"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Escritor, monxe e político romano. Ao principio do s VI tivo unha importante actividade política; no 533 chegou a prefecto pretorial e influíu poderosamente na reconciliación de Teodorico coa Igrexa romana. Cara ao 550, fundou o mosteiro de Vivarium, preto de Scylacium (Squillace), de liña beneditina, onde se dedicou á transmisión da cultura grega mediante a copia de manuscritos e pergamiños. Ademais, empregaba no ensino algunhas das súas obras e no seu programa de estudios incluía as Sagradas Escrituras e as artes liberais. Como político escribiu Variae (Varias), conxunto de cartas con referencias a decretos e editos imperiais. Dos seus escritos filosófico-teolóxicos destacan De anima (Da alma), Institutiones divinarum et saecularium litterarum (Disposicións sobre as letras divinas e profanas) e Historia ecclesiastica tripartita (Historia eclesiástica tripartita). Tamén escribiu unha recompilación titulada De orthographia (A ortografía),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Bailén e marqués de Portugalete. Loitou contra Inglaterra, principalmente na conquista de Menorca (1782) e no asedio de Xibraltar. En 1802, ascendido a tenente coronel, foi nomeado gobernador do Campo de Xibraltar (1782). Ao iniciarse a guerra contra Napoleón, formou un exército improvisado e derrotou o xeneral Dupont en Bailén (1808), vitoria que lle valeu o título de duque de Bailén en 1883. En 1810 foi presidente da Rexencia e mostrouse contrario ás Cortes de Cádiz. Co restablecemento absolutista de Fernando VII, foi nomeado capitán xeneral de Catalunya (1815). O fusilamento do xeneral liberal Luis Lacy deulle unha grande impopularidade (1817). En 1820 obrigárono a dimitir despois de aclamar a Constitución. Á morte de Fernando VII (1833), mantívose fiel a Isabel II e ocupou cargos políticos importantes, foi membro do Consello de Rexencia, presidente do Consello de Estado, presidente do Congreso e titor de Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciouse e doutorouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático da Escola Universitaria de EXB de Ourense (1987), profesor de historia contemporánea de España na Universidade de Rennes II (1987-1988) e profesor de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores do Colectivo de Historia Xerminal e impulsor en 1983 das Xornadas de Historia de Galicia de Ourense. As súas investigacións xiran ao redor do galeguismo, do movemento obreiro e da emigración. Colaborou en numerosos xornais e revistas, como El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Diario 16, e foi membro do consello de redacción da revista Grial. Participou na edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao (premio de investigación da Universidade de Santiago de Compostela). Entre as súas obras destacan O nacionalismo galego na Segunda República (1982), O galeguismo na encrucillada republicana (1985), Crise...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora dende 1987 en El Correo Gallego (Correo das Culturas) e noutras publicacións como Grial, Boletín Galego de Literatura, Xermolos, Encrucillada e codirixe a revista Casa da Gramática. Realizou as edicións de Alfredo Brañas. Obras selectas (1990), Valentín Lamas Carvajal. Obras selectas (1991) e Antón Avilés de Taramancos (2000), e participou na edición e estudo de Aturuxo (1994), Alba (1995), Gelmírez (1995), Plumas e letras en La Noche (1996) e La Noche (1996). Publicou as traducións Don Don e Dona Dona veñen á escola (1989), Historia da Arte Galega. Renacemento (1991), Historia da Arte Prehistórica e Romana (1993) e Cadernos para a reforma (1989-1991). Coordinou e participou no equipo de redacción do Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político portugués. Foi gobernador xeral de Moçambique (1915-1917), ministro de Xustiza, Finanzas e Guerra, e xefe do goberno (1920-1923). Fundou o Partido Republicano da Reconstitução Nacional en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Licenciado na Universidad Complutense de Madrid, doutorouse en 1972 coa tese Contribución al conocimiento de la taxonomía, ecología, biología del celo y mudas del urogallo en España, que contribuíu á protección legal da especie en 1978. En 1972 comezou a traballar na Estación Biológica de Doñana e tres anos despois foi nomeado director da mesma. Dirixiu a revista científica Doñana Acta Vertebrata. Contribuíu á creación en 1975 da Estación Biológica del Frío, nos Llanos de Venezuela, e en 1982 á da Estación Biológica de El Beni, en Bolivia. Realizou numerosas expedicións zoolóxicas ao Sáhara, a Gabón, a Marrocos e a diversos países de Hispanoamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de roedores da familia dos cávidos ao que pertencen as cobaias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manxar composto por ovas de esturión salpresadas, que se vende envasado. Moi típico de Irán e de Rusia, que constitúen os principais lugares de elaboración, estendeuse por todo o mundo occidental. Existen varios tipos: beluga gris ou negro, de ovas máis grosas e aromáticas, que corresponde aos envases con tapa azul; karaburun, de cor ámbar e sabor a noces; sevruga, de pequeno tamaño, gris escuro, sabor delicado e coa tapa do envase de cor vermella; malossol, con ovas pequenas negras e tapa de cor verde; e oscetra ou asetra, de tamaño medio, de cor entre acastañada e dourada, sabor suave e coa tapa do envase de cor amarela, cunha variedade de calidade excepcional denominada Imperial, que estaba reservada tradicionalmente ao Xa de Persia. O principal lugar de procedencia é o Mar Caspio. O caviar prensado é unha especialidade feita coas ovas rotas das variedades sevruga e oscetra, procesadas con calor,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais que teñen os cornos baleiros, como os bóvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio oco nun corpo sólido.

    2. Espacio oco dun corpo ou dun órgano.

    3. Parte dun acelerador de partículas que comunica enerxía a un feixe de partículas cargadas electricamente, normalmente mediante un xerador de campo eléctrico oscilatorio que se sincroniza coa velocidade das partículas en cuestión.

    4. Cavidade formada no interior da blástula da que derivan, por procesos posteriores de gastrulación e neurulación, os tecidos e os órganos mesodérmicos do organismo adulto. Denomínase tamén blastocele.

    5. Espacio interior dunha cámara pechada, formada por paredes metálicas, no que se crea un campo electromagnético resoante manifestado polo establecemento de ondas estacionarias cunha lonxitude de onda da orde das dimensións lineais da cavidade. Empréganse como circuítos oscilantes de hiperfrecuencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cavidos.

    2. Mamífero da familia dos cávidos.

    3. Familia de roedores que comprende individuos de corpo alongado e de extremidades, en xeral, curtas e delgadas. Non teñen clavículas, a cabeza é grande e posúen un rabo curto, rudimentario, ou carecen del. Son propios do continente americano e teñen costumes gregarios. Pertencen a este grupo os xéneros Cavia (cobaias) e Dolichotis (maras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cavilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen medita as cousas con moita detención, analizando todas as consecuencias antes de tomar unha determinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meditar con insistencia e con detención nalgunha cousa.

    2. Discorrer algo de forma práctica, rápida e eficaz para solucionar un problema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pecho que consiste nun gancho metálico, ás veces fixo e outras movible, que encaixa nunha argola ou nunha peza de madeira, arredor da que xira, para pechar portas ou ventás.

    2. Peza de madeira ou de metal na que se enrolan as cordas de certos instrumentos para tensalas.

    3. Pao de madeira torneada que se coloca no cavilleiro e que serve para amarrar os cabos de manobra.

    4. Barra que se usa para unir as pezas de construción dun barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • caravilleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que medita as cousas moi detidamente antes de actuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos relacionados coa aparición de cavidades no interior dunha masa líquida en movemento, cando a presión acada valores suficientemente baixos. É un fenómeno nocivo que condiciona fortemente o deseño de todo elemento hidráulico e pode aparecer na aspiración das bombas, na evacuación das turbinas, nas hélices mariñas, nas comportas e válvulas, etc. Experimentalmente, obsérvase a interferencia de dous fenómenos: o desprendemento de gases disoltos e a vaporización do líquido, que caracteriza propiamente a cavitación e que se produce cando a presión local se iguala coa tensión de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO