"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Forma vogal polifónica cultivada desde a segunda metade do s IX ata arredor de 1250. Inicialmente consistía no axuste dunha ou máis voces a unha melodía litúrxica. No s XI apareceu o organum libre, no que as voces evolucionaban por movemento contrario. Os principais compositores foron Leoninus e Perotinus, que pertencían á escola de Notre-Dame de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe incerta, que para uns procede do nome cabaleiresco do francés medieval Oriane, que pasou ao inglés como Oriana e Oriande, posiblemente derivado do latín oriri ‘xurdir’, ‘nacer’. Para outros, a súa orixe probablemente estea no latín aureana, nome que aínda se daba no s XIX en Larouco, O Barco, Petín e Quiroga ás mulleres que buscaban ouro peneirando areas do Sil, seguindo unha técnica prerromana. E, por último, outros cren que derivaría do xentilicio de Oria (Italia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Nas súas obras está presente o fascismo, do que foi un dos precursores literarios. Da súa produción destacan as novelas Gelosia (1894), Vortice (1899), Olocausto (1902), La disfatta (1896) e as obras políticas La lotta politica d’Italia (1892) e La rivolta ideale (1908), onde defende a necesidade dunha rexeneración do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo italiano. Ordenouse sacerdote e foi discípulo de Lagrange. En 1777 entrou no observatorio de Milán e durante máis de 37 anos colaborou con Piazzi. Determinou a órbita de Urano en 1785. Foi nomeado director do observatorio de Milán e presidiu a comisión encargada de establecer o novo sistema de pesos e medidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bretaña, no departamento de Morbihan, Francia (116.174 h [1999]). Está situada na boca da desembocadura dos ríos Scorff e Blavet. É un núcleo industrial con construcións navais e fabricación de proxectís. Destaca tamén como porto militar, comercial e de pesca (o segundo do estado francés).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado na Coruña a partir de xuño de 1943 ata 1986. Subtitulado “Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de La Coruña”, foi dirixido por Antonio Taboada Arceo e Manuel San Vicente Linares, e ata 1985 tivo unha periodicidade mensual. A partir de xuño de 1985 comezou unha segunda época caracterizada pola modernidade no deseño e rico contido informativo. Dirixida por Federico G. Martín Palmero e editada nos obradoiros de La Voz de Galicia, pasou a ser trimestral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas e arbustos vivaces, da familia das lamiáceas, que presentan follas enteiras ou dentadas, inflorescencias terminais e flores pequenas e agrupadas en espigas globosas, co cáliz campaniforme e a corola bilabiada. Son propias de rexións temperadas de Europa. En Galicia cultívanse, polo seu interese como plantas medicinais e aromáticas, o ourego (O. vulgare) e a maiorana (O. majorana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada en Sardeña, no mar de Sardeña (29.185 h [2001]). Foi fundada cara a 1070 polos habitantes da antiga Tharros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Sardeña (2.631 km2; 149.620 h [2001]). A súa capital é Oristano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e poeta. Formado en EE UU, foi presidente do Pen Club, vicepresidente da Academia Europea de Poesía e propulsor da revista Poésie I. A súa afección polas viaxes e o cosmopolitismo en que foi educado reflíctense nas súas obras. Da súa produción destacan L’horloge de vie (1966), Miroir oblique (1969), En soi le chaos 1960-1974 (1976), Historie de l’entretemps (1985), Hommes continuels (1994) e La vie autrement (1999). Recibiu a Légion d’Honneur e o Grand ; Prix de poésie de l’Academie Française (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei otomán (1326-1359), fillo de Osmán I. Ampliou o seu imperio mediante sucesivas conquistas militares como Nicea, Nicomedia ou pequenos principados de Anatolia. Apoiou a Xoán VI Cantacuceno contra Xoán V Paleólogo e obtivo del axuda contra os serbios (Gallipoli, 1354) e consolidou dese xeito a súa posición en Europa. Reorganizou o imperio e situou a capital en Brusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Caracterizouse pola utilización do absurdo e do grotesco. Da súa produción destacan os libros de contos Ideen föld (Terra allea, 1949), Ezüstpisztráng (Troita de prata, 1956), Jeruzsálem hercegnoje (A princesa de Xerusalén, 1966) e Egyperces novellák (Contos dun minuto, 1968), as obras de teatro Tóták (As bocas, 1967), Macskajáték (Xogo de gatos, 1969), Vérrokonov (Parentes consanguíneos, 1974) e o drama Forgatókönyv (Guión cinematográfico, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU (185.951 h [2000]). A súa economía baséase no cultivo de cítricos e experimentou un pulo importante polas actividades terciarias derivadas do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico de Ludovico Ariosto, publicado en 1516 nunha primeira versión (40 cantos), e cunha definitiva (46 cantos en oitavas), que saíu en 1532. É unha continuación do Orlando innamorato, pero son moi diferentes nalgúns elementos como a defensa dos ideais humanísticos do cabaleiro errante. Con material procedente da épica cabaleiresca, pero cunha linguaxe e un espírito do seu século, reflicte a vida íntima do seu autor. A multiplicidade de personaxes e episodios estrutúranse en tres motivos principais: o épico, o amoroso (núcleo do poema) e o encomiástico, que corresponde á parte menos consistente da obra. Tivo numerosas fontes, das que destaca Tirant lo Blanc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema cabaleiresco de Matteo Maria Boiardo, que comezou a escribir cara a 1476. As dúas primeiras partes foron publicadas na rexión de Emilia (1486) e o resto quedou incompleto pola morte do autor. A obra debería estar dividida en tres partes que agruparían ao redor de cen cantos, pero o texto publicado quedou en 69. Os elementos esenciais da trama proceden do ciclo carolinxio, pero o espírito épico foi substituído por historias de amor e feitos novelescos. O poema foi completado polo Orlando furioso de Ariosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político italiano. Foi primeiro ministro (1917-1919) e retirouse da vida pública durante o fascismo, pero volveu en 1944 e foi senador. Das súas obras xurídicas destacan Principî di diritto costituzionale (1889) e Principî di diritto amministrativo (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do italiano, e este á súa vez do francés Roland por métatese da primeira sílaba. A Igrexa rende culto a un san Orlando mártir, e a súa festividade celébrase o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Francia centrada en Orléans, que comprende aproximadamente os departamentos de Loiret, Loir-et-Cher, Eure-et-Loir e parte de Essonne, Yvelines, Val-d’Oise, Yonne e Nièvre. A proximidade de París inflúe moito nas actividades dos núcleos principais, Orléans, Chartres e Blois. Está formada por diversas comarcas naturais: Sologne ao S, gandeira; Beauce ao N, área de cultivo intensivo de cereais; Perche ao O, e Gîtinais e Puisaye ao L, de paisaxe de bocage e actividade agropecuaria diversificada. Das industrias modernas destacan as mecánicas, as dos automóbiles e as electrónicas; e das tradicionais as da la, a confección, o curtido da pel e a pequena metalurxia de transformación. Antigamente correspondía á diocese do mesmo nome. Dominio real desde o reinado de Hugo I de Francia (987-996), só estivo temporalmente segregada das propiedades da coroa como patrimonio anexo do título ducal de Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política que xurdiu en Francia baixo a Restauración e que se aglutinou arredor de Luís Filipe II de Orléans. Baseada nos principios non lexítimos, senón ideolóxicos como o absolutismo ou o apoio ao fin das inxerencias estranxeiras, correspondía aos intereses da burguesía financeira e industrial e amosábase partidaria da restauración monárquica francesa a favor da rama borbónica dos Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao orleanismo.

    2. Partidario do orleanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO