"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Santa Caterina de Siena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos azuis, solubles en auga, en hidróxido sódico acuoso, en ácido sulfúrico e en cellosolve, pouco solubles en alcohol e nada solubles noutros solventes orgánicos. Emprégase como colorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pos acastañados, solubles en auga, hidróxido sódico, ácido sulfúrico, etanol, acetona e cellosolve e practicamente insolubles nos outros solventes orgánicos. Emprégase para tinxir fibras téxtiles e como colorante biolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide amargo e velenoso que se extrae da especie Berberis vulgaris e doutras plantas. Emprégase en medicina como antipalúdico e carminativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle que separa as costas de Alasca (América) das de Siberia (Asia), comunicando o mar dos Chukchi co mar de Bering. O treito máis estreito está entre o cabo Príncipe de Gales (Alasca) e o cabo de Dežnev (Siberia). O estreito recibe o nome do navegante danés Vitus Bering, que o atravesou no ano 1728.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar anexo ao extremo setentrional do océano Pacífico, que comunica co océano Ártico polo estreito do mesmo nome. Está situado entre Alasca, as penínsulas dos Chukchi e Kamchatka, o arco das Aleutianas e as illas Komandorskije. Abrangue unha superficie de 2.270.000 km2. A profundidade media é de 1.558 m e a máxima de 4.191 m. Descuberto polo ruso Semen Ivanovič Dežnev en 1648, foi explorado polo danés Vitus Bering en 1728 e polo inglés James Cook en 1778.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante danés. Ao servizo de Rusia explorou a costa setentrional de Siberia (1725) e, nunha segunda expedición, atravesou o mar e o estreito (1728) que levan o seu nome. Tamén descubriu (1741) as illas Aleutianas, a illa de Kodiak e a península de Alasca. Naufragou preto da illa de Avača, co tempo chamada illa de Bering.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coñécese tamén co nome de tradición Denali ou, dun xeito máis correcto, tradición paleoártica. Agrupa un conxunto de culturas paleolíticas de Alasca e do norte do Canadá datadas entre os anos 8000 e 5000 a C, que se caracterizan pola presenza de microláminas obtidas a partir de pequenos núcleos en forma de cuña, puntas bifaciais, raspadores e burís. Recoñécense paralelismos desta tradición cultural en Siberia (tradición Dyukhatai), o que permitiu elaborar a hipótese de que esta tradición fose herdeira da que definiron os primeiros poboadores americanos procedentes de Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e actor. Coñecido nos ambientes artísticos como Jambrina, escribiu diversas composicións poéticas, unhas aparecidas na Revista Gallega e outras reseñadas por Uxío Carré Aldao e Antonio Couceiro Freijomil. Non obstante , a súa principal achega á normalización cultural, que se iniciou a principios de século, terá lugar no eido das artes escénicas, pois foi un dos máis importantes animadores da Escuela Regional de Declamación, participando nos espectáculos Filla...! (1903), A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904). En 1905 a Revista Gallega informaba dos problemas internos da compañía e anunciaba a marcha a Madrid de Bernardo, contratado pola Compañía de Borrás, habitual na programación do Teatro Principal da Coruña. Xunto con Eduardo Sánchez Miño, con quen coincidiría na Escuela Regional de Declamación, sería un dos primeiros actores con vocación e proxección profesional en Galicia. Entre a súa produción literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión matemática da lei de conservación da enerxía para fluídos perfectos (é dicir, non viscosos) e incompresibles, tamén coñecida como ecuación de Bernoulli, que circulan en réxime estacionario, formulada por D. Bernoulli en Hydrodynamica (1738). Ao producirse nun fluído unha corrente estacionaria, a suma da presión estática e da presión dinámica mantense constante ao longo dunha liña de corrente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristais amarelos, que se funden entre 250-280°C, pouco solubles en auga. É unha pterina moi difundida, en pequenas concentracións, na natureza. Está presente nos ouriños e na xelea real das abelllas, sobre as que semella ter un efecto de factor de crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Metalúrxico. Estudioso dos xacementos minerais e das técnicas mineiras e metalúrxicas, foi autor de Il modo di fondere, spartire e congiungere metalli (O modo de fundir, separar e mesturar metais) e Pyrotecnia (Pirotecnia). Está considerado, xunto con Georgius Agricola, como precursor da moderna mineraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno de dobre refracción da luz que atravesa unha substancia anisótropa. É unha propiedade característica dalgúns cristais como o cuarzo, o espato de Islandia, a mica, o topacio, etc. Pode producirse artificialmente, en substancias opticamente inactivas, por métodos mecánicos, fotoeléctricos e magnéticos.

    2. fotoelasticidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce birrefrinxencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bixaríns.

    2. Individuo da tribo dos bixaríns, pertencente aos bexás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violoncelista. Foi a Madrid no ano 1768 e entrou ao servizo do infante Luís Borbón. Foi compositor de cámara de Federico Guillerme II de Prusia (1787-1797). A súa extensa produción inclúe catro concertos para violoncelo, un Stabat Mater (1800) e numerosos cuartetos e quintetos para corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral aparecida no ano 1921 en Bos Aires. Contaba coas colaboracións de José Leiras, Alfredo Baltar, Segundo Pampillón e José Domínguez, entre outros. Inclúe novas referidas aos galegos na emigración, á propia Sociedade e artigos varios relacionados con Porriño e o seu contorno. Aínda que se editaba en castelán, recóllense algunhas contribucións en galego, concretamente unha poesía de Celso Emilio Ferreiro (nº206/209-abril 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en xuño de 1961 en Lugo, e cesou posiblemente en 1963. Era unha revista técnica ao tempo que informativa. Publicou traballos sobre gandería, economía, enfermidades de animais e, en xeral, sobre toda clase de actividades agrarias. Contaba con catro seccións “Editorial”, “Sección legislativa”, “Sección informativa” e “Telegramas”. Na editorial afirmaban a intención de difundir novas e información diversa entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual aparecida na Coruña en 1929. Subtitulouse “Órgano de los colegios oficiales de veterinarios de la Coruña, Pontevedra, Orense y Lugo”. Aniceto García Neira foi o director desta publicación que ofrecía información aos profesionais do sector. O boletín era gratuíto para os colexiados e incluía publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO