"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de san Cremenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Fontefría (Amoeiro). Presenta dúas partes de diferentes épocas construtivas. A máis antiga ten planta en forma de U do s XVII xunto á que se atopa outro corpo en forma de L, do s XVIII. Conserva unha capela do s XIX, ademais de hórreos, pombal e fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Soria, Castela e León, regado polo río Duero (3.301 h [2001]). A economía baséase na agricultura e na gandaría. No s X foi escenario de varias batallas contra os musulmáns. Conserva as murallas e a ponte sobre o Duero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arca (O Pino). Ten planta en forma de U, con patín como entrada principal. As dúas ás son desiguais e unha delas remata en forma de torre. Cara ao centro do corpo central ten outra torre e sobre a porta da solaina atópase a data de 1699. Conserva un pombal, a capela, os alpendres e outras construcións adxectivas. A pedra de armas alude aos Leis ou Caamaño, Villardefrancos, Moscoso e Pardiñas ou Rioboo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Pedro Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (19.340 h [2001]). Destaca como núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada na ribeira dereita da ría de Arousa, na parroquia do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Bibei, que nace na serra de Queixa, en Cabeza de Manzaneda (Manzaneda) e desemboca na parroquia de Sobrado (A Pobra de Trives).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de Santiago. Constitúe o derradeiro treito do Camiño Francés de peregrinación a Santigo antes da súa entrada na capital galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Santiago de Compostela. Trátase dun pequeno templo situado no lugar dun antigo hospital para acoller aos cóengos leprosos e outros enfermos, a xuízo do seu prior. Foi fundado en 1149 por Afonso Anaya e a súa dona Adosinda Menéndez, polo cóengo Pedro Pardo e por Pedro, prior da colexiata de Santa María do Sar. O domingo de Lázaro ou de Paixón, que se corresponde co quinto domingo de Coresma, celébrase unha romaría en que se ofrecen diversas clases de esmolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio de titularidade municipal situado en Santiago de Compostela, con capacidade para 12.000 espectadores. Obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, foi inaugurado o 24 de xuño de 1993. Conta cun campo de fútbol e unha pista de atletismo. Nel xoga os seus partidos como local a S. D. Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Valiñadares en Mondoñedo. Trátase dunha ponte de cantaría con dous arcos rebaixados e tallamares triangulares no centro rematados con escudos. Atópase nun camiño local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Penas (Monterroso). Ten forma de L, formado pola torre da homenaxe dun antigo castelo e o pazo propiamente dito. A torre ten planta rectangular, con tres pisos e soto, con seteiras e ventás nos muros. O pazo ten unha soa planta e patín. Está pechada por un muro cunha porta de acceso arquitrabada, flanqueada por escudos que fan referencia aos Ribadeneira e aos Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Estrada. Ten planta en forma de L con planta baixa e piso. Na fachada principal atópase un portón arquitrabado sobre o que se sitúa un escudo que alude os Figueroa e Puga, Sotomayor e Aldao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castro (Miño). De planta rectangular, na parte central dispúxose un engadido de dúas plantas amodo de torre. As pedras de armas aluden os Tenreiro, Montenegro, Andrade, Bolaño e Valdés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Bembribe (Taboada). Ten planta en forma de U que forma un patio interior con arcadas no piso baixo e columnas no superior, cun corredor que percorre as tres ás. O patio está pechado cun muro en que se abre un arco de medio punto sobre o que se sitúa unha pedra de armas. Conserva unha torre e unha escaleira de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sárdoma (Vigo). Construído no s XVII, ten planta rectangular, próxima ao cadrado, con dúas alturas e remata con ameas. Na fachada destaca unha torre redonda pola que se accede, percorrendo un pasadizo disposto sobre un arco, á capela de San Roque, de planta rectangular. É o lugar de celebración dunha romaría na honra de san Roque, patrón da cidade, o 16 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO