"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Colección de textos de autores de lingua castelá, publicada en Madrid en 1846 por Manuel Rivadeneyra, baixo a dirección literaria de Buenaventura Carlos Aribau. En 1954 foi recuperada pola Real Academia Española, con rigor crítico e tendencia aos escritos históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en 1910 na colonia galega de Madrid e dirixida por Luís Antón del Olmet e Prudencio Canitrot, nun ambiente de neo-rexionalismo influído pola política (basicamente agraria) e pola literatura (neorromántica e modernista). O seu primeiro volume, modernista, foi obra de Ramón del Valle-Inclán, titulado Las mieles del rosal. Luís Antón de Olmet publicou aquí El encanto de sus manos e Prudencio Canitrot, Ruínas. Outros autores destacados desta editorial foron Manuel Murguía, Manuel Linares Rivas e Alberto Insúa. No labor desta editorial destacou ademais a presentación de autores novos como Wenceslao Fernández Flórez ou Manuel María Puga (Picadillo), entre outros, por medio de certames e premios literarios. Advírtese un afastamento da literatura galega en galego. A prematura morte de Canitrot e o escaso éxito comercial da colección, fixeron que as publicacións se detivesen en 1913.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1832 polos monxes franciscanos. No ano 1881 contiña máis de 14.000 volumes e en 1912 chegaba aos 20.000, grazas ás doazóns de Pedro Bartolomé Casal, da Universidade de Santiago, e do xornal El Eco Franciscano. En 1912 doaron libros Atanasio López e Lino Gómez Cabedo. Conta nos seus fondos con 74 incunables, con numerosos volumes dos ss XVI e XVII, obras relixiosas -fundamentalmente revistas de temas franciscanos- e abundantes libros relacionados con Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir da biblioteca do Seminario de Estudos Galegos e das doazóns realizadas por Arias Sanjurjo, Varela Limia, Paulino Pedret Casado e Felipe Cordero Canete, que adquiriran a biblioteca de Antonio Couceiro Freijomil, Salvador Cabeza de León e Fernando Alsina. Está formada fundamentalmente por libros de temática galega que sobrepasan os 7.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública fundada no 1948 en Toquio. Ten o depósito das publicacións xaponesas. Tamén conserva as publicacións do goberno dos EE UU e constitúe o centro xaponés de intercambio e información de libros. Está dividida en sete departamentos e noutras 35 bibliotecas espalladas polos aparatos executivos e xudiciais do goberno, totalizando un conxunto de 3.900.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Roma. Inaugurouse no 1876 coas bibliotecas de 69 casas relixiosas romanas, que foran suprimidas no 1873, xunto coa biblioteca do Collegio Romano. As coleccións de manuscritos son moi valiosas. Funciona amodo de biblioteca central e dispón duns 4.500.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Galia, capital dos eduos, situada no monte Beuvray (Nivernès), que a finais do s I a C e por orde dos romanos, foi abandonada polos seus habitantes, que se trasladaron á nova cidade de Augustodunum (Autun), levantada na chaira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Designación non sistemática do ión hidroxenocarbonato ou carbonato ácido HCO- 3.

    2. Nome habitual que se lle dá ao hidroxenocarbonato de sodio.

    3. Substancia que se utiliza para calmar a dor de estómago cando hai exceso de ácido nel e que facilita a dixestión.

    4. Amortecedor fisiolóxico sanguíneo. A maior parte atópase en forma salina HCO-3:


      FORMULA




      pero a concentración de ácido pode aumentar facilmente ao diminuír a eliminación pulmonar de CO2, xa que o ácido carbónico está en equilibrio co seu anhídrido, volátil, nunha reacción catalizada pola anhidrasa carbónica:


      FORMULA2

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás follas compostas de folíolos tamén compostos, como no caso de moitas acacias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación non sistemática do dicromato.

    2. Nome habitual do dicromato de potasio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no concello de Monterroso, pertenceu ao antigo pazo dos Marqueses de Castelar, hoxe en ruínas. Conserva un edificio moi transformado que puido ser a capela. No corpo inferior hai unha porta con dovelas e no superior dúas ventás cuadrangulares, unha na cara N e outra na cara O. O tellado é de dúas augas. Un gravado coa coroa marquesal aparece na contraclave do arco. Os brasóns dos Salgado e dos Gundín consérvanse no museo de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de San Salvador de Mourisco (Paderne de Allariz), no límite coas de Santa Olaia de Esgos (Esgos) e Zorelle (Maceda). O seu cumio atópase a 787 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena xema que xorde no talo ou nas pólas dalgún vexetal e que dá lugar a novas ramas, follas ou flores.

    2. sabugueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que recibiu a bendición de Deus a través dun dos seus ministros.

    2. Relativo ou pertencente á orde beneditina ou de san Bieito.

    3. Que se caracteriza pola súa bondade ou que é incapaz de facer mal.

    4. Frade ou relixiosa da orde beneditina.

    5. Que ou quen goza de boa fortuna ou felicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Magalona, Languedoc 750? - Cornelimünster, Renania 11.2.821) Monxe bieito, de orixe goda. Sendo novo serviu na corte de Pipino o Breve e na de Carlomagno. Monxe cara ao 774 en Dijon, non aceptou o cargo de abade e retirouse ao seu país onde fundou a abadía de Aniana (780?), centro da reforma monástica en Francia, co obxectivo de uniformar a orde beneditina. Luís o Piadoso nomeouno superior xeral de todos os mosteiros e encargoulle a súa reforma por todo o Imperio. É autor da Concordia regularum. A súa festividade celébrase o 11 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador da orde dos Benedictinos ou Bieitos e patriarca do monaquismo occidental. A única biografía antiga que se coñece deste santo é a que lle dedica o Papa Gregorio I no seu segundo libro dos Diálogos, escrito cara ao 593-594. De familia nobre, arredor do 480 foi enviado a estudar a Roma pero, desacougado coa vida disipada da cidade, escapou a Afide e, máis tarde, con 20 anos, retirouse a Subiaco para facer vida eremítica nunha cova durante tres anos. Elixido abade de Vicovaro, a súa sona atraeulle numerosos discípulos, entre eles dous nobres romanos, Mauro e Plácido. Posteriormente emigrou con varios discípulos a Montecassino, nos Apeninos, onde fundou arredor do 528 un mosteiro na cima dun outeiro, que se convertería no seu principal estandarte. De feito, aínda que seguiu coa súa peregrinación e fundación de mosteiros (Terracina, Roma, etc), foi en Montecassino onde pasaría o resto da súa vida, redactando a súa famosa regula monachorum (‘regra monástica’), código...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de escravos africanos, era coñecido co alcume de o Mouro. Pastor e labrego, ingresou na orde dos franciscanos e permaneceu no convento de Santa María de Palermo, primeiro como irmán leigo e logo como superior do cenobio. Recibe culto especial en Sicilia, o seu lugar de nacemento. En Galicia venérase na parroquia de Santa Cristina de Covas, en Meaño, onde se introduciu o culto a comezos do s XIX. Na iconografía represéntase coa faciana de cor negra, co pelo curto e crecho, cunha ampla tonsura monacal e vestindo o hábito castaño dos franciscanos, atado cun cordón. A súa festa celébrase o 4 de abril, agás en Covas, onde se conmemora o martes de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde beneditina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antropónimo procedente do latín Benedic22tus ‘bendito’, base da que tamén deriva Benedic22to como forma culta de Bieito. Este nome presenta as variantes Bento/Benta e Benito/Benita; a través do español penetrou en portugués e en italiano. Coñécense como hipocorísticos Tocho, Nito e Beni. As formas masculinas tamén se atestan como apelidos, xa que proceden do uso do nome persoal como patronímico insufixado; así,  Biéitez e Bieites, que adoito  aparecen grafados como Vieitez e Vieites. San Bieito é un santo moi popular en Galicia; moitos devotos demandan a súa axuda na procura dunha curación para os seus vultos, espullas ou tumores. Á ermida de San Bieito da Cova do Lobo, preto de Ourense, acoden moitas nais para curar os seus meniños do tangaraño, misterioso meigallo da infancia que enfraquece e deforma os nenos. Preto do santuario está a Pedra do Tangaraño ou Penedo Vigón, unha das...

    2. Liñaxe natural de Betanzos. As súas armas levan, en campo de azul, unha planta con bieitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, crítico e poeta alemán. Dirixiu a revista teatral Freie Bühne. Acadou gran sona coa poesía para cabarét Irrgarten der Liebe (O labirinto do amor, 1901). Publicou tamén novelas, entre elas: Stilpe (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO