"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
-
-
Certo número de persoas, animais ou cousas que forman un conxunto por ter semellanzas ou características en común ou por estar no mesmo lugar.
-
Conxunto de figuras, retratos, pinturas ou outra manifestación artística, que forman unha unidade nunha obra.
-
grupo escultórico
Escultura integrada por un conxunto de figuras.
-
grupo flexible
Agrupación periódica de alumnos, que mesmo poden provir de aulas diferentes dunha mesma escola, que amosa un nivel, un ritmo, unha preocupación ou unhas dificultades de aprendizaxe similares. Polo xeral, os grupos flexibles responden á intención de individualizar o proceso de ensino-aprendizaxe.
-
-
-
Estrutura alxébrica que se constitúe por un conxunto G onde se define unha operación, que se designa por *, que para calquera elemento a, b, c de G ten as seguintes propiedades: propiedade asociativa, ou sexa (a*b) *c = a* (b*c); G contén un elemento neutro e, ou sexa a*e = a; e para calquer elemento a existe outro en G, que se representa por a’, que é o seu inverso. Se ademais se cumpre a propiedade commutativa, o grupo chámase commutativo ou abeliano. Denomínase orde dun grupo o número de elementos que contén (máis exactamente, é o cardinal do conxunto dos seus elementos). Durante moitos anos os matemáticos usaron conceptos da teoría de grupos antes de que o concepto abstracto fose publicado por A. Cayley no ano 1854, con escasa resonancia, e por C. Jordan, quen comezou a darse conta da riqueza da teoría. Como iniciadores cómpre destacar...
-
grupo de tipo finito
Grupo formado por un número finito de elementos.
-
grupo finito
Grupo que ten un número finito de elementos.
-
grupo formado por unha das súas partes
Grupo que coincide co subgrupo formado por unha das súas partes.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo formado por militantes do Sindicato de Peones coruñés e o empregado da Telefónica Manuel Rodríguez Baraja que, a mediados de 1933, emprenderon unha campaña desde o xornal barcelonés El Luchador contra o ex-secretario da CRG, J. Villaverde, acusándoo de escisionista. As súas colaboracións no voceiro catalán deron lugar a un folleto titulado La Farsa Torpe. Réplica a José Villaverde, publicado na Coruña a finais de 1933.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo fundado na Coruña a comezos de 1934, polo anarquista arxentino de orixe grega, Antonio Fournerakis, o palentino retornado de América, Ildefonso González, e o zapateiro coruñés, Antonio Varela. Integrado na FAI e con grande influencia nas Juventudes Libertarias herculinas, comezou a súa andaina como editor do voceiro anarquista de igual denominación, disolveuse tralo asasinato de Fournerakis e Varela, en xullo de 1937.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo integrado na FAI coruñesa desde 1935, que colaborou no xornal anarquista Brazo y Cerebro, en que deixou constancia das súas posturas contrarias ao estatuto galego e a prol dunha saída revolucionaria á crise económica e social da República. A súa representación na Federación local da FAI correu a cargo do peón coruñés José González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo xurdido na Coruña entre os anos 1922-1923 e integrado, entre outros, polos militantes cenetistas J. Arenas e R. García Lago, así como polo daquela estudiante, Emilio González López. Tiveron como voceiro o semanario anarquista de idéntica denominación, e o seu acto público máis relevante foi o multitudinario mitin celebrado na praza de touros coruñesa en setembro de 1923, poucos días antes da proclamación da Ditadura de Primo de Rivera, en protesta pola condena a morte do cabo Sánchez Barroso, implicado nunha tentativa de revolta contra o envío de tropas a Marrocos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de mulleres de ideoloxía anarquista que actuou na Coruña entre 1933-1935, e integrado na FAI. Entre as súas compoñentes destacan Sebastiana Vitales, retornada de EE UU, e a sindicalista Laura López. Na Fronte Popular, o grupo converteuse no xermolo da organización Mujeres Libres da Coruña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de comunicación creada na Coruña e na que se integraron os xornais Lalín e Comarca, El Periódico de las Mariñas Coruñesas, El Periódico de Xallas-Costa da Morte, Comunidades Españolas, El Periódico de Bergantiños, El Periódico del Baixo Miño-A Louriña-Val Miñor e El Tea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa multimedia líder en España en prensa de información xeral, cunha difusión media de máis de 800.000 exemplares diarios e unha audiencia que supera os 3.000.000 de lectores. Obtivo en 2001 unha facturación agregada de máis de 600 millóns de euros e posúe un activo de 808,5 millóns de euros. É a primeira empresa en prensa escrita e suplementos semanais, e cunha significativa presenza noutros ámbitos da comunicación: televisión, radio, medios dixitais, novas tecnoloxías, distribución e produtoras de cine e televisión. A orixe do Grupo Correo está na fundación de El Pueblo Vasco en 1910, que logo se fusionou co periódico El Correo. Posteriormente, sumáronse El Diario Vasco (1948), El Diario Montañés (1984), La Verdad (1988), Hoy (1988), Ideal (1988), Sur (1990), La Rioja (1993), El Norte de Castilla (1994), El Comercio (1995) e La Voz de Avilés (1999). A eles, súmase a empresa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación cultural creada en 1983 co fin de promover o estudo e difusión da cultura galega en Madrid. O seu principal promotor foi Manuel Mourelle de Lema. Colobararon asiduamente con esta entidade, entre outros, X. F. Filgueira Valverde, A. Fraguas Fraguas, A. Meijide Pardo, B. Varela Jácome, X. L. Barreiro Rivas, F. I. González Lage, D. García-Sabell e E. Cornide Ferrant. Desde 1986, GRUGALMA diversificou as súas actividades a tres ámbitos principalmente: a organización anual dunhas Xornadas de Cultura Galega, publicación da revista Galicia en Madrid e a celebración anual dos premios Galicia en Madrid de artigos e poesía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de comunicación creada en Vigo e na que se integraron os xornais mensuais e de distribución gratuíta A Rúa Vigo, A Rúa Val Miñor e A Rúa Condado Paradanta. Está presidida por Felipe Gutiérrez Estévez. Todas estas publicación autofináncianse mediante a publicidade e inclúen noticias locais sobre actos culturais e sociais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foro político e económico que reúne as sete principais potencias económicas do mundo (Alemaña, Canadá, EE UU, Francia, Reino Unido, Italia e Xapón). Reunidos anualmente desde 1975, incorporouse un representante da Comunidade Europea en 1979, e Rusia en 1997, dando lugar a unha nova denominación de G-8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía internacional de construción e servicios que conta con máis de 130 empresas distribuídas por todo o mundo, estruturadas en catro áreas de actividade: construción (TECSA, Sopol de Portugal); servicios (empresas en España, Marrocos, Portugal, Europa e Sudamérica); industrial (empresas dos sectores de telecomunicacións, tecnoloxía e servicios para a industria); e concesións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía dedicada á enxeñería e á construción de bens de equipo e plantas industriais, con domicilio social en Oviedo, delegacións en numerosos puntos de Asturias e Madrid e empresas filiais no exterior: México, Colombia, Brasil, Venezuela, India e Xordania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cinematográfica creada na Coruña en 1973. Os seus fundadores foron Carlos A. López Piñeiro, Félix Casado e Luis Gayol, aos que se incorporaron máis tarde Xavier Villaverde, Carlos Amil, Marcial Lens, Manuel Abad, Suso Vázquez Montero, Antonio Barandela, Xavier Iglesias, Maruchi Olmo, Juan Cuesta, Carmen Jove, María Vilanova, Manuel Prieto, Argimiro García e Xosé A. Vilanova. Cada un dos seus compoñentes asumiu unha faceta técnica, polo que o Grupo Imaxe realizaba os traballos en equipo, coa vontade de aprender cine a través da experiencia. Autodefiníanse como “Cooperativa de Produción Distribución i Ensino dos Medios Audiovisuais”. Os seus primeiros traballos foron Un pequeno incidente (1973) e Serán (1974) aos que seguiron Arredor (1974) e A fala do muíño mudo (1974). Nese momento a chegada ao grupo de Víctor Ruppén provocou o salto do mesmo aos formatos semiprofesionais coa realización de Illa (1975), dirixida como as anteriores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo artístico portugués creado en París. O seu nome está formado por letras non existentes no alfabeto portugués que foneticamente significan “cá vamos indo” coas que se pretendía reivindicar o compromiso coa situación política e social portuguesa. Pertenceron a el, entre outros, os lusos R. Bértholo, B. Cid, M. L de Castro, C. Pinheiro, Pomar e P. Rego e aos que cómpre engadir, entre outros, a Christo e Jan Voss. A súa actividade desapareceu no ano 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa de comunicación establecida en Pontevedra e dirixida por Antón Xil Alcántara. Nela integráronse os xornais Mercavedra, A Comarca do Morrazo e As Comarcas do Carballiño e o Ribeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo fundado en 1921 por militantes anarcosindicalistas do S da provincia de Pontevedra, en que participaron cadros sindicais de Vigo, como J. Villaverde, ex-secretario da Federación Local de UGT, o tudense Severino Estévez, e o carpinteiro de Marín, Eduardo Collado. Dinamizador das actividades da Confederación en Tui, A Guarda, Marín e Vigo, o grupo editou un periódico de igual denominación que foi substituído en maio de 1922 polo voceiro dos sindicatos da provincia adheridos á CNT, Solidaridad Obrera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade que se constituíu en Santiago de Compostela en 1973 por un grupo de profesores e estudiantes de bioloxía. Naceu coa finalidade de elaborar diferentes estudios relacionados coa natureza, fundamentalmente o estudo das aves, a súa defensa e divulgación. Divulgación que se levou a cabo no boletín Ardeola, na revista Acta Científica Compostelana ou no seu propio boletín Bubela. Débenselle estudios de diversas localidades de Galicia, entre os que destacan os das illas Cíes e Ons, a lagoa de Valdoviño ou as serras dos Ancares ou O Courel. Disolveuse en 1976 para dar lugar á Sociedade Galega de Historia Natural. É a sociedade relacionada co medio máis antiga de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía dedicada a varias áreas de actividade económica: a construción, liderada pola Construtora San José; o sector inmobiliario, representado por empresas como Pontegran ou Udra-Argentina; o industrial, representado por Ciesa, Tecnocontrol ou Sefri Marroc; e comercial e de investimentos, en empresas como Bodegas Altanza ou o Colexio Miraflores de México.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos grúidos, ao que pertencen as grúas.