"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e gravador croata. Naturalizado estadounidense, destacou como escultor de monumentos, desenvolvendo un estilo clasicista. Das súas obras sobresae o enorme mausoleo en conmemoración ao Soldado Descoñecido de Belgrado (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea bienal, deitada ou ergueita, de ata 30 cm de altura, que presenta pelos simples, flores pequenas de cor branca agrupadas en acios e froito semiesférico en sílicua. Florece en primavera e verán. É orixinaria de América do Sur e extendeuse a Europa. En Galicia é moi abundante en bordos de camiños e no pé dos muros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mesturar ou mesturarse.

      1. Resultado de mesturar dúas ou máis cousas.

      2. Reunión de sentimentos, calidades ou cousas abstractas, diferentes.

    2. Tecido feito de fíos de diferentes fibras e cores.

    3. Superposición de dous sinais eléctricos ou máis co fin de obter outros de características determinadas.

    4. Sistema formado por dous compoñentes ou máis, en calquera proporción, que poden separarse por medios físicos. As mesturas constituídas por dous compoñentes son denominadas binarias e son as máis correntes. Pódense considerar diversos tipos de mesturas segundo a fase de cada compoñente. Un destes tipos é o caso dun sólido con outro sólido. No caso de mestura de sólidos con líquidos o obxectivo pode ser a disolución ou dispersión do sólido no líquido. No caso das mesturas de líquido con líquido, preséntanse dúas posibilidades segundo que os líquidos sexan miscibles ou non. Pódense obter tamén mesturas dun gas cun sólido ou ben mesturas dun sólido cun gas. A mestura dun gas cun líquido pódese producir por unha absorción con disolución ou por unha reacción; a mestura dun líquido cun gas poder ser producida por evaporación ou por atomización do líquido. Nunha mestura de gases perfectamente homoxénea, cada gas conserva a súa presión inicial, que é denominada presión parcial. Toda mestura de gases...

    5. Sistema gasoso constituído por aire e carburante que se utiliza nos motores de combustión interna. A relación teórica entre o paso do aire e do carburante necesarios para producir unha combustión completa é denominada relación estequiométrica, e sitúase ao redor de 15. Na práctica, a relación de pesos entre o aire e o carburante, denominada relación de mestura, é diferente do valor estequiométrico durante o funcionamento do motor. Nun motor de explosión a relación da mestura debe ser máis alta ca a estequiométrica cando xira a réxime normal, e máis baixa cando funciona a poucas revolucións ou a plena potencia. Nun motor diésel a relación da mestura é sempre moi inferior á estequiométrica, agás cando funciona a plena potencia. Unha mestura rica é aquela en que a cantidade de aire é insuficiente para a combustión completa do carburante; no caso contrario fálase de mestura pobre.

    6. Operación que consiste en mesturar dous compoñentes sólidos ou máis, xeralmente en forma granular ou de po, para obter un produto homoxéneo.

    7. Concepto que expresa o grao de desorde termodinámica dunha mestura de fluídos. O grao de mestura dun sistema é nulo cando os parámetros termodinámicos (enerxía libre, entropía) son iguais á suma dos de cada un dos compoñentes. Nun sistema formado por dúas fases separadas por unha parede impermeable, o grao de mestura é nulo.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode mesturar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen mestura.

      2. Que serve para mesturar.

    1. Circuíto ou dispositivo capaz de superpor dous sinais eléctricos ou máis e obter un sinal equivalente á suma ou unha combinación deles, que despois é amplificada. Posúe diversas entradas a unha saída común e a miúdo permite a regulación independente e a vontade de amplitude de cada unha delas. Os mesturadores empréganse en electroacústica co fin de mesturar sinais.

    2. Aparato que se emprega para a mestura de materiais sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo para mesturar diferentes ingredientes sólidos ou líquidos. Na tecnoloxía alimentaria necesítase un deseño específico para obter un produto homoxéneo, sen contaminantes ou sobre quentamentos debidos ao equipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura desordenada de cousas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntar unha cousa con outra para que formen un todo.

    2. Xuntar persoas ou cousas distintas nun mesmo lugar.

    3. Tratar cousas diferentes xuntas e confundíndoas.

    4. Facer que alguén participe ou tome parte nun asunto que, normalmente, pode traer problemas.

    5. Desordenar ou revolver cousas que estaban ordenadas.

    6. Xuntarse unha cousa con outra para formar un todo.

    7. Xuntarse persoas ou cousas distintas nun mesmo lugar.

    8. Tratarse cousas diferentes xuntas e confundíndoas.

    9. Participar ou tomar parte nun asunto que pode xerar problemas.

    10. Relacionarse ou ter trato con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do ciclo menstrual que se produce cando non hai fecundación e que se corresponde coa fase involutiva do corpo lúteo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura microscópica dun corpo.

    2. Estrutura metálica que se pode observar por medio dunha micrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado insular do Océano Pacífico occidental, situado ao N de Nova Guinea (702 km2; 109.000 h [estim 2001]). A súa capital é Palikir. Está formado por unhas 600 illas e illotes do arquipélago das Carolinas, e as máis importantes son Pohnpei, Chuuk, Kosrae e Yap. O clima é tropical e está afectado por numerosos tifóns que se orixinan na zona. A agricultura e a pesca constitúen a base da súa economía e ocupan á maior parte da poboación activa. Importa alimentos, tabaco e artigos manufacturados de EE UU e Xapón e exporta produtos do mar, agrícolas e sobre todo copra. Colonizadas por España (1886) e Alemaña (1899), en 1920 foron asignadas a Xapón como mandato da Sociedade de Nacións. En 1947 formaron parte con Palau e illas Marshall, das Illas do Pacífico en Administración Fiduciaria de EE UU e en 1979 converteuse en estado libre asociado de EE UU. En 1990 rematou a tutela estadounidense, pero mantivo o control en defensa e política exterior sobre o estado micronesio. Os catro estados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val de Cigüela, ao N da cidade de Alcázar de San Juan (4.935 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias alimentarias de fariñas e augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Traballou no Hospital Real, na capela de santa Catarina e na caixa dun órgano da catedral de Santiago de Compostela. Tamén realizou un retablo para a capela de Santa Mariña Dozo de Cambados e unhas reixas de madeira para unha das capelas de Santa María a Maior de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1056-1057). Designado polo emperador, sucedeu a Teodora no trono imperial. Tivo que enfrontarse a unha insurrección dirixida por Teodosio, presidente do Senado e, en África, á rebelión dunha parte do exército, que proclamou emperador a Isaac I Comneno. Ao ver que as súas tropas leais eran derrotadas en Nicea e que o pobo de Constantinopla o rexeitaba, abdicou (1057).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lev Milstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guiso feito con diferentes verduras e con anacos de carne ou xamón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Vincente Minnelli, comezou a súa carreira como director artístico. Destacou sobre todo na realización de filmes musicais innovadores, e caracterizouse polo seu estilismo visual. Da súa filmografía destacan Cabin in the Sky (1943), An American in Paris (1951, gañadora de seis Oscar, 1952), The Band Wagon (1953), Gigi (1958, Oscar ao mellor director, 1959), The Sandpiper (1965) e A Matter of Time (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esteiro situado na fronteira entre España e Portugal e incluído na Rede Natura 2000, desde 2001. Ten unha orientación SO-NL e está asentado sobre unha falla que ten a mesma orixe que as Rías Baixas, coa peculiaridade de que non foi tan extensa como para formar unha ría. As montañas que o circundan están formadas por granitos de dúas micas, como o Monte de Santa Tegra (A Guarda). A súa vexetación é moi variada. Nas ribeiras aparecen fragas ripícolas e vexetación palustre, ademais de xuncos, carrizos, salicornias, toxos, fentos, amieiros, salgueiros, que albergan un gran número de aves acuáticas, sedentarias, estivais, invernantes ou de paso, e tamén certos mamíferos como a auganeira e a lontra, réptiles como o sapoconcho común e o lagarto das silvas e anfibios como a píntega rabilonga. Son abundantes as poboacións de salmón e lamprea, empregándose para a pesca desta última uns diques de deseño peculiar, denominados pesqueiros. Foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria (2001) e Zona...

    VER O DETALLE DO TERMO