"UNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
-
Acción e efecto de remunerar.
-
Cantidade recibida polo traballador en contrapartida á súa colaboración no proceso produtivo dunha empresa. A determinación do nivel de remuneración, intimamente ligado ao concepto de produtividade, realízase de dúas formas: ben segundo o tempo empregado e baseándose nunha relación contractual e independentemente da produtividade; ben segundo o resultado obtido ou o número de unidades producidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen remunera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que remunera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para remunerar.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de 1965 que cesou cun número dobre, de 1992-1993. Creada e patrocinada polo Concello da Coruña, contou co apoio de Caixa Galicia e a Fundación Barrié de la Maza. Dirixida por Antonio Gil Merino, o seu obxectivo era ofrecer información diversa sobre a historia, a realidade e o futuro da cidade, e incluíu estudos históricos e xeográficos, de arqueoloxía e belas artes, referencias a museos, un apartado para tratar ciencias xurídicas e sociais, e unha atención especial ás ciencias económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. O 1 de xaneiro de 1820, cando era tenente coronel e esperaba coas súas tropas ser embarcado cara a América, rebelouse en Las Cabezas de San Juan e proclamou a Constitución de 1812, que acabou sendo aceptada polo rei. Foi capitán xeneral de Galicia e de Aragón, e Asturias elixiuno deputado nas cortes. Ao producirse a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, foi feito prisioneiro e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta finlandés. Escribiu en sueco e afirmouse como poeta orixinal nos Idilli, poemas líricos e épicos da paisaxe de Laponia. Da súa obra destaca Fänrik Stals sägner (As narracións do alférez Stal, 1848-1860), unha especie de romanceiro da guerra ruso-finesa de 1808-1809, composto por 35 baladas, das que a primeira se converteu no himno nacional finlandés en 1848.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Túnel ferroviario de Xapón, que une as illas de Honshū e de Hokkaidō, baixo o estreito de Tsugaru, de case 54 km de lonxitude, dos que 23 discorren baixo o mar.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento que se creou en Madrid, liderado por Bautista Álvarez, dentro do Club de Amigos de la Unesco (CAUM) a finais da década de 1960, e ao que estivo ligado a organización da Unión do Pobo Galego (UPG) nas súas primeiras andainas fóra de Galicia, que tiña como fin saír do illamento político e cultural e renovar a loita contra a ditadura franquista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Dereito, exerceu de avogado do Estado. Deputado nas cortes pola CEDA (1933-1936), foi detido en Madrid ao se iniciar a Guerra Civil, pero conseguiu pasar á zona franquista (1937). Axiña se converteu nunha figura clave do novo réxime, foi amigo de José Antonio Primo de Rivera e cuñado do xeneral Franco, do que foi secretario político. Foi ministro do Interior (1938), de Gobernación (1939) e de Asuntos Exteriores (1940-1942). Nos últimos anos do franquismo adoptou unha postura distanciada e máis crítica contra o réxime, tal e como reflicten as obras Ensayos al viento (1969), Entre el silencio y la propaganda (1977), La Historia como fue. Memorias (1977) e De anteayer y de hoy (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. En 1804 descubriu a morfina como un constituínte principal do opio. Tamén estudou as bases orgánicas e os alcaloides, e en 1820 descubriu o ácido sulfuroso.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Doutor en Medicina e Cirurxía, foi catedrático de Anatomía na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor (1978-1984). Baixo o seu mandato impulsáronse os colexios universitarios da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo e creáronse as facultades de Física, Veterinaria e Estomatoloxía. Foi senador pola provincia da Coruña por UCD na lexislatura constituínte (1977-1978). Membro fundador da Sociedad Española de Cirugía Maxilofacial, escribiu Aportaciones al estudo de las vías vestibulares (1958) e, xunto con J. M. Suárez Quintanilla, Los Odontomas (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista alemán. Especialista en cuestións agrarias, foi predecesor das modernas teorías de localización industrial. Na súa obra principal, Der isolierte Sttat in Bezienbung auf Landwirtschaft und Nationalökonomie (O estado illado respecto á agricultura e a economía nacional, 1826-1863), interesouse polas causas que determinan os mellores cultivos, basicamente en función da distancia ao mercado.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada ao SO de Madras (135.762 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Paso subterráneo aberto artificialmente a través dunha montaña ou por baixo dun río, para dar paso a unha vía de comunicación ou unha condución de auga. Os túneles adoitan escavarse, como as galerías das minas, voando a rocha con barrenos ou tamén, especialmente en terreos acuíferos, cunhas grandes máquinas que avanzan sobre carrís e que soportan diversas plataformas desde as que se ataca a rocha con barrenas ou cunha enorme fresa do mesmo diámetro ca o túnel. O método e a técnica que se empregan na construción dun túnel dependen basicamente da natureza do terreo. Os túneles máis longos do mundo son o túnel submarino de Seikan, en Xapón, que ten 54 km e une as illas de Honshū e Hokkaidō, construído en 1988; e o do canal da Mancha, de 50 km, inaugurado en 1994. O túnel máis antigo construído por baixo dun río é o que atravesa o Támesis, en Londres, construído entre 1824 e 1842.
-
Fenómeno que consiste na posibilidade que ten unha partícula elemental de atravesar unha barreira de potencial cuxo nivel de enerxía é superior ao da partícula. Foi unha das primeiras confirmacións da mecánica cuántica.
-
-
CAPITAIS
Capital de Tunisia e da wilāya de Tunes (674.142 h [1994]). Non só é a capital política e intelectual, senón tamén o corazón da vida económica do país. O porto, construído no lago, está unido ao mar por un canal de 10 km de lonxitude, en cuxo extremo está o anteporto de La Goulette. A función portuaria e as necesidades da aglomeración urbana levaron ao desenvolvemento das actividades industriais, localizadas preto do porto, nos suburbios. Primitiva praza forte (Tynēs) que protexía Cartago, pasou ao dominio de Roma (144 a C). Capital do reino vándalo de África (450-533), foi conquistada polos bizantinos (533) e os musulmáns (695), e converteuse no centro económico da rexión musulmá de Ifriquiya durante toda a época aglábida (s IX). Durante a dominación fatimita (s X) converteuse nun dos focos máis importantes da resistencia ortodoxa contra a doutrina xiíta. Incluída sucesivamente nos imperios almorábide e almohade (ss XI-XII),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (346 km2; 985.300 h [estim 2004]). A súa capital é Tunes.
-
-
Relativo ou pertencente a Tunes ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tunes.
-