"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Depuración das augas por acción bacteriolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é froito da participación de dúas partes ou de dous partidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dobremente pinnatisecto, como ocorre coas follas pinnatisectas que, á súa vez, presentan divisións pinnatisectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizadora cinematográfica inglesa. Triunfou nos festivais de Toronto e Edimburgo co seu primeiro filme titulado The Priest (Sacerdote, 1994), unha película na que se presentaban os problemas do sacerdocio católico ante a homosexualidade e os votos de castidade. En 1995 dirixiu Mad Love (Amor tolo), apoiada pola produtora Touchstone, e na que contaba coa interpretación de Drew Barrymore e Chris O´Donnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión bimotor de reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Helicóptero con dous rotores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción pequena dun terreo ou de calquera outra cousa.

    2. Comida que transporta unha ave no pico para alimentar as súas crías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan, xeralmente sen lévedo, feito con moita fariña, moi pouca auga e sen sal que se facía cocer unha segunda vez para que se endurecese e se conservase mellor. Antigamente se empregaba para abastecer os barcos.

      1. Doce feito, basicamente, con flor de fariña, ovos, azucre, manteiga e, posteriormente, cocido no forno, que se caracteriza pola súa lixeireza e esponxosidade. Hai diferentes tipos de biscoitos, en función da proporción dos ingredientes básicos, da adición doutros (chocolate, froitas, etc), do tempo de cocción, etc. Emprégase tamén como base doutras moitas preparacións de pastelería, pois a súa suavidade permite casalo con outros produtos doces como marmelada, chocolate, froitos secos, crema, nata, etc. Na tradición oral recóllense, entre outros, os seguintes ditos: “Pouco me gusta o biscoito cando non é moito”; “Biscoito de monxa e regalo de aldea, doullos a quen queira”.

      2. biscoito borracho

        Doce elaborado xeralmente como biscoito cortado en anacos e bañado cun xarope de auga e ron, ou doutro licor, azucrado e queimado.

      1. Pasta fina e tenra de caolín cocida no forno, á que se lle deixa a superficie en estado mate, sen tinturas nin verniz. Coñecido xa nas manufacturas do Extremo Oriente, difundiuse en Europa a partir da segunda metade do s XVIII.

      2. Calquera pasta cerámica non esmaltada, despois de recibir a acción do lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano dividido en dous lóbulos case da mesma lonxitude que o órgano enteiro, de maneira que está practicamente separado en dúas metades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que divide en dúas partes iguais.

    2. Lugar xeométrico dos puntos que equidistan dos dous lados planos dun ángulo diedro, que queda dividido en dous diedros iguais. Dous planos non paralelos determinan catro ángulos diedros, para os que se distinguen dous planos bisectores.

    3. Lugar xeométrico dos puntos que equidistan dos costados dun ángulo, que queda dividido en dous ángulos iguais. Dúas rectas que se cortan determinan catro ángulos, iguais dous a dous. As súas bisectrices son dúas rectas perpendiculares entre elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao ano de 366 días, no que o mes de febreiro ten 29 días no canto de 28. A reforma gregoriana do calendario estableceu a seguinte matización: son anos bisestos os designados por un número divisible por catro, agás os seculares que só serán bisestos se son divisibles por catrocentos (p ex: o ano 1900 non é bisesto, pero o 1900 e 2000 si). OBS: Este adxectivo úsase exclusivamente na expresión ano bisesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político prusiano, artífice da unidade alemana. Nacido nunha familia de junkern (nobreza latifundista), estudiou en Berlín e en Göttingen. Ingresou na administración prusiana en 1835. En 1847 foi deputado no primeiro Landtag (Parlamento) xeral de Prusia. Extremadamente conservador, pediu a creación dun banco de crédito agrario e defendeu a represión do movemento revolucionario de 1848. Mostrouse realista e calculador cando Austria impuxo a Prusia a renuncia a unha primeira forma de unidade nacional alemá (Olmütz, 1850). Entre 1851 e 1859 foi conselleiro da embaixada de Prusia na Dieta de Frankfurt, onde avogou pola causa de Prusia e da unidade alemá contra a hexemonía de Viena, coa axuda de Rusia e da Francia de Napoleón III. Entre 1859 e 1862 foi embaixador prusiano en San Petersburgo e en 1862 en París. Nese mesmo ano chegou a primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores de Guillerme I de Prusia. En 1864 logrou, grazas á colaboración de Austria, que Dinamarca cedese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos sales do ácido bismútico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico de número atómico 83 e peso atómico 208,980, que pertence ao grupo 5B da táboa periódica, de cor branca brillante (cando é puro) tirando a rosada, de moi pouca condutividade térmica (a máis baixa de todos os metais, agás o mercurio). É o metal máis diamagnético, o que presenta maior efecto Hall, o de coeficiente de dilatación térmica máis negativo e o que presenta maior aumento de volume ao solidificarse. Foi illado en 1737 por Hillot, malia que J. H. Pott e T. O. Bergman son considerados os seus descubridores científicos. Constitúe o 3·10 -6 % da codia terrestre e ocupa, por orde de abundancia, o lugar 73 entre os elementos. Aparece en estado puro ou combinado con algúns minerais. Os minerais máis explotables dos que se pode obter o bismuto son a bismutina (sulfuro de bismuto) e a bismita (óxido de bismuto). Orixinalmente, obtíñase por torrefacción redutora a pouca temperatura. Na actualidade case todo o bismuto se obtén como subproduto doutras metalurxias....

    2. Po branco amorfo, de olor semellante ao alcanfor, insoluble en auga e soluble en alcohol e aceite. De acción antiséptica, é adecuado para combater as amigdalites e outras afeccións farínxeas.

    3. Cristais lustrosos higroscópicos, que se presentan en forma de pentahidrato. Constitúe o composto máis importante do bismuto, tanto polo seu uso directo (en pinturas, medicamentos, etc) como por usarse na preparación de moitos outros compostos.

    4. Po branco cristalino, soluble en ácido e insoluble en auga, que se obtén por hidrólise do cloruro de bismuto. Empregouse na elaboración de fármacos, pigmentos e perlas artificiais.

    5. Trióxido de bismuto que se encontra na natureza en forma do mineral chamado bismita e que se obtén por descomposición térmica do carbonato ou do nitrato de bismuto. Emprégase na preparación de fármacos, para colorear esmaltes e en vidros refrinxentes.

    6. Denominación non sistemática do carbonato básico de bismuto. Utilízase como astrinxente, antiácido e absorbente, e a súa opacidade aprovéitase para a exploración radiolóxica.

    7. Denominación non sistemática do sal de bismuto básico do ácido gálico. Emprégase como antidiarreico e como protector e secante en úlceras e feridas.

    8. Nome non sistemático do dihidroxinitrato de bismuto. Ten forma de po branco, formado por cristais moi pequenos, inodoros, case insípidos, insolubles en auga e en alcohol. De acción antiácida e absorbente, emprégase en farmacia, perfumería, cosmética, esmaltes cerámicos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compostos de bismuto no que este funciona como trivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Respecto dunha persoa, fillo ou filla do seu neto ou neta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bolboretas nocturnas da familia dos xeométridos ao que pertence a especie B. betularia, que cando aínda é eiruga se alimenta das follas do bidueiro e cando é adulta presenta dúas formas: unha moi clara salferida de negro e outra moi escura (melánica). Observouse que nas cidades industriais, onde a cortiza branca dos bidueiros se presentaba frecuentemente tisnada pola contaminación, a frecuencia da forma melánica era maior que nas vilas non contaminadas, onde a forma clara de bolboreta era máis frecuente. Este feito foi un exemplo clásico de adaptación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne, de rizoma groso e carnoso, dobregado en forma de S, de talo simple, de 20 a 60 cm de altura, con follas basais, pecioladas e ovadas, e espiga terminal compacta, de flores rosas. O rizoma, rico en taninos e amidón, é un bo astrinxente, empregado en forma de maceración en auga, para lavados, ou en viño contra diarreas e outras doenzas intestinais. En Galicia está restrinxida a zonas herbosas húmidas das serras orientais do país.

    VER O DETALLE DO TERMO