"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi profesor axudante na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1967-1969). Nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira (1982-1985), foi conselleiro de Economía e Facenda desde 1990 e deputado no Parlamento de Galicia polo PP (1997-2001). Escribiu varios artigos en revistas especializadas de economía, entre os que destacan “Administración autonómica e control externo público” (2000) e “O futuro da economía galega” (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir de 1948. Editada polo Centro Coruñés desa cidade e dirixida por Bieito Cupeiro, nos seus inicios contou coa colaboración de Suárez Picallo, Avelino Díaz, Castelao ou Alonso Ríos. Incluíu artigos e informacións do centro, traballos e colaboracións sobre Galicia e a súa historia, así como poesías, relatos e opinión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro Paradela Criado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de información local publicado na Coruña a partir de xaneiro de 1918. Cesou o 17 de xullo de 1932. Subtitulado “Diario independente”, estivo dirixido por Xosé Pan de Soraluce, Leandro Pita Romero (desde 1924) e Victoriano Fernández Asís. De tendencia monárquica e conservadora, foi escola de xornalistas coruñeses.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado na Coruña a partir do 25 de novembro de 1983. Cesou a finais de decembro de 1986. Baixo o subtítulo “Semanario coruñés independiente”, estivo dirixido por Carlos Luís Rodríguez e, desde xuño de 1984, por José L. Centeno. De carácter propagandístico e cun marcado carácter antigaleguista, foi un medio de promoción do alcalde socialista coruñés, Francisco Vázquez. Contou coas colaboracións de Xavier Alcalá, Luís Iglesias ou Martínez Barbeito.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada do litoral atlántico, situada entre as puntas de Mexillosa e O Orzán, na cidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico que pecha polo N a enseada do seu nome, situada na cidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da costa atlántica situada no centro da cidade da Coruña. Duns 700 m de longitude e dotada de numerosos servizos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Evanxelizador de Suecia e Dinamarca, considérase o grande apóstolo do cristianismo entre os escandinavos. Trasladouse a Alemaña e o Rei Harold de Dinamarca, que se convertera ao cristianismo, levouno coa idea de evanxelizar o seu pobo. Tivo pouco éxito e foi evanxelizar Suecia. Posteriormente foi bispo de Hamburgo e, tras o saqueo desta cidade polos viquingos, o Papa Nicolao I nomeouno arcebispo de Hamburgo e Bremen, e delegado para Dinamarca, Noruega e Suecia. A súa festividade celébrase o 3 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que oscila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Oseira (San Cristovo de Cea). Fundouse en 1137 tras a doazón de Afonso VII a catro relixiosos que facían vida monástica na zona. Adheriuse á orde beneditina e pouco despois ao Císter. Cara a 1140 san Bernaldo enviou monxes de Claraval para instruír a nova regra. Recibiu novas doazóns de Fernando II e Afonso IX, ademais doutras particulares, como as igrexas de San Xoán de Louredo, de Santa Cristina e o couto de Marín. Estas posesións e as novas adquisicións que a propia comunidade realizou convertérono nun dos cenobios máis poderosos de Galicia. As súas posesións abranguían desde o couto de Marín ata Zamora. Tivo baixo a súa dependencia os cenobios de Santo Estevo de Chouzán, San Lourenzo de Miño e Santa Maria de Junias de Pitões, en Portugal. O conxunto monacal consta de varios volumes acaroados. A igrexa construíuse entre 1185 e 1205 seguindo a tipoloxía das igrexas cistercienses e o modelo da catedral de Santiago de Compostela. Ten planta de cruz latina con tres...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arteixo. Realizada no s XII, ten unha soa nave rematada en ábsida rectangular e un anexo barroco no lado dereito. A planta é rectangular coa cuberta a dúas augas. Na fachada destaca a portada coroada con arquivoltas e un rosetón adornado con molduras e arcos semicirculares. A cornixa presenta canzorros agás no anexo barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Estudou no Instituto de Tecnoloxía de California e doutorouse en 1973 pola Universidade de Cornell. En 1996 recibiu, xunto con David Lee e Robert Richardson, o Premio Nobel de Física polo descubrimento da superfluidez do helio-3.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe escura. Para uns procede do gaélico oisin ‘cerviño’, se ben é posible que teña que ver coa exclamación hebrea hoxianna! (latinizada hosanna! ‘salve’), da que parece derivar o feminino romanés Ozana.
-
PERSOEIRO
Teólogo alemán. De nome Andreas Hoseman, foi profesor de hebreo en Nuremberg e predicou a reforma luterana (1521). Aconsellou o rigor cos anabaptistas e desde 1549 foi reitor e profesor de teoloxía de Kaliningrad. Defendeu a impanación na eucaristía e motivou unha forte controversia coa súa concepción da xustificación que, segundo el, consistía na unión real e intrínseca de Xesús Cristo coa alma, é dicir, na inhabitatio Christi. Encargouse da supervisión da obra de Copérnico De Revolutionibus Orbium Coelestium e engadiu un prólogo onde afirmaba que as teorías expostas non correspondían á realidade, senón que eran un simple modelo matemático para facilitar os cálculos relativos aos movementos dos corpos celestes.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Croacia (3.619 km2; 326.446 h [2001]). A súa capital é Osijek.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán (1281-1326), fillo e sucesor de Erto ǧ rul. Fundou a dinastía otomá e converteuse en xefe das tribos turcas da rama oģuz. Combateu os bizantinos e levou a cabo unha política expansiva. Sucedeuno o seu fillo Orhan I, que conquistou a cidade de Brusa (1326), convertida despois na capital do Imperio Otomán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán otomán (1618-1621), fillo de Ahmet I. Accedeu ao sultanato ao ser declarado incompetente o seu tío Mustafá I (1617-1618). Ao fracasar a expedición contra Polonia, foi substituído polo seu tío outra vez e asasinárono no transcurso dunha revolta dos xanízaros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sultán otomán (1754-1757), fillo de Mustafá II. Sucedeu o seu irmán Ma ḥ mūd I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, situado na rexión de Costa do Mediterráneo (441.547 h [1997]). A súa capital é Osmaniye (160.854 h [1997]).