"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 17 de agosto de 1077 entre Diego Páez, bispo de Compostela, e Faxildo, abade do mosteiro de Antealtares. A Concordia de Antealtares constitúe un documento de especial riqueza informativa: por unha banda é o máis antigo documento coñecido sobre o martirio do Apóstolo Santiago. Contén información sobre a traslatio do seu corpo desde o porto de Ioppe, a descuberta do sepulcro polo anacoreta Paio e a construción da primitiva Igrexa de Santiago polo Rei Afonso II. Pola outra banda, ofrece valiosos datos sobre a construción románica da catedral e sobre a primitiva disposición do Mosteiro de Antealtares, así como da situación e número de construcións da Compostela do momento. Por último, a Concordia fixa por escrito os novos termos para delimitar a superficie territorial do Mosteiro de Antealtares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado no mosteiro de San Paio de Antealtares o 7 de xuño de 1458 entre varios nobres da Terra de Santiago (Moscoso, Soutomaior e Montaos) e os concellos de Santiago, Muros e Noia. Deu lugar á constitución dunha Irmandade para loitar contra os abusos cometidos por outros nobres, principalmente polo arcebispo de Compostela, Rodrigo de Luna. O documento reflicte a inexistencia da xustiza real, feito que era aproveitado por determinados señores, fundamentalmente o arcebispo e os seus servidores, para roubar e destruír os bens dos congregados en Antealtares. No Manifesto estableceuse a responsabilidade dos señores sobre os roubos cometidos polos seus serventes, ao tempo que se tomaban medidas para garantir a seguridade nos camiños. Ademais, convidábase a outras vilas a sumarse á Irmandade, ofrecemento que foi aceptado por Pontevedra. A conflitiva situación que provocou a Irmandade obrigou a Rodrigo de Luna a fuxir de Compostela, resultando inútiles os diversos intentos conciliadores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro da cidade de Santiago, situado nas proximidades da catedral compostelá. Foi fundado nunha data próxima ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo, no ano 814 aproximadamente. Neste tempo, Afonso II mandou construír unha igrexa na honra de Santiago, outra na de san Xoán Bautista, e unha terceira con tres altares dedicados a san Salvador, san Pedro e san Xoán Apóstolo. Detrás deles, na parte leste da igrexa, situouse un espazo reservado para doce monxes que tiñan a obriga de ocuparse do culto a Santiago. A denominación do mosteiro fai referencia á súa orixinaria localización respecto a estes antigos altares. A advocación a san Paio despraza a orixinal dedicada a san Pedro, trala construción por parte do bispo Diego Páez dun altar dedicado ao neno mártir Paio en 1077. Os seus dominios patrimoniais, aínda que en permanente litixio coa súa poderosa veciña, a catedral compostelá, espallábanse por numerosos puntos da xeografía galega. Unha primeira serie de posesións localizábase nos arredores...
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico alemán de orixe checa. Dirixiu, entre outros, os filmes titulados Cikani (1921), Tonka Sibenice (1930), primeiro filme sonoro checo, Le cordon bleu (1931), Matricule 33 (1933), Weisse Sklaven (1938), versión nazi de O acoirazado Potemkim, Viktor und Viktoria (1957) e Der Rächer (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aparear ou aparearse.
-
-
Unir formando parella un macho e unha femia para que copulen.
-
Xuntarse dous animais de distinto sexo para reproducirse.
-
-
-
Mostrarse de súpeto unha cousa á vista.
-
Iniciarse un proceso ou manifestarse algo por primeira vez.
-
Ser publicado, posto á venda un libro, unha revista ou calquera outra publicación que se mostra por primeira vez.
-
Atopar unha cousa ou persoa que se daba por perdida.
-
Mostrarse, especialmente un espírito ou visión sobrenatural, baixo unha forma visible.
-
-
-
de aparecer.
-
isión, especialmente dunha persoa morta, produto dunha alteración do estado de consciencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traveseiro de madeira no que descansa o mastro da vela dunha dorna e serven para protexer a pesca almacenada na cadeira.
-
-
de aparellar.
-
Dise do fonema que pertence a unha serie correlativa de oposición fonolóxica bilateral, como por exemplo longo/curto, xordo/sonoro (p/b), oclusivo/fricativo (p/f), etc.
-
-
-
Que ou quen aparella.
-
arquitecto técnico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aparellar.
-
-
Preparar os arreos ou aparellos para pórllos aos cabalos, bois, etc.
-
Gornecer a embarcación cos aparellos necesarios, -cordame, árbores, enreixados e velame- para as faenas de pesca ou para emprender a navegación. Pode ser aplicado igualmente a un pao, unha vara, etc.
-
Preparar, dispoñer os elementos necesarios para realizar unha operación, unha obra.
-
Preparar unha superficie, normalmente parede, para pintar sobre ela ou revestila con outro material.
-
-
-
Conxunto de elementos que se combinan para realizar unha determinada función.
-
aparato.
-
-
Conxunto de utensilios necesarios para pescar.
-
Conxunto de redes e panos de rede empregados para a extracción directa do peixe. Historicamente, a introdución de novos aparellos foi causa de fortes períodos de conflitividade protagonizados polos armadores dos novos aparellos, por unha banda, e os propietarios das artes tradicionais pola outra. A causa do conflito era fundamentalmente económica, ocasionada polo maior custe e produtividade dos novos aparellos, contra os que os armadores da pesca tradicional non podían competir. Os conflitos que se produciron entre as xábegas, introducidas en Galicia polos fomentadores cataláns dende mediados do s XVIII, e as artes de pesca tradicional (xeitos e volantas) son fundamentais para a comprensión da influencia da emigración levantina e da importancia das súas actividades para a evolución da industria pesqueira. Entre finais do s XIX e principios do XX a introdución do cerco de xareta, que representaba a pesca con traíña, supuxo un enfrontamento directo co xeito, conflito que rematou por producir...
-
-
-
aparello de bombarda
Aparello cunha arboradura que, ademais do bauprés, consta de dúas árbores dunha soa peza sen gabias, onde a maior é cruzada, e a do medio non; esta última cunha botavara e un pico para izar a áurica e a escandalosa.
-
aparello de barca/bricbarca/corveta
Aparello cunha arboradura que, ademais do bauprés, consta de tres ou máis árbores, que exceptuando a mediana, son todas de tres pezas cruzadas e sen gabia; a do medio é de dúas pezas sen cruzar e sen gabia pero cunha botavara e un pico para izar a áurica e a escandalosa.
-
aparello de dogre
Aparello cunha botavara que, ademais do botaló, consta de dúas árbores dunha peza, onde a maior leva dúas velas redondas, e a do medio unha vela redonda e unha áurica.
-
aparello de fragata
Aparello cunha arboradura que, ademais do bauprés, consta de tres ou máis árbores de tres pezas, cruzadas e con gabias, onde ademais o pau macho da árbore do medio leva sempre unha botavara e un pico para izar a áurica. Non poden levar nunca ningunha vela escandalosa.
-
...
-
aparello de bombarda
-
-
-
Manera de aparecer, aspecto exterior que pode ser real ou non.
-
Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo sobre o carácter dunha persoa, un acto, etc.
-
Aspecto que presenta unha cousa a diferencia, mesmo en oposición, do seu ser verdadeiro.
-
Presentar o aspecto de certa cousa ou de certa persoa.
-
-
-
Manera de aparecer, aspecto exterior que pode ser real ou non.
-
Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo sobre o carácter dunha persoa, un acto, etc.
-
Aspecto que presenta unha cousa a diferencia, mesmo en oposición, do seu ser verdadeiro.
-
-
-
Mostrar unha calidade, un sentimento ou unha situación que na realidade non se posúen.
-
Presentar o aspecto de certa cousa ou de certa persoa.
-
-
-
Como se presenta á vista.
-
Que parece ou ten a aparencia de algo que non é realmente.
-
Medida do ángulo que forman as dúas visuais dirixidas aos extremos do diámetro dun astro.
-
Hipótese totalmente ficticia que considera, con finalidades didácticas, que o Sol e todos os astros xiran arredor da Terra.
-
Movemento dos astros segundo a hipótese aparente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposibilidade de realizar o acto sexual. Aplícase especialmente á muller que a padece a causa de malformacións conxénitas ou adquiridas dos seus órganos xenitais externos (atresia ou estenose vaxinal, etc).
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. No ano 1948 fundou o grupo experimental Reflex e participou na creación do grupo internacional COBRA. En 1954 recibiu o Gran Premio da UNESCO e no 1960 o Guggenheim. Creou interesantes decoracións no edificio da UNESCO en París e na Feira de Bruxelas. En 1991 a Fundación Joan Miró de Barcelona dedicoulle unha exposición antolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO