"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Primeiro dos planetas do sistema solar, atendendo á súa proximidade ao Sol. Esta proximidade fai que a distancia angular entre ambos os dous astros, que ten un valor máximo de 28°, sexa sempre moi pequena, feito que provoca que a observación de Mercurio sexa sempre difícil, tanto cun golpe de ollos como con telescopio, porque pode observarse unicamente pouco despois da posta do sol ou pouco antes da saída. En ambos os casos Mercurio permanece moi baixo no horizonte, e isto fai que as condicións de visibilidade sexan normalmente moi malas. Durante moito tempo creuse que Mercurio, grazas ao fenómeno de rotación capturada, amosáballe sempre o mesmo hemisferio ao Sol. En 1965 as observacións da superficie de Mercurio efectuadas con radar demostraron que o período de rotación é aproximadamente dous terzos do período de revolución. A sonda planetaria Mariner 10 proporcionou información para coñecer as súas características físicas. A superficie de Mercurio, como a da Lúa, presenta numerosos impactos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade antiga romana que se veneraba en Lacio xa en época arcaica. Considerado protector dos mercadores, o seu culto foi identificado co de Hermes arredor do s IV a C. Represéntase con chapeu de dúas abas e dúas ás nos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Perú a partir do 2 de xaneiro de 1791 ata 1794. Apareceu primeiro como Mercurio (1790) e baixo o subtítulo “Diario de Lima, curioso, erudito, económico y comercial”. Saíu cada tres días, impulsado pola Sociedad de Amantes del País de Lima e contou co apoio do vicerrei Gil y Lemos. Foi unha das publicacións máis antigas de América, que tivo como precedesora á Gaceta de Lima (1743). Incluíu novas de historia, literatura, medicina e información xeográfica do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercurio.

    2. Que contén mercurio.

    3. Aplícase aos compostos do mercurio en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal disódico de dibromohidroximercurifluoresceína. As súas solucións vermellas son empregadas como antisépticos en pequenas feridas. É denominado correntemente mercromina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. De nome Farrokh Bulsara, destacou pola súa voz e a teatralidade das súas actuacións. Formou parte dos grupos Ibex, Sour Milk Sea e Wreckage, ata que se integrou en 1970 na banda Smile, xunto a Brian May e Roger Taylor. Anos despois, coa chegada de John Deacon, formarían a banda Queen (1973). Da súa discografía en solitario destacan I Can Hear Music (1973) e Barcelona (1988), en colaboración con Montserrat Caballé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro programa de voos espaciais tripulados de EE UU, levado a termo baixo a dirección da NASA, que tivo por finalidade experimentar a capacidade humana de adaptación á ingravitación e ao mesmo tempo iniciarse na tecnoloxía necesaria para as misións tripuladas posteriores de máis alcance. En conxunto efectuáronse varios voos, seis tripulados, dos que dous   foron suborbitais, e os outros catro, orbitais. O programa comezou en 1958 e o primeiro voo suborbital tripulado por un ser humano tivo lugar en 1961, pilotado por Alan B. Shepard. En 1962 John H. Glenn fixo órbitas por primeira vez ao redor da Terra. O último dos seus voos tripulados acabou en 1963, e deu paso ao programa Gemini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que ten como obxectivo primordial a promoción do uso do galego e a procura do recoñecemento oficial polas autoridades asturianas para os 18 concellos más occidentais do Principado de Asturias onde se fala o galego. Celebrou, en Grandas de Salime, o seu congreso fundacional o 30 de outubro de 1988, despois da autodisolución do Grupo de Eilao Pro-Defensa da Nosa Lingua. Criticou   desde o seu nacemento o uso das equívocas denominacións oficiais astur-galaico e gallego-asturiano, así como o emprego do impreciso termo fala e do pexorativo falía, todas elas para se referir á lingua galega dos concellos máis occidentais de Asturias. En setembro de 1990 a MDGA publicou as Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias e organizou, en decembro de 1990, as I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias: Na busca das raíces da Terra Navia-Eo. En marzo de 1992 comezou a publicación da revista A Freita, órgano difusor da MDGA, onde, con carácter divulgativo, se trataban...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que naceu en marzo de 1990 na vila de Corullón co obxectivo inmediato de establecer o galego como materia de aprendizaxe optativa no ensino primario, sen descartar outras reivindicacións como a administración bilingüe e calquera aspecto relativo á promoción do uso social do galego nos concellos próximos a Galicia. Unha das organizacións que participou na creación da MDGB foi a Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca, que naceu en 1981 como aula de música do Instituto de Cultura Popular Gilberno N. Ursino, e que en 1986 se legalizou como asociación cultural. Organizou en 1990, en colaboración co club cultural vigués Adiante, o II Congreso da Lingua e a Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fautor de Marco Xuño Bruto e de Caio Casio, foi proscrito (43 a C) e combateu ao lado de Bruto na Batalla de Filipos. Pasou ao bando dos vencedores e foi tido en consideración por Octavio. Cónsul en 31 a C, comandou unha parte da frota na Batalla de Accium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo portugués. A súa obra sitúase nunha época intermedia entre o naturalismo e o neorromanticismo, aínda que cultivou desde o drama histórico, como en Os Castros (1898) e O sonho da India (1898), ata a crítica social baixo a influencia de Ibsen, como en O Regente (1898) e Almas doentes (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larvaria do ciclo biolóxico dos dixéneos que se orixina a partir das cercarias cando estas penetran no hospedeiro intermediario (molusco, peixe ou anfibio) e enquístanse. As metacercarias pasan ao hospedeiro definitivo (normalmente un vertebrado) ao ser inxerido por este o hospedeiro intermediario, adheríndose ao seu tubo dixestivo e transformándose en adultos que poñen ovos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarcita formada por un proceso metamórfico de recristalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circuíto electrónico disposto en forma dunha unidade compacta miniaturizada, en que os diferentes compoñentes se montan sobre unha pequena placa, xeralmente cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de poesía convocado pola Deputación da Coruña (1991), en que son galardoados os autores que presentan obras inéditas e non premiadas en lingua galega. As obras, de temática libre, deben ter unha extensión non inferior aos trescentos versos. Entre outros, resultaron premiados Luz Pozo Garza (Prometo a flor de loto, 1992), Manuel Álvarez Torneiro (Luz de facer memoria, 1998), Xosé María Álvarez Cáccamo (Vocabulario das orixes, 1999) e Román Raña Lama (Eloxio da desorde, 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e escritor. Coñecido como Luis Milán, foi un virtuoso da vihuela. A súa obra máis importante é Libro de música de vihuela de mano intitulado El Maestro (1536), que é a primeira tabulatura instrumental aparecida na Península Ibérica. Tamén publicou El Cortesano (1561).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Converteuse ao cristianismo e defendeuno sen facer mención da Biblia nin doutras fontes cristiás na súa obra Octavius, un diálogo que escribiu á maneira de Cicerón. A súa intención era ensinar a racionalidade desta fe cunha apoloxía monoteísta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mioma con elementos sarcomatosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gospodar de Valaquia (1386-1418), fillo de Radu I. Estivo en loita constante contra os turcos e perdeu parte da súa independencia cando Mehmet I ocupou a Dobruxa e o someteu a tributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monoterpeno acíclico de cheiro agradable que se atopa nos aceites da herba de cruz, lúpulo e loureiro que se obtén por pirólise do -pineno.

    VER O DETALLE DO TERMO