Eurovisión tivo lugar en 1954. Anualmente, celebra un festival da canción no que cada país envía un representante. A sede deste concurso musical varía en función do país que resultara gañador na edición anterior. España, que participou por vez primeira en 1961, conseguiu o primeiro posto en dúas ocasións, coa cantante Massiel en 1968, e con Salomé en 1969.
-
-
Acción de evadir ou evadirse.
-
Fuxida dun preso ou un condenado do establecemento penal no que estaba recluído.
-
Saída ilegal de diñeiro ou doutros activos líquidos dun país cara a outro.
-
-
-
Destrución ou ruína de algo.
-
Acción de xirar algunha cousa de xeito que a súa superficie interior pase a ser a exterior.
-
Cambio da disposición normal dunha parte do organismo, como as pálpedras, no que queda exposta a súa superficie interna.
-
Saída ao exterior da mucosa que envolve un orificio natural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación dunha parte dun órgano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica de extirpación mediante corte dunha parte dun órgano, tecido ou outra estrutura anatómica.