"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Pintora e gravadora. Formouse con Alberto Castro Couso e Ana Pasarín, cos que aprendeu as técnicas do debuxo, a pintura ao óleo, a xilografía, a linografía, a augada e a sanguina, entre outras. As súas pinturas, bodegóns e paisaxes, evolucionaron dende os valores impresionistas da primacía da luz e da cor ata os expresionistas, onde a pincelada se fai máis longa e na que a pasta de cor é máis grosa. Realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Xubia que constitúe a capital do concello de Narón.
-
GALICIA
Industrial. Foi propietario dun almacén de produtos coloniais en Vigo e fundador da conserveira Gándara y Haz (1903). Presidiu o Centro de Instrución Mercantil (1894) e en 1920 foi o seu tesoureiro. Foi secretario (1886) e presidente (1921-1924) da Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Vigo e contribuíu á creación do Depósito Franco. Presidiu a Junta del Puerto y Ría de Vigo (1915-1919) e formou parte do consello de administración do Banco de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Arnego (Rodeiro), Bidueiros (Dozón) e Coiras (Piñor). O seu cumio acada os 832 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dolores González Lorenzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estación arqueolóxica paleolítica da bacía do río Louro en San Salvador de Budiño (O Porriño). Primeiro xacemento paleolítico galego estudado con metodoloxía científica, caracterízase polos seus materiais exclusivamente líticos sobre seixos de orixe fluvial de cuarzo ou cuarcita encadrados no Acheulense. Trátase dun xacemento ao aire libre con sucesivos períodos de ocupación no que se localizaron restos de fogares asociados a enxovais líticos e lugares con concentracións de útiles, núcleos, lascas e fragmentos naturais. O estudo destes materiais permitiulle a M. D. Echaide elaborar un sistema clasificatorio de instrumental lítico, que tivo en conta as peculiaridades propias das bifaces galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación oficial que recibe, como espazo protexido da Rede Natura 2000, o conxunto de áreas húmidas das marxes do río Louro, aloxadas sobre o sector da Depresión Meridiana entre o Faro de Budiño e a serra do Galiñeiro. Este espazo natural abrangue unha superficie de 834 ha distribuídas entre os concellos do Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Constitúen unha área pantanosa que acolle diferentes ecosistemas naturais, onde se poden atopar unha gran parte das formacións vexetais características dos medios acuáticos continentais e de turbeiras da rexión Eurosiberiana: augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae); lagoas eutróficas naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition; uceiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix; depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion; e bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Entre a súa fauna, destacan especies como...
-
PRAIAS
Praia da beira occidental da ría de Betanzos, no litoral da parroquia de Ouces (concello de Bergondo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Salcedo (Pontevedra). Sede da Misión Biolóxica de Galicia, foi propiedade de Sebastián Malvar Pintor, arcebispo de Santiago, que o mandou construír a finais do s XVIII. Destaca a balconada da primeira planta apoiada en ménsulas con molduras e con varandas de ferro, e a decoración de placas. Conserva na fachada posterior a capela, con tres arcos na porta de entrada, sobre a que se sitúa un escudo, e rematada cunha espadana, e un hórreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘dente’.
-
-
Relativo ou pertencente ao gando.
-
-
Propietario de gando.
-
Persoa que comercia con gando.
-
-
-
-
Conxunto de actividades relacionadas coa utilización, a cría e o comercio do gando. A súa orixe remóntase aos primeiros intentos de domesticación de gando a finais do Paleolítico, para asegurarse unha mellora no sustento. A aparición da agricultura e o sedentarismo favoreceron así mesmo o cultivo da forraxe para a alimentación do gando controlado, que foi tamén utilizado para os traballos agrícolas e de transporte. O desenvolvemento da gandería, un dos trazos fundamentais da denominada Revolución Neolítica, tivo lugar no Oriente Próximo onde a domesticación se centrou en dous grupos: os animais utilizados para obter alimento (ovella, cabra, reno) e os que se podían incorporar á explotación e colaborar nas tarefas agrícolas e de transporte (cabalo, burro, boi). O primeiro caso rexistrouse fundamentalmente nas culturas desenvolvidas en medios esteparios e é o cazador quen somete os animais á domesticación, mentres que no segundo é o agricultor. En sucesivas etapas, a gandería pasou pola práctica...
-
Conxunto de gando dunha comarca, país, etc.
-
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Tarragona, Catalunya (2.668 h [1996]). A agricultura segue a ser o sector principal da súa economía. A vide é o cultivo principal, seguido polos cereais, as amendoeiras e as oliveiras. No que se refire á industria, destacan as manufacturas de papel e cartón. Tamén se elaboran e comercializan viños con denominación de orixe. De orixes iberas, foi señorío dos templarios ata 1317 que pasou aos hospitalarios. Durante a Batalla de Aragón (marzo-abril de 1938), foi ocupada polo xeneral García Valiño. Con posterioridade, foi un dos obxectivos centrais da ofensiva republicana na Batalla do Ebro. Do seu patrimonio cultural destacan o poboado ibero do Coll de Moro, o castelo de Miravet e a igrexa de Santa María (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia da India, situada no NO. Formou parte do Imperio Persa (s VI a C) e foi ocupada por Alexandre o Grande. No s II a C foi dominada polos reis indogregos da Bactriana, ata que os Gupta a integraron de novo no Imperio Hindú. Durante moito tempo foi un dos centros budistas máis activos e nela naceu a corrente artística grecobúdica. No eido da escultura destaca o Buda de Gandhāra e no eido da arquitectura os stupa, nos que se empregaron as columnas xónicas e os capiteis corintios. Cómpre destacar o conxunto de Sirkap.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura do panteón védico relacionada en primeiro lugar co culto dos deva, como parece probar o seu parentesco co demo acuático gandarewa, citado por Avesta. O carácter lascivo e en parte maligno da figura do gandharva úneo co círculo teolóxico do culto dos asura. No budismo chegou a ser sinónimo da realidade que transmigra no momento dunha nova encarnación.
-
PERSOEIRO
Político e pensador hindú. Coñecido co título de mahatma, estudiou dereito no University College de Londres e exerceu como avogado en Bombai. En 1893 aceptou un contrato de traballo en Sudáfrica, onde permaneceu durante 21 anos e iniciou un movemento de non violencia en defensa dos dereitos dos hindús emigrados, denominado satyagraha (‘abrazo da verdade’). En 1915 regresou á India e converteuse en líder do movemento en favor do autogoberno (swaraj), acompañou os seus postulados de resistencia pasiva cun sistema de vida ascético e de confraternización coas clases baixas. Entre 1921-1932 o Congreso Nacional Indio outorgoulle a autoridade executiva. Levou a cabo diversas campañas de desobediencia civil que lle supuxeron períodos de cárcere; na súa estancia en prisión en 1932 protagonizou una folga de fame co obxecto de erradicar a inxustiza social e económica do sistema de castes. Malia á súa oposición inicial, aceptou a separación de India e Paquistán cando se acadou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Indira Gandhi. Foi elixido deputado do Parlamento en 1981 e dous anos despois nomeárono secretario xeral do Partido do Congreso (I). Tralo asasinato da súa nai accedeu ao cargo de primeiro ministro, no que se mantivo ata 1989 e no que houbo de enfrontarse á corrupción e aos conflitos étnicos. Nun novo intento de reelección, na campaña de 1991, foi asasinado cando visitaba o estado indio de Tamil Nadu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Estudiou nas universidades de Bengala e Oxford. Afiliada ao Partido do Congreso desde 1938, ao proclamarse a independencia da India converteuse en asesora do seu pai Nehru, nomeado primeiro ministro. Foi ministra de Información no gabinete de Shastri, a quen sucedeu como xefe de goberno en 1966. Foi confirmada no cargo nas eleccións de 1967 e de 1971. En 1975 un tribunal declarouna culpable de corrupción electoral e nas eleccións de 1977 o seu partido foi derrotado. En 1978 encabezou unha das faccións nas que se escindiu o Partido do Congreso e dous anos despois chegou por cuarta vez ao cargo de primeira ministra da India. Foi presidenta do Movemento de Países Non Aliñados en 1983. Reprimiu as aspiracións independentistas da comunidade sikh no Punjab; morreu asasinada por membros sikhs da súa escolta persoal.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de València (56.555 [1996]). Máis do 90% das terras dedícanse aos cítricos e o resto aos produtos de horta (en especial cebolas, melóns e tomates). O retroceso na exportación destes produtos por vía marítima e a súa substitución polo ferrocarril e polos camións fixo que o porto perdera o papel de centro exportador de cítricos e tan só se mantivera como porto importador de papel e maquinaria. As empresas de transporte por estrada e as actividades industriais relaciónanse de maneira directa ou indirecta coa agricultura. Destacan as alimentarias e de embalaxes para froita; o subsector da madeira e o moble é tamén importante, así como o dos transformados metálicos. A construción tomou forza a raíz do desenvolvemento do turismo e localízase na franxa marítima do concello que comprende a praia de Gandía e de Venecia. O sector turístico é moi importante para a economía do concello. É un importante nó de comunicacións, ten estación de ferrocarril a València, e autoestrada...
VER O DETALLE DO TERMO