"NOT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

    1. Relativo ou pertencente aos notodóntidos.

    2. Insecto da familia dos notodóntidos.

    3. Familia de insectos pterigotos, da orde dos lepidópteros, que se caracteriza por unha pilosidade abundante que forma unha crista por riba do tórax, conspicua en repouso, xa que adoitan pregar as ás, poñéndoas en ángulo obtuso. Son macrolepidópteros nocturnos, de cores crípticas e coa espiritrompa atrofiada. Esta familia inclúe dúas subfamilias: os notodontinos, eirugas con cores rechamantes que adoptan posturas intimidantes e que evaxinan tubos defensivos do apéndice anal bífido; e os taumetopeinos, denominados habitualmente procesionarias, eirugas gregarias e urticantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos paralepídidos, que teñen a cabeza e o corpo moi alongados, comprimidos lateralmente e de cor abrancazada. Presentan unha cola caudal de pequeno tamaño e unha aleta adiposa pequena moi próxima a esta. Aliméntanse de peixes de pequeno tamaño e de crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de heterópteros, da familia dos noctonéctidos, de cor amarela escura, coa cabeza relativamente grosa, que presentan un aparato bucal picador moi forte, as patas longas e coas posteriores adaptadas á natación, e con hemélitros que cobren totalmente o abdome. Viven en augas doces e nadan sobre o dorso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notonéctidos.

    2. Insecto da familia dos notonéctidos.

    3. Familia de insectos, da suborde dos heterópteros, que inclúe especies acuáticas que nadan boca arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rexión notopeláxica.

    2. Rexión zooxeográfica comprendida entre os mares australianos e o trópico de Capricornio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama ou parápodo dorsal do segmento dun anélido poliqueto, que xeralmente leva un feixe de sedas capilares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notópteros.

    2. Insecto da orde dos notópteros.

    3. Orde de insectos pterigotos formada por individuos que presentan na cabeza antenas filiformes e aparato bucal mastigador. Son lucífugos e nocturnos, e aliméntanse de detritos. Atópanse nas montañas de América do Norte, Xapón e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de notorio.

    2. Fama, reputación ou influencia de algo ou alguén.

    3. Instrumento notarial que, tramitado a maneira de expediente, ten por finalidade a comprobación e a fixación de feitos evidentes, sobre os que se poden fundamentar e declarar dereitos ou calidades con transcendencia xurídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é publicamente coñecido ou sabido.

    2. Que é evidente e non amosa dúbidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves gruiformes, da familia dos rálidos, que presentan a plumaxe de cor verde oliva co ventre de cor azulada, as patas curtas e o peteiro vermello. Son incapaces de voar. Distribúense por Nova Zelanda e durante anos pensouse que estaban extinguidos ata que se descubriu unha poboación en 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notosauros.

    2. Réptil da suborde dos notosauros.

    3. Suborde de réptiles mariños, da orde dos sauropterixios, que viviron no Triásico en Alemaña. Presentaban o corpo de pequeno ou mediano tamaño, groso, cola curta e patas con forma de remo, pescozo comprimido e cavidades de gran tamaño no cranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos mitófidos, co corpo duns 10 cm, de cor uniformemente negra, que presentan liñas de fotóforos na parte alta do lombo e por debaixo da aleta dorsal, que é longa e triangular. Viven durante o día entre os 500 e os 1.000 m e durante a noite ascenden ata os 50 ou 100 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notostráceos.

    2. Crustáceo da orde dos notostráceos.

    3. Orde de crustáceos, da clase dos branquiópodos, que teñen a parte torácica oculta baixo un escudo dorsal inmóbil e a parte anterior do corpo cun número moi variable de apéndices, entre 35 e 70, e de 25 a 40 segmentos, o que indica que a segmentación aparente é secundaria e cada anel visible inclúe máis dun segmento. Habitan en augas doces e resisten ben a desecación temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nototénidos.

    2. Peixe da familia dos nototénidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos perciformes, que teñen o corpo alongado, cunha boca bastante grosa, da que sae unha bárbula. Aliméntanse de peixes, crustáceos ou moluscos e atópanse nos mares fríos do hemisferio austral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes perciformes, da familia dos nototénidos, que presentan o corpo alongado e comprimido posteriormente e a cabeza bastante deprimida. Viven nos mares antárticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notoungulados.

    2. Mamífero fósil da orde dos notoungulados

    3. Orde de mamíferos fósiles, da subclase dos placentarios, que tiñan a rexión parietal do cranio dilatada, dentición completa e pezuños. Eran herbívoros e habitaban en América do Sur durante o Terciario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de músicos franceses de principios do s XIII, relacionada coa catedral de París. Dos seus membros destacaron Leoninus e Perotinus, importantes representantes da ars antiqua. Crearon un rico repertorio de motetes e condutos latinos a unha ou varias voces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario e capital de Nottinghamshire, Inglaterra, Reino Unido (75 km2; 266.988 h [estim 2001]). Situada na marxe do río Trent, forma unha aglomeración urbana. É un importante centro comercial e núcleo industrial, en que destaca a tradicional industria téxtil e a de produtos farmacéuticos, químicos, mecánicos e automobilísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (2.085 km2; 748.300 h [estim 2000]). A súa capital é Nottingham.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nota ou comentario escrito breve.

    2. Minuta breve para preparar un documento.

    VER O DETALLE DO TERMO