"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

    1. Modificación da capacidade reactiva dos tecidos dun ser vivo, xeralmente en forma de hipersensibilidade, despois de ter sido sensibilizado por un antíxeno. Habitualmente os antíxenos son alérxenos, substancias ambientais non tóxicas para a maioría da xente. Nun primeiro contacto os alérxenos sensibilizan a unha persoa, é dicir, provocan a formación de anticorpos. Nunha segunda entrada do antíxeno, este reacciona co anticorpo previamente formado (reacción antíxeno-anticorpo) que determina a manifestación clínica das enfermidades alérxicas. Estas reaccións dan lugar a catro tipos diferentes de hipersensibilidade: Tipo I ou de hipersensibilidade inmediata ou anafiláctica, que comporta a liberación de substancias vasoactivas como a histamina, causantes dos trastornos nos tecidos e nos órganos. Este mecanismo é responsable da rinite alérxica, da asma bronquial, da urticaria, do anxioedema e do choque anafiláctico. Tipo II ou reaccións citotóxicas, que comporta a activación...

    2. Sensibilización patolóxica producida por desencadeamento de trastornos de orixe emocional.

    3. Aborrecer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á alerxia.

    2. Que padece alerxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade fortificada dos galos, na cima dos Auxois (Les Laumes, Borgoña), último punto de resistencia das tropas de Vercinxetórix perante as lexións romanas ao mando de Xulio César. A caída de Alesia, no ano 51 a C, permitiu aos romanos o dominio das Galias. O lugar foi identificado e escavado no s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno, fillo dun inmigrante italiano. En 1920 chega á presidencia como candidato da Alianza Liberal, opoñente da coalición das dereitas. Tentou unha serie de reformas, pero as cámaras, controladas polos conservadores, impedíronlle toda actuación coherente, dificultada ademais pola inestabilidade do goberno, a crise económica e as reivindicacións obreiras. En 1924 un comité militar fíxose cargo do poder. Alessandri exiliouse en Europa, pero pouco tempo despois un novo golpe militar de tendencia liberal devolveuno á presidencia (marzo de 1925) o que lle permitiu a aprobación dunha nova constitución presidencialista e laica (agosto de 1925). Alessandri demitiu en outubro do mesmo ano. Despois da denominada república socialista (1931), foi elixido de novo presidente nunha coalición de concentración nacional (1932-1938). Neste mandato creou a milicia republicana (1933) e puxo fin á lexislación social instaurada no decenio 1920-1930 (leis do salario vital e de medicina preventiva)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, enxeñeiro e home de negocios, fillo de Arturo Alessandri Palma. Gañou as eleccións presidenciais de 1958. En 1964 foi substituído por Eduardo Frei. Actuou como vicepresidente do Banco de Sudamérica e como director e accionista dunha rede de fábricas de papel e de refinerías de azucre; colaborou coa ditadura do Xeneral Pinochet cando era presidente do Consello de Estado ata que demitiu (1976-1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Construíu, entre outras obras, a vila Cambiaso en Xénova (1548) e a basílica de Carignano, baseada no proxecto de Bramante para San Pedro de Roma. A súa obra, especialmente a de tipo civil, constitúe unha sorte de manierismo arquitectónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe da insurrección contra o vicerreinado de Palermo. Presentou en Nápoles a revolta de Masaniello, volvendo a Palermo a organizar (1647) unha revolta contra o vicerrei de Sicilia, para ser proclamado Capitán Xeneral da illa. Tentou reformar a administración e limitar o poder da nobreza. Foi asasinado polos sicilianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do fylke de Møre og Romsdal, Noruega, entre os fiordes de Nordfjord e de Trondheim (37.146 h [1996]). Porto pesqueiro e centro comercial. Industria conserveira. Aeródromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi nomeado xefe dos exércitos por Andrónico II Paleólogo nas negociacións previas á expedición de Roger de Flor. Comandou a infantería nas vitorias de Aulax e de Artaki. Sitiada a cidade de Tira polos turcos, Corberan de Alet derrotounos, morrendo dun frechazo na testa cando ía na súa persecución.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Á pequena.

      2. Nome dado a certas pezas ou parte dun obxecto que sobresaen a xeito dunha aleta pequena.

      1. Cada un dos apéndices que posúen os peixes, cunha función locomotora ás veces, pero sempre estabilizadora, compensadora e de temón. É un repregue dérmico que sobresae do corpo en forma de lámina, normalmente carnosa, sostida por radios e recuberta por unha membrana. Os peixes cartilaxinosos teñen moitos radios, en contacto uns cos outros, de consistencia cartilaxinosa; os peixes óseos teñen poucos, distanciados entre eles, xeralmente osificados e acaban normalmente en picos. As aletas son de dous tipos: impares e parellas. As impares diferéncianse en tres: aleta dorsal, aleta anal e aleta caudal. A aleta caudal é a unica que ten unha verdadeira función propulsora. As aletas parellas están soldadas ás cinturas escapular e pelviana (aletas pectorais e pelvianas).

      2. Apéndice doutros animais acuáticos semellante á aleta dos peixes, como as ás dos pingüíns, transformadas en aletas natatorias, as expansións do corpo como dos chocos ou luras.

      1. Saínte de certas bombas de aviación que as estabiliza na súa traxectoria.

      2. Peza das armas Mauser que serve para pousar a arma en situación de seguridade, de desmontaxe ou de tiro.

    1. Cada un dos suplementos de goma en forma de pa que os nadadores e mergulladores calzan para que lles axuden a nadar.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar a alguén nun estado de somnolencia.

    2. Caer alguén no aletargamento, quedando abatido, sen ánimo, sobre todo referido aos doentes.

    3. Tornarse menos dinámico e entusiasmado, con falta de acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto da filosofía grega que designa un proceso de descubrimento que facilita o achegamento a un aparecer da verdade trascendental do obxecto, sexa ou non de carácter estético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecticida sintético, líquido e viscoso, quimicamente moi semellante á piretrina. É activo contra os insectos que resisten o DDT e pouco tóxico para o home e para os animais domésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glaciar da Europa central, nos Alpes de Berna, Suíza, considerado o máis grande de Europa (22 km de longo, 171 km2). Alimentado polos circos dos Finsteraarhorn (4.274 m de alt), da Jungfrau (4.158 m) e do Aletschhorn (4.195 m). As súas linguas únense en Concordia Platz. A lingua resultante (2 km de ancho e 16 km de longo), de topografía convexa a causa da forte ablación nas beiras, descende ata o parque natural de Aletschwald. O Aletsch alimenta o Roine a través do seu afluente Massa. Ao seu pé atópanse as estacións deportivas de Belalp e de Riederalp.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de leucocitos.

    2. aleucia hemorráxica

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘fariña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia das pironematáceas con frutificacións en apotecios como cuncas de ata 12 cm de diámetro, de cor alaranxada moi viva coa cara externa máis pálida. En Galicia é común A. aurantia sobre solos espidos e húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino que é un dos principais constituíntes ácidos da goma laca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello, actualmente en desuso, empregado para medir as calidades panificables das fariñas. Segundo o obxecto concreto de medición poden ser: alveógrafos, se miden o traballo de deformación da masa; amilógrafos, se rexistran as variacións de viscosidade; e farinógrafos, se rexistra a forza necesaria para mover as pas da amasadora.

    VER O DETALLE DO TERMO