"EAT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Washington, EE UU, situada entre o lago de Washington e a baía de Elliot (563.374 h [2000]). De creación moderna (1852), é, desde o punto de vista comercial e industrial, unha das primeiras cidades da costa do Pacífico. Ten refinarías de petróleo, construcións navais, aeronáuticas, industrias químicas, papeleiras e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Grupo de teatro creado en 1988 e vinculado á Asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Como compañía afeccionada chegou a montar ata sete espectáculos, dos que destacan O rei aborrecido, de X. Pisón; e Ai, Carmela e Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra. As críticas e os premios recibidos, xunto coa propia evolución da compañía, fixeron que se convertese en profesional en 1996. Desde ese momento continuou coas súas representacións, como A secreta obscenidade de cada día, de M. A. de la Parra; Pedro e o capitán, de M. Benedetti; Soños dun sedutor, de W. Allen; Xustiza infinita, de Cándido Pazó; Eu así non xogo, de A. Trillo; e Bicos con lingua. Co tempo produciu e distribuíu os seus espectáculos e creou unha infraestrutura propia. Por outra banda, edita unha colección de textos teatrais e leva adiante a Escola de Teatro do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da congregación feminina de irmás da Inmaculada Concepción da Virxe María, fundada en 1583 por Úrsula Benincasa. Dividíronse en oblatas, de vida activa, e ermitanas, de vida contemplativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos teatinos ou ás teatinas.

    2. Membro da orde dos cregos regulares fundada por san Caetano de Thiene. Foi creada en 1524 na basílica de San Pedro do Vaticano, coa participación de Giovanni Pietro Carafa, futuro Paulo IV, para a santificación dos seus membros e o esplendor do culto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao teatro.

    2. Que é moi esaxerado e pretende chamar a atención.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Edificio destinado á representación de obras literarias, musicais ou outras modalidades, como o mimo ou as sombras. En Grecia, as tres partes principais do teatro eran os chanzos(κοἱλα), reservadas ao público, que envolvían nuns dous terzos a orquestra (ορχἠστρα), circular, reservada ás evolucións do coro. Tanxente a ela levantábase a escena, a parte máis avanzada da que, unha plataforma rectangular denominada λογεῐον ou proscenio, estaba reservada á representación, limitado por un muro (σκηνἠ) con decoración fixa. Os romanos copiaron o modelo grego baseándose nos estudos de Vitrubio. Os chanzos estaban divididos en seccións comunicados por galerías, escaleiras, pasadizos e portas de acceso (vomitoria),e a escena tomou máis grandiosidade (uns 150 m de lonxitude). Durante o s XVI apareceron as primeiras salas destinadas ás representacións teatrais, nas...

      2. teatro de ópera

        Teatro dedicado principal ou exclusivamente a espectáculos de ópera. O primeiro foi o de San Casiano, en Venecia (1637), onde Monteverdi e Cavalli estrearon algunhas das súas obras. No s XVII inaugurouse a Académie de Musique de París (1671) e no s XVIII abríronse algúns dos máis célebres, como o Covent Garden de Londres (1732), o San Carlo de Nápoles (1737) e o Teatro alla Scala de Milán (1778).

    1. Representación pública dunha obra teatral. En Grecia tivo a súa orixe nas festas relixiosas; diversas compañías itinerantes, formadas por un actor e un coro, actuaban nas prazas das cidades. Esquilo introduciu o segundo actor na representación dramática e Sófocles o terceiro. O teatro romano foi en boa medida un herdeiro do grego. En Sicilia xurdiu o teatro de fýlakes, que pasou ao continente e deu lugar ás farsas atelanas; os seu arquetipos cómicos influíron na Commedia dell’Arte do Renacemento. Os ss XVII e XVIII marcaron un progreso da escenografía, sobre todo nos teatros cortesáns; do escenario simultáneo, que obrigaba a dividir a escena en diversos espazos, pasouse ás decoracións presentadas de maneira sucesiva. A finais do s XVIII o director tomou o relevo como creador do espectáculo. En Francia, André Antoine impuxo o naturalismo escenográfico co Théâtre Libre (1897). En Austria Max Reinhardt utilizou plataformas xiratorias e levou o escenario á sala. En Rusia,...

      1. Xénero literario dramático.

      2. Conxunto das obras dramáticas dun autor, dunha época ou dun pobo.

      1. Lugar onde acaece un acontecemento.

      2. teatro de operacións

        Zona xeográfica onde se desenvolve o conxunto dunhas operacións militares. É a máxima xurisdición que pode ter un mando militar en guerra.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada en 1996 en Santiago de Compostela por Gloria Rico, Pablo Rodríguez e Xabier Picallo. Dos seus espectáculos destacan Cachorros sen domesticar (1996) con dirección de Xabier Picallo; Interruptus   (1997), Interruptus II (1998) e Interruptus III (1999), propostas realizadas en coprodución con Pífano Teatro, e Detritus corazón (1998), con dirección de Xabier Picallo. O seu traballo busca dunha síntese entre tendencias estéticas, con especial atención ao kitscht e a presentación de temáticas relacionadas cunha sexualidade desinhibida e libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional creada en 1996 por Pablo Suárez e Larraitz Urruzola. Orientado cara ao público máis novo, dos seus espectáculos destacan Historia do pequeno Muk (1996), A Gaita que facía a todas bailar (1997) e O bosque animado (1998). Tamén desenvolve propostas específicas en campañas de animación á lectura e participa no movemento de recuperación da figura dos contacontos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada na Coruña en 1967 por Manuel Lourenzo. Ligada inicialmente ao Circo de Artesanos da Coruña, realizou diversos espectáculos, cursos e conferencias buscando a dinamización cultural. En 1977, por problemas coa censura, disolveuse e constituíu a Escola Dramática Galega. Das súas representacións destacan Longa noite de pedra (1968), de Celso E. Ferreiro; Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (1973), de G. Feixóo de Araúxo; Zardigot (1974), de E. R. Ruibal; Macbeth (1975), de W. Shakespeare; e Os vellos non deben de namorarse (1977, Premio ao mellor espectáculo da Aula de Teatro de Compostela), de A. Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada por Ramiro Neira, Alejandro Piñeiro e Xoán Carlos Mejuto. En 1998 presentaron o seu primeiro espectáculo, O xardín das pernas roubadas, a partir dun texto de Xoán Carlos Mejuto, responsable igualmente da dirección escénica. En 2000 presentaron unha versión de O Rei Lear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de delegados da CNT celebrada entre os días 10 e 18 de decembro de 1919 no Teatro de la Comedia, de Madrid. Organizou os sindicatos únicos para o ramo da industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional creada en 1985 por Xulio Lago despois da disolución do grupo Teatro da Mari-Gaila. O seu primeiro espectáculo foi Xoana (1985), creado a partir dun texto homónimo de Manuel Lourenzo, con dirección de Xulio Lago, responsable da realización escénica dos espectáculos, e tamén destacan Eu, Gulliver Ferreiro (1988), recital poético con textos de Celso E. Ferreiro e dramaturxia de Xulio Lago; Liberdade Brenana (1989), de Rainer W. Fassbinder; Historia de Neera (1990), a partir dun texto de Roberto Salgueiro, e   galardoado co Premio Compostela para Xulio Lago, á mellor dirección, e Antonio F. Simón, á mellor escenografía; Ocasos (1991), con textos de Manuel Lourenzo e Marguerite Yourcenar, polo que María Barcala acadou o Premio Compostela á mellor interpretación feminina protagonista; Non se chora (1993), de Roberto Cossa; Casa de bonecas (1995), de Henrik Ibsen; A noite das tríbades (1996), a partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1955 ao abeiro da escola de teatro da Casa de Bellas Artes de Cali, Colombia. Dirixido por Enrique Buenaventura, desenvolveu unha das experiencias máis destacadas e significativas do teatro popular e comprometido de Hispanoamérica. A súa influencia e a dos seus métodos de traballo, formación actoral e creación colectiva, deixáronse sentir tanto no continente como en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro fundada en abril de 1991 en Sada. Nese mesmo ano estreou os espectáculos Descubrir a lectura é un espectáculo e Onde están os libros, dirixidos por Pedro Rubín. A estes seguíronlle, entre outros, Trasnos (1995), Pauto do Demo (1997), A esperar por Godot (1999) e O divertimento do Rei (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro Jofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Lugo. Construíuse baixo a iniciativa de Buenaventura Miguel Pla en 1844, seguindo o modelo do Teatro Principal de Santiago de Compostela. Demoleuse en 1892.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada por Eduardo Blanco Amor en Bos Aires en 1957, na que se integraron actores como Fernando Iglesias Tacholas, que representaron as súas pezas no Centro Lucense. Dos seus espectáculos destacan Estadeíña, de M. Lugrís, e O cantar dos cantares, de Blanco Amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en Vigo en 1966. Dos seus espectáculos destacan A raposa e as uvas (1966), de G. Figueiredo, e A puta respetuosa (1968), de J. P. Sartre.

    VER O DETALLE DO TERMO