"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

    1. Facer ruídos molestos, por exemplo ao arrastrar algo ou ao chocar certas cousas.

    2. Facer barullo por mor dunha pelexa ou dunha discusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído molesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Norma fundamental do dereito do traballo en España que recolle os dereitos e deberes dos suxeitos das relacións laborais. É a norma que regulamenta as relacións, de ámbito laboral, que xorden no desenvolvemento do traballo na empresa. Aprobouse o 10 de marzo de 1980 e substituíu a Lei de Relacións Laborais (1976), que, a súa vez, reemprazara a Lei de Contratos de Traballo (1944). Supón o cumprimento do mandato constitucional. O texto vixente da lei atópase no Real Decreto Lexislativo de 24 de marzo de 1995 que sufriu diversas modificacións. Estrutúrase en tres títulos, que tratan de delimitar os contidos fundamentais do dereito laboral, aínda que certos temas, como o dereito de folga e o seu exercicio, a liberdade sindical e o procedemento laboral non se regulan no estatuto ou este non o fai por completo. O primeiro título regulamenta a relación individual de traballo e contén as disposicións xerais das relacións laborais, o contido do contrato de traballo, a modificación, suspensión e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estrabismo.

    2. Que ou quen padece estrabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección da vista en que os eixes visuais non son paralelos na posición primaria da mirada ou en que un ollo non pode seguir ao outro nos seus movementos. Pode ser paralítica, a causa da parálise dun ou máis músculos oculares, e concomitante ou funcional, pola falta de coordinación dos movementos dos dous ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio cuberto con matogueira a través do que se pasaba ás cortes dos animais, á cociña ou a outras dependencias da antiga casa labrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para apreciar e medir o ángulo de estrabismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e historiador grego. Estudiou en Asia Menor, Grecia, Roma e Alexandría. Viaxou por Europa, o N de África e polo Nilo nunha expedición dirixida por Aelio Gallo, prefecto romano de Exipto. Escribiu en grego unha Historia, concibida como continuación da obra de Polibio, da que apenas hai algúns fragmentos, e unha Xeografía en 17 tomos que se conserva case completa. Para a súa obra baseouse nos estudios de Hiparco, Éforo, Polibio, Posidonio e Erastótenes. Sostivo a necesidade dunha base científica para a xeografía, especialmente no referente ás relacións entre o home e o medio físico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento cirúrxico do estrabismo que consiste no desprazamento dun dos músculos do ollo, despois da sección previa do tendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode evaporar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é digno de execración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode explorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí, fillo de Abd al-’Azīz II. Á morte do Rei Fay Palatino; ṣ āl, converteuse no primeiro vicepresidente do consello de ministros e príncipe herdeiro. No ano 1982 sucedeu o seu medio irmán Hālid. Practicou unha política conservadora e prooccidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián e anatomista. Foi profesor de anatomía na facultade de Medicina da Universidade de París (1886) e membro da Académie Française de Medicine. Ideou a sinfisiotomía, unha operación que facilitaba o parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo islámico. Coñecido en Occidente como Alfarabius e Abennasar, estudiou o aristotelismo cristián e tentou demostrar que a filosofía grega era suficiente para proporcionar explicacións válidas para o Islam. Afirmou que a omnisciencia divina non implicaba o determinismo, posto que a implicación dun feito polo correspondente coñecemento non é transferida ao feito mesmo. Comentarista de Aristóteles, identificou a doutrina deste coa de Platón. Foi autor de numerosas monografías sobre lóxica, física, metafísica, ética e política. Entre as súas obras destacan As opinións dos habitantes do Estado perfecto, Sobre o goberno político e Ih’ al-ulūm (Inventario das ciencias). Escribiu, ademais, un libro sobre música, que constituíu a exposición máis importante da teoría musical da Idade Media. Influíu especialmente sobre Avicena, Ibn Bağğa, Averroes e Maimónides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que favorece.

    2. Que está de acordo con algo ou alguén.

    3. Que supón un avance ou mellora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación constituída en 1881. De tendencia bakuninista na súa orixe, dividiuse en dúas correntes: a anarcocolectivista e a anarcocomunista ou comunista libertaria, que se opoñía á creación de sindicatos e propugnaba a formación de grupos de afinidade ideolóxica que se desentendesen da loita laboral para combater incluso violentamente a sociedade burguesa. En 1882 concorreron ao II Congreso da Federación 914 afiliados galegos, pertencentes ás 8 seccións da Federación Local Obreira (FLO) coruñesa, ás 4 seccións viguesas e ás 8 de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: FETE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización campesiña adscrita á UGT. Fundada en abril de 1930, agrupaba diferentes asociacións agrarias de ideoloxía socialista e a labregos e pequenos propietarios agrícolas. Experimentou un espectacular ascenso durante o primeiro bienio republicano, especialmente en Extremadura, La Mancha, Andalucía e València. En Galicia, a finais de 1932, as 61 seccións galegas da FNTT contaban con máis de 5.000 afiliados (algo máis do 15% da afiliación da central sindical) espallados polas catro provincias, sobre todo nas da Coruña e Ourense (o núcleo principal concentrábase no eixe Betanzos-Ferrol). Entre os seus dirixentes galegos cómpre destacar a Lucio Martínez e o deputado betanceiro Ramón Beade. Desencadeou a primeira folga xeral campesiña do país (1-20 de xuño de 1934). Editou El Obrero de la Tierra. Disolta en 1939, foi reconstituída entre 1976 e 1977, vinculada á UGT e ao PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Traba, fillo de Pedro Froilaz de Traba. Foi preceptor do futuro rei leonés Fernando II.

    VER O DETALLE DO TERMO