"Roi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado no val do Alcalans (1.855 h [2001]). Destacan os cultivos de viña, amendoeiras, laranxeiras e hortalizas. As actividades industriais son as derivadas da agricultura, licores e viño, e da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inhibición dunha reacción por acumulación do produto final.
-
PERSOEIRO
Economista e político. Fundou o Partido Regionalista de Cantabria (PRC, 1978), do que é secretario xeral desde 1988. En 1995 foi nomeado presidente da Comunidad Autónoma de Cantabria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Ciencias da Información, impartiu clases de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Traballou na Axencia EFE en Galicia (1979-1985), onde creou as Efeméridades galegas. Desde 1985, na central de EFE en Madrid, foi xefe de sección de Norteamérica e Caribe na redacción internacional. Publicou O gaiteiro de Soutelo (1977), Diego Antonio de Zernadas y Castro, un precursor del galleguismo (1978), Conversas de Xosé Luís Barreiro Rivas con Xosé M. Rivas Troitiño (1983) e Desinformación y terrorismo: análisis de las conversaciones entre el Gobierno y ETA en Argel (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado entre as forzas francesas e as españolas ante a cidade de Rocroi nas Ardenas o 19 de maio de 1643. As tropas españolas integradas polos terzos e comandadas polo militar portugués Francisco de Melo, gobernador de Flandres, asediaron Rocroi a causa do seu interese estratéxico e das poucas tropas de que dispoñía. A derrota representou o fin do espírito da ofensiva española en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica, testemuñado na Península Ibérica desde tempos antigos, que provén do godo *Hrôthrîks, latinizado en Rodericus, composto de *hrôth- ‘fama, sona’ e rîks ‘señor, dominador’. Presenta a variante Rui, do que deriva o apelido Ruiz. Este nome deu lugar ao apelido Rodríguez, que é o máis frecuente en Galicia. Na Idade Media as formas Roi/Rui usábanse como outras formas apocopadas (Fernán ou Pai) cando seguía o apelido. Acompañando a forma Don usábase a forma Rodrigo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (8.299 km2; 1.252.116 h [2000]). A súa capital é Roi Et (35.067 h [2000]).
-
PERSOEIRO
Trobador e clérigo galego. Activo no segundo terzo do s XIII, pertenceu á familia do abade de Valladolid Gomes Garcia, valido de Sancho IV e tamén trobador. Nomeado capelán por Afonso X, asinou o seu testamento o 16 de Nadal de 1273. Aínda que nas súas composicións femininas inseriu o tema da partida do amado cara a Sevilla para servir o rei, non se sabe con certeza da participación do autor na toma da cidade. Precisamente vai ser este o tema central das súas composicións de amigo, onde sinala de forma cronolóxica os diferentes estados de ánimo de antes e despois da separación. O amado, farto do sufrimento pola muller, decidiu partir en “Conhosco-me meu amigo”; pola súa parte, a amada pide á nai reunirse por última vez en “Madre, pois amor ei migo” e “Se vos non pesar ende” ou a nai participa da dor da filla e esta láiase da marcha do amado en “Id’ é meu amigo d’aqui”. Nas cantigas de amor, onde emprega unha coidada retórica e algunhas innovacións estilísticas e temáticas, destacan “De...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de Gomes Mendes e neto de Mem Pires, primeiro señor de Briteiros. A súa familia era propietaria dun pequeno feudo entre Guimarães e Braga. Activo no segundo cuarto do s XIII, en 1226 era vasalo de Pedro Sanchez na corte leonesa de Afonso IX. O Rei Afonso III nomeouno mordomo-mor, aínda que probablemente morreu ao pouco tempo do nomeamento. Participou no Concilio de León e na sinatura da acta de París, en que o futuro Rei Afonso III de Portugal se comprometía a respectar os privilexios do clero portugués. Famoso por protagonizar o rapto (1227) de Elvira Anes de Maia, filla dos condes de Sousa, unha das familias máis poderosas de Portugal e coa que casou, Martin Soarez dedicoulle unha cantiga de escarnio en que sinalaba a mala defensa das mulleres de alta liñaxe. É autor de dúas cantigas de escarnio, unha delas mutilada, “Joham Fernandiz, aqui é chegado”, en que ataca a Johan Fernandez pola súa vida sexual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador de orixe descoñecida. Puido pertencer á liñaxe dos Freire, señores de Andrade, que xa en 1220 tiña membros pertencentes á Orde de Santiago. Segundo a Tavola Colocciana e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúenselle dúas cantigas de amor. Activo entre o primeiro e segundo cuarto do s XIII, nas súas composicións “Oimais non sei eu, mia senhor” e “Pois eu d’atal ventura, mia senhor” trata o motivo da ‘coita’ que o trobador sofre pola falta de interese da amada, á vez que pensa na morte como solución á súa desesperación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, quizais fillo de Martin Perez do Casal e Gracia Fernandez Portugal, mencionados no segundo Livro de Linhagens. Posiblemente foi testemuña en dous documentos localizados en Santarém en 1289 e 1294, e puido participar nas campañas andaluzas. Atribúenselle tres cantigas de amor e tres de amigo; delas, dúas de amor só teñen unha estrofa, polo que deben estar incompletas. Tamén en dúas cantigas de amor, “Que muyto ben fez Deus à mha senhor” e “Ora, senhor, muy [ben] leda ficade” sinala a entrega do corazón do namorado á amada, á que lle pide que corresponda. A terceira cantiga de amor, “Dized’, amigo, se prazer vejades”, reproduce un estraño diálogo entre a amada e o seu namorado, separados por unha longa distancia. En canto ás composicións de amigo, dúas forman unha secuencia, nun ton optimista e de confianza. En “Rogo-te, ay Amor, que queyras migo morar”, a doncela solicítalle ao amor que quede con ela mentres o amigo está en Granada, mentres que en “Muyt’ey, ay...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo no último cuarto do s XIII, nos inicios do reinado de don Denís, pertenceu á familia do arcebispo de Braga Martinho Peres de Oliveira e do bispo de Lamego Martinho Peres de Oliveira. Por outra banda, ao casar con Sancha Anes de Sandin, tiña parentesco tamén co seu irmán e trobador Martin Perez Alvin, e posiblemente sexa o Rui Martinz de Oliveira localizado no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Atribúenselle tres cantigas de amigo e unha de amor; en tres delas, incluíndo a de amor, trata o tópico da morte de amor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego, fillo de Pai Soares de Ribela. Localizado nun documento contractual do 6 de novembro de 1283 en Monfero, na Coruña, en que lega os seus haberes ao abade Johan Perez, hai constancia do seu nome en diversos mosteiros ourensáns, onde existen referencias a cabaleiros e escudeiros relacionados con Ribela. Segundo as indicacións expresadas na súa primeira cantiga de maldicir, poderíase relacionar con Sevilha Enriquez, quen aparece en diversos documentos dos anos 1258, 1280 e 1282 en que recibe doazóns de Afonso X; ademais hai referencias a Fernand’Escalho, un xograr acusado de ser homosexual. Pola súa vinculación a Pero Garcia Burgalês e Pero Garcia de Ambroa poderíase afirmar que frecuentou a corte de Afonso X. Outros afirmarían a súa vinculación á corte de Afonso III. Atribúenselle trece cantigas de amor, en que aparecen numerosos adornos retóricos, xunto a un innovador esquema rítmico e estrófico. Nestas composicións trata os tópicos da coita de amor, a timidez...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo na segunda metade do s XIII, mantivo relación con diferentes autores, como Johan Garcia de Guilhade e Pero Garcia Burgalês. O nome deste pequeno nobre rural apareceu nas Inquirições de 1258 e puido estar ligado a Guiomar Afonso Gata, filla do rico-home Afonso Peres Gato e de Urraca Fernandes, esta última descendente de Egas Moniz. Autor de dezaseis cantigas de amor, catro de amigo e catro de escarnio, nas súas composicións destaca especialmente o ‘morrer de amor’, que manifesta de moi diferentes maneiras e que lle valeu diferentes críticas doutros autores, como Pero Garcia Burgalés, quen alabou ironicamente a súa facilidade para morrer de amor e ‘resucitar ao terceiro día’ en “Roy [Q]ueymado morreu com amor’. Na composición “Preguntou Joan Garcia” nomea a súa amada, co que rompe unha das convencións básicas do xénero, mentres que noutras manifesta os motivos da coita, que mesmo lle impiden durmir, como en “De mia senhor direi-vus que mi-aven”. Con respecto...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fidalgo. Encabezou a Primeira Guerra Irmandiña dos vasalos da zona de Ferrol, Pontedeume e Vilalba contra Nuno Freire de Andrade o Mao. Púxose ao mando de tres mil homes e atacou o castelo de Moeche, onde se refuxiara o señor feudal, pero este xa fuxira a Santiago de Compostela. Posteriormente uníronselles vasalos de Lugo e Mondoñedo e estableceron a súa base de operacións en Pontedeume. Entrevistouse con Lope de Mendoza e Álvaro Núñez de Isorna, mandados polo Rei Xoán II, pero os intentos de pacificación non deron resultado. Dirixiuse entón a Compostela onde os frearon as tropas do arcebispo e retiráronse cara a Pontedeume, onde cercaron o castelo de Andrade. Os condes recibiron o apoio das tropas do arcebispo compostelán e do corrixidor real, e conseguiron vencelos en 1437, nun enfrontamento en que morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e mártir. Martirizado durante a persecución de ‘Abd al-Ra ḥ mān por renunciar á crenza en Mahoma, morreu xunto con outro cristián chamado Salomón. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Mendo entre Betanzos e Mondoi (Oza dos Ríos). Realizada no s XV en cantaría e xisto, restaurouse e atópase no Camiño Real de Curtis a Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rubién.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rubio.