"RAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 377.
-
-
Dispositivo que consiste nunha barra metálica, colocada nun punto elevado dunha construción e conectada á terra mediante un cable de pouca resistencia, destinada a atraer os raios e facilitarlles unha pasaxe directa á terra sen que danen a construción. O pararraios, ideado por Benjamin Franklin en 1752, debe ser instalado a unha altura suficiente, porque os raios tenden a caer sobre os corpos situados nunha posición máis elevada, e ten que estar conectado electricamente con todas as masas metálicas do edificio e estas coa terra, para conseguir que a construción protexida se aproxime a unha gaiola metálica (gaiola de Faraday). A conexión coa terra ten que ter a menor resistencia posible para asegurar unha boa disipación da descarga. Considérase que a zona protexida polo pararraios é un cono, cun eixe e un vértice que son os do pararraios, e o raio do círculo da base ten que ser igual á altura do pararraios para obter unha zona mínima con protección de primeira orde.
-
Aparato que protexe as liñas e instalacións eléctricas tanto das descargas atmosféricas como das sobretensións inducidas como consecuencia de curtocircuítos ou manobras. Xeralmente, emprégase un descargador de sobretensión.
-
-
PRAIAS
Praia do litoral atlántico, situada entre o cabo Estai e Monteferro, na parroquia de Panxón (Nigrán).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Covas (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.149 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Pusmazán (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.196 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que forma parte da serra do Suído, situado na parroquia de Nieva (Avión). O seu cumio acada os 986 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Traballou para a catedral de Santiago de Compostela, onde en 1661 realizou 78 medallóns en madeira para o tabernáculo, e en 1662 os dous froiteiros de pedra da porta dos Perdóns. En 1667 asinou un contrato co cóengo da catedral e comprometeuse a traballar para o templo durante dous anos. Tamén realizou a escultura da fachada de Nosa Señora da Pastoriza na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e cartógrafo turco. Baseándose en diversos mapas aparentemente moi antigos, en 1513 fixo un mapa do Atlántico Sur onde figuraba a costa de América do Sur e da Antártida, e en 1528 realizou un mapa do Atlántico Norte no que aparecen as novas terras de América Central e do Norte. O enigmático da súa obra, é que representa accidentes xeográficos e terras descoñecidos na súa época e difíciles de cartografar. O conxunto dos seus coñecementos cartográficos e de navegación resumiunos en Kitab-ī-Bahriye (Sobre a navegación, 1521).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Opúxose ao psicoloxismo, ao historicismo e ao indutivismo baconiano e, fronte ao criterio empirista de verificación, propuxo o método da falsabilidade, exposto por primeira vez en Locking der Forschung (Lóxica da investigación, 1934). Posteriormente publicou Conjetures and refutations (1963), onde moderou o rigor do criterio de falsabilidade, e Objective Knowledge (1972). No campo das ciencias sociais combateu as teorías sociais de filósofos como Platón, Hegel e Marx, sobre todo en The Open Society and Its Enemies (1945) e The Poverty of Historicism (1957). Tamén escribiu Unended Quest (1976), The Self and Its Brain (1977), en colaboración co biólogo J. C. Eccles, Postscript to the Logic of Scientific Discovery (1982) e A World of Propensities (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Piloño (Vila de Cruces). Dentro dun recinto amurallado, sitúanse unha serie de edificacións arredor dun patio. A casa primitiva presenta planta rectangular e unha galería ao longo da fachada. Fronte a esta, sitúase outra construción rectangular de cachotaría cunha torre no seu extremo. Conta cunha capela e un hórreo que pechan os dous lados do patio. O portalón de entrada ten un arco de medio punto e un escudo no remate.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza formada por Alemaña e o Imperio Austro-húngaro durante a Primeira Guerra Mundial. Recibiu este nome porque estaban rodeadas polo seus adversarios: Rusia polo L e Reino Unido, Francia e Bélxica polo O. Adóitase incluír baixo este nome aos seus aliados, o Imperio Otomán e Bulgaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación litoral ou fluvial de sedimentos libres constituídos por areas, gravas e cantos nunha superficie case chaira e con pouca pendente. Fórmanse como consecuencia da acción da ondada e do fluxo e refluxo das mareas. As orixes máis habituais destes sedimentos son as correntes mariñas e fluviais, os cantís en fase de retroceso, os restos de cunchas mariñas e corais, os transportes eólicos e os vertidos artificiais. Cando están formadas por depósitos costeiros de cantos máis grosos ca a grava fálase de praias de cantos ou pedregosas; cando predominan os materiais sedimentarios máis finos trátase de praias areentas. A súa xénese está en relación con calquera obstáculo, tanto mergullado como emerxido, que free a propagación das ondas e, consecuentemente, diminúa a súa capacidade de transporte e a súa competencia erosiva, para proceder á deposición dos materiais. Unha vez sedimentados, son sometidos a unha acción de desgaste por parte das ondas que lles confiren...
-
CAPITAIS
Capital do estado de Cabo Verde, situada na illa de Santiago (94.757 h [2000]). A súa economía baséase na explotación de produtos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico, situada entre a punta Barrosa e Malpica, na parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada ao L da de Moreira, na parroquia de Morquintián (Muxía).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Piñeira (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 649 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ría de Pontevedra, situada entre o porto de Marín e o cabo Praceres, na parroquia de Lourizán (Pontevedra).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario anual creado por Edicións Xerais de Galicia en 1984 para obras en lingua galega e que constitúe un dos galardóns literarios de referencia en Galicia. Ao primeiro galardoado, Carlos G. Reigosa, autor de Crime en Compostela, seguíronlle outros destacados escritores como Xoán Bernárdez Vilar (1986), Darío X. Cabana (1989), Xosé C. Caneiro (1992), Xosé Miranda (1998) ou Teresa Moure (2005).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en 1994 por Miguel Borines Fernández e Eduardo A. Rodríguez Cunha. Representaron Macbett (1994), de E. Ionesco, Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), espectáculo de marionetas, e Sempre Ubú (1996), de J. Jarry.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.